"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
-
Producir polarización.
-
Dar polaridade a un corpo.
-
Atraer algo ou alguén a atención.
-
Facer converxer nunha soa dirección diversas opinións, forzas ou actividades.
-
Sufrir polarización.
-
Converxer nunha soa dirección diversas opinións, forzas ou actividades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da electroquímica que estuda a variación da intensidade de corrente en función do potencial aplicado a un microeléctrodo nunhas condicións nas que a velocidade de electrólise esta determinada pola difusión da especie oxidable ou redutible cara ao mencionado eléctrodo. Nas determinacións polarográficas emprégase unha cela electrolítica que consiste nun eléctrodo de área pequena ou microeléctrodo, do que o máis comunmente empregado é o de gotas de mercurio, que consta dun tubo capilar moi fino a través do que flúe mercurio lentamente. Tamén se emprega un eléctrodo de referencia que permanece inalterado. Cando se lle aplica unha voltaxe variable á cela, o microeléctrodo experimenta un cambio de potencial, é dicir, polarízase. As variacións de intensidade en función da voltaxe represéntanse mediante uns gráficos obtidos cun polarógrafo, nos que a rexión AB se debe á polarización do microeléctrodo como consecuencia da formación dunha dobre capa de ións provenientes do electrólito,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á polarigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para o rexistro automático de curvas de intensidade-voltaxe. Consta dun potenciómetro axustado ao motor que move o papel de rexistro e dun galvanómetro axeitado para medir a intensidade de corrente. Convenientemente axustado a unha cela polarográfica, emprégase moito en análise química.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica da intensidade de corrente en función da voltaxe, realizada cun polarógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de revelado e tipo de cámara fotográfica que permite o revelado da imaxe instantes despois de ser tomada. O seu precedente máis antigo foi a cámara Dubroni (1860) de colodión de prata, pero non foi ata 1947 que se chegou a un só proceso instantáneo, creado por Edwin H. Land e comercializado a partir de novembro de 1948 a través de Polaroid Corporation. Con este procedemento empregábase o soporte papel e as imaxes eran cor sepia. A partir de 1962 e mediante a película polacolor, foi posible tomar fotografías en cor instantáneas, aínda que cunha coloración moi inestable. Co tempo, a nova xeración de películas e a tecnoloxía de vangarda aplicada ás cámaras permitiu mellorar a calidade e fiabilidade das imaxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada en 1986 por Suso de Toro. Próxima ás tendencias renovadoras da narrativa da década de 1980, o autor procurou un cambio en canto a aspectos técnicos e temáticos na narrativa galega, como a introdución de personaxes marxinais, a pluralidade de puntos de vista, a intertextualidade ou o tratamento do sexo, a pornografía, a loucura ou o absurdo. A medio camiño entre a novela e un conxunto de relatos, constitúe unha amalgama de vivencias de persoas que se identifican cun colectivo, principalmente marxinal. Foi galardoada co Premio da Crítica Galicia (1987).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina dicroica que polariza a luz absorbendo totalmente un dos raios (o ordinario ou ben o extraordinario) que se forman cando a luz incide sobre ela. Está constituída por numerosos cristais dicroicos de pequeno tamaño orientados paralelamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema formado polo axuste entre un electrón e o campo de deformacións que produce a rede cristalina dun semicondutor a causa da interacción cos ións ou átomos da rede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pola mañá’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión de xente que se celebraba nas casas, polo xeral nas noites de inverno, para divertirse.
-
-
Relativo ou pertencente ao polbo.
-
Persoa que pesca, vende ou cociña o polbo.
-
Embarcación que se dedica á pesca do polbo preto da costa.
-
-
-
-
Nome común co que se coñecen os moluscos cefalópodos da familia dos octopódidos. Son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos, cazadores e ambulatorios. Son de corpo mol, sen cuncha interna, e están provistos de mandíbulas con forma de peteiro de papagaio, oito brazos con ventosas e ollos complexos, provistos de córnea. A súa envergadura está comprendida xeralmente entre 40 e 60 cm, e só rarísimos exemplares chegan a alcanzar 3 m.
-
polbo cabezudo/de altura/do limpo
cabezón.
-
polbo común [port: polvo; cast: pulpo; ingl: poulp] [Octopus vulgaris, Fam dos octopódidos]
Molusco de ata 100 cm de lonxitude, de corpo globoso de cor entre grisácea e parda verdosa, pel ás veces con verrugas na parte superior do corpo, e provisto de oito tentáculos (brazos ou raxos) rodeando a boca, e con dúas fileiras de ventosas. O terceiro tentáculo está modificado nos machos, co extremo en forma de culler, e utilízao como órgano copulador introducindo os ovos no interior do corpo da femia. A reprodución ten lugar no inverno, para o que se achega á costa, onde permanece ata a primavera. É un invertebrado moi intelixente, cun cerebro moi desenvolvido e capaz de diferenciar figuras xeométricas. Habita nos rochedos e durante o día permanece en fendas e recunchos, e de noite caza e alimentase de moluscos, crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. Distribúese polo Atlántico e o Mediterráneo. En Galicia é moi apreciado en gastronomía e constitúe un dos pratos máis tradicionais da nosa cociña.
-
-
Forma tradicional de preparación do polbo, que consiste en cocer o polbo en grandes caldeiros de cobre. Despois córtase en anacos e bótaselle un pouco de aceite de oliva virxe, sal e pemento picante en po. Nalgunhas zonas acompáñase tamén con cachelos, xeralmente cocidos na mesma auga ca o polbo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza, e música que a acompaña, orixinada en Bohemia arredor de 1830. De compás 2/4 e tempo rápido, fíxose moi popular en Europa e América. B. Smetana e A. Dvořák introducírona na música culta. Unha das súas variantes é a polca paraguaia. En Galicia tivo moita difusión durante o s XX grazas ao labor das bandas de música e dos grupos tradicionais de gaitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo gañado ao mar e máis tarde convertido en terras de cultivo. Para a súa formación hai que construír un dique que poida pechar unha grande extensión costeira, e posteriormente desalinizar o terreo con auga doce e extraela gradualmente. Nos Países Baixos construíronse de forma intensiva.
-
-
Cabalo ou egua novos, que aínda non mudaron os dentes.
-
-
Aparello á maneira dunha gaiola grande de madeira que serve para suxeitar e suspender pola parte dianteira os cabalos, os bois ou calquera outro animal que se vaia ferrar.
-
Aparello constituído por dúas barras lonxitudinais que se xuntan nun extremo e que estan fixadas ao chan para suxeitar as vacas cando o touro as cobre.
-
-
Cabalete de madeira no que se suxeitaba o reo para sometelo a certas torturas. As cordas que ataban os membros do torturado adoitaban estar fixadas a un torno que, ao virar, tensaba as ataduras e producía dislocacións e esgazamentos musculares.
-
Aparato de ximnasia para facer saltos, que consiste nunha peza cuadrangular forrada de coiro ou doutro material, e sostida por catro patas, que se poden graduar a diferentes alturas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Po moi fino, nas espermatófitas, formado na antera e constituído por células esporais de forma redondeada de 5 a 100 ì de diámetro (grans de pole). A célula polínica xermina e constitúe o gametófito masculino. Un gran de pole presenta, ademais da parede propia da célula, unha membrana interna, a intina, constituída principalmente por celulosa, e unha membrana externa, a exina, formada por esporopolenina, unha substancia terpénica moi dura e resistente. A superficie polínica presenta a miúdo relevos varios. A maioría dos grans de pole teñen na exina aberturas, por onde saen os tubos polínicos. A clasificación faise segundo a medida, a forma, os relevos, a disposición e o número de aberturas, a estrutura da exina, etc. A produción de pole por planta oscila entre 20.000 e 400 millóns de grans, e hai diversos modos de dispersión do pole (polinización), que están adaptados á estrutura da exina, que é lisa nas plantas anemógamas, e escabrosa e oleaxinosa nas plantas zoógamas. A ciencia que estuda...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre inglesa, con dereitos á coroa polo casamento (arredor de 1491) de sir Richard Pole (morto en 1505) con lady Margarida, condesa de Salisbury, filla do duque de Clarence e sobriña de Ricardo III e Eduardo III de Inglaterra. Perseguidos polos Tudor, Margarida e os seus fillos, entre eles Reginald Pole, foron exiliados ou executados por orde de Enrique VIII de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre inglesa, documentada desde William de la Pole (morto en 1366), mercador de Ravensrode. Os seus descendentes foron condes (1385) e duques (1448) de Suffolk. Adquiriron os dereitos da dinastía de York para reclamar a coroa inglesa, polo matrimonio de John de la Pole (morto en 1491), segundo duque de Suffolk, con Isabel, irmá e Eduardo IV e de Ricardo III de Inglaterra. Estes dereitos resultaron ser fatais, xa que varios fillos seus foron exiliados ou executados.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e humanista inglés. En contacto con Erasmo, debido á controversia polo matrimonio de Enrique VIII de Inglaterra exiliouse a Italia, onde foi nomeado cardeal (1536). Tamén foi legado pontificio para Inglaterra (1554) e arcebispo de Canterbury (1556). Escribiu In Defense of Ecclesiastical Unity (1536) e outras obras de controversia e humanistas.
VER O DETALLE DO TERMO