"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Alemparte (Lalín). O seu cumio acada os 642 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como o poeta da montaña, comezou a carreira eclesiástica no seminario da súa vila natal, onde destacou, máis ca polos seus estudos de latín e dos autores clásicos, pola súa habilidade para versificar composicións de carácter humorístico e satírico. Abandonou o seminario e fíxose mestre. Durante esta etapa trabou amizade co médico e poeta M. Leiras Pulpeiro, un dos escritores que máis influíu sobre a súa obra inicial, e comezou a colaborar co periódico local El baluarte de Galicia. Rexente da escola do padroado de Fondós, en Foz, entrou en contacto co agrarismo da man de Antón Villar Ponte e colaborou na publicación satírica Guau... Guau!, para a que escribiu varias poesías de temática cívica. Despois de gañar un certame poético con “De Ruada” (1895), publicou Montañesas (1904), o seu primeiro libro, que constitúe un conxunto de composicións líricas de diálogo coa natureza. Trasladado a Calvos de Randín por mor da súa vinculación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Karel Nový.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista checo. Coñecido como Karel Novák, a súa obra clasifícase dentro do ámbito do realismo socialista. Publicou Železný kruh (O círculo de ferro, 1927-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Roma (283-284), fillo do Emperador Marco Aurelio Caro. Foi nomeado césar xunto co seu irmán Marco Aurelio Carino. Converteuse en augusto despois da morte do seu pai. Foi asasinado no Bósforo, cando regresaba dunha campaña contra os persas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne, foi fundador do Museo das Mariñas de Betanzos e director dos grupos Brinco Garelo e Danzas Gremiales de Betanzos. Publicou Betanzos y sus murallas (1966), Desde las nubes de la historia. Cien años de la historia de un monasterio (1967), Las danzas de Betanzos (1979), Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984), Miño: apuntes históricos y guía del municipio (1990) e Guía del Camino Inglés a Santiago (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Lugo en maio de 1987, que se constituíu en fundación en xuño de 1995. Presidida por Jesús Busto Peteiro, entre os seus obxectivos están o de axudar os galegos da emigración, promover a cultura e defender e potenciar a gastronomía de Galicia. Desde a súa creación vén outorgando insignias de ouro e convocando premios, como O Grelo de Ouro, que se concede anualmente, desde 1987, a persoas que destacan polo seu labor en favor de Galicia. Tamén convoca o Premio Literario O Grelo-Amigos de Galicia, o Premio de Poesía Suso Vaamonde, o Premio de Relatos Curtos Daniel Hortas, o Premio de Gastronomía Cociña Tradicional ou o Premio de Repostería Rei das Tartas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame organizado pola Fundación O Grelo-Amigos de Galicia desde 1993 co obxectivo de promocionar a publicación de obras en lingua galega. Resultaron premiados autores como Bibiana Amoedo ou Paulo Martínez Lema (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro. En 1520 entrou ao servizo do Conde de Lemos como arquiveiro e bibliotecario. Permaneceu dúas décadas na vila de Monforte de Lemos, onde desenvolveu unha actividade investigadora moi relevante, que deixou rexistrada nos espazos en branco dun exemplar do Ptolomeo, de Treschel. Alí escribiu, en tres columnas, o que se considera o primeiro vocabulario galego-castelán, con 156 entradas e algúns sinónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estrutura propia do oído externo dos mamíferos, que serve para percibir cunha maior eficacia os sons. Está formada por tecido cartilaxinoso e conxuntivo, a maneira de embude de forma máis ou menos oval e coa superficie interna sucada de pregaduras, orientados de tal maneira que ao rebotar as ondas sonoras contra eles, diríxenas cara ao orificio auditivo externo.

      2. Sentido do oído.

      1. Aquilo que ten forma ou se parece a unha orella.

      2. Doce tradicional de Entroido que se elabora con fariña, ovos, azucre, manteiga, anís e limón e ao que se lle dá forma de orella.

      3. Apéndice lateral dun recipiente, sen perforar, que serve para agarralo.

      4. Cada unha das dúas pezas metálicas ou de madeira en forma de aletas que, a un e outro lado da rella do arado tradicional, serve para anchear o suco e para voltear a herba.

      5. Parte do zapato que serve para axustalo á empeña.

      6. Parte saínte a cada lado do respaldo dunha cadeira ou sofá en que se pode apoiar a cabeza.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de María Xosé Queizán publicada en 1965. Adscrita á Nova Narrativa Galega, está moi próxima ás liñas marcadas polo Nouveau Roman e o obxectalismo. A obra pode considerarse como un gran monólogo interior, fundamentado na técnica narrativa e na propia estrutura do libro. A autora constrúe un relato circular en que predomina a descrición, levada ata límites insospeitados, cunha nula presenza da acción no transcorrer do libro. A obra está dividida en tres capítulos, que se caracterizan polos cambios espaciais e de narrador. Aínda que inserida nos parámetros da Nova Narrativa, discorda dos mesmos pola presenza dun protagonista humano que se caracteriza por unha biografía e por certos trazos psicolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá coa man na orella.

    2. Tirón de orellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. orelludo.

    2. peixe lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, delimitado ao S polo Guadiana, onde se forma o pantano homónimo (3.093 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e no aproveitamento de materiais para a construción. Destaca un palacio do s XIV, restaurado posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Marchou para América en 1528 e en 1541 uniuse á expedición de Francisco Pizarro no Amazonas e este mandouno a colonizar Ecuador, onde fundou Guayaquil. Á volta de Pizarro a Quito, percorreu o curso do Amazonas e as costas de Venezuela. En 1545, intentou unha nova expedición a Nueva Andalucía, pero morreu no intento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo que presenta un carpóforo formado por 2 ou 3 pregaduras dispostas á maneira dunha sela de montar, e outras veces adoptan formas máis irregulares, cerebriformes. É de cor gris escura, case negra, ás veces con tonalidades azuladas, mentres que na cara interior o gris é moito máis claro. O pé, ben diferenciado do carpóforo, é ancho, de cor gris ou parda, oco e cunhas grosas costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mover as orellas un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das dúas pezas metálicas ou de madeira en forma de aletas que, a un e outro lado da rella do arado tradicional, serve para anchear o suco e para voltear a herba.

    2. Cada unha das dúas pezas dunha gorra ou dun casco que cobren ou protexen as orellas.

    3. Peza situada a ambos os lados da cabezada que se emprega para protexer os ollos das cabalarías e impedir que vexan polos lados. OBS: Adoita empregarse en plural.

    4. Orella de porco curada e salgada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tirón de orellas.

    2. parotidite.

    3. Tumor que se localiza nas glándulas linfáticas dos oídos.

    VER O DETALLE DO TERMO