"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pentosa pseudoaldehídica, é dicir, aldosa de 5 carbonos. Existen 4 aldopentosas diferentes, que son a xilosa, a lixosa, a arabinosa e a ribosa.
-
-
Calidade de aleatorio.
-
Propiedade das variables aleatorias de poderen tomar calquera valor dentro dun intervalo, con probabilidades fixadas previamente.
-
-
-
Que depende dun acontecemento incerto ou dunha continxencia.
-
Dise do contrato no que á prestación segura dunha parte correspóndelle unha prestación incerta doutra (renda vitalicia) ou na cal a incerteza afecta a ambas as dúas partes (a aposta).
-
-
Dise dun acontecemento que non se pode asegurar que se producirá ou que se pode producir de diversas maneiras.
-
variable aleatoria Variable que pode recibir diversos valores numéricos que dependen do azar.
-
-
música aleatoria
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica para obter a dirección dunha información a partir da clave por medio dun algarismo que a trata segundo criterios preestablecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos fasiánidos ao que pertencen algunhas perdices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ao conxunto ordenado das 22 consoantes do alfabeto hebreo, que son as únicas letras que se empregan na escrita deste idioma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escrito ou discurso no que se expoñen as razóns nas que se fundamenta unha cousa, especialmente o que fai un avogado perante o tribunal.
-
PERSOEIRO
Segundo a tradición, era fillo dun patricio romano que, no mesmo día do seu casamento, decidiu abandonar a súa noiva, repartir os seus bens entre os pobres e marchar en peregrinación á Terra Santa para vivir mendigando á porta das igrexas. Outra lenda conta que volveu a Roma, logo dunha longa ausencia, e pasou os últimos anos da súa vida baixo unha escaleira de entrada á propia casa paterna, sen ser recoñecido polos seus; polo que recibiría o alcume de o pobre da escaleira. Outro motivo envolto na lenda deste santo é “o milagre da carta” segundo o cal, o Papa Bonifacio I advertido por unha visión, dirixiuse á casa paterna de Aleixo e atopouno morto ao pé da escaleira apretando unha carta cos seus dedos. Ninguén se atreveu a arrincarlla, pero ao lle dar a beizón, o morto abriu os dedos e polo papel coñeceuse a súa identidade. Os familiares, que agardaran sempre a súa volta, quedaron abraiados ao recoñecer o cadáver, tarde de máis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo metropolitano de Moscova. Consagrado por Filoteo, Patriarca de Constantinopla en 1354, ocupou a Sé moscovita. Foi rexente do Estado durante o reinado do Gran Duque Iván II e a minoría de idade do seu fillo Demetrio, sobre os que exerceu unha grande influencia nos conflitos xurdidos coas casas rivais salvagardando sempre a primacia de Moscova. En gran medida foi o artífice da alianza entre a Igrexa e o Estado. Semella que curou dunha cegueira á filla do Kan da Horda de Ouro, polo que adquiriu entre os tártaros un prestixio que aproveitou, en varias misións, para servir aos intereses rusos. Foi canonizado en 1449, cando a Igrexa rusa xa era independente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira etiqueta, da gama dos tintos, elaborada pola adega Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. É un viño lixeiro que se obtén da mestura de distintas variedades de uva autóctona da comarca: Caíño, Sousón, Ferrón e Mencía.
-
PERSOEIRO
Licenciada na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e na de Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Realizou estudios musicais nos Conservatorios de Santiago de Compostela e da Coruña. En 1992 doutorouse coa tese El compositor italiano Buono Chiodi y su magisterio en Santiago de Compostela. Como investigadora destacan os seus traballos centrados na música da catedral compostelá, na transición do Barroco ao Clasicismo; nas relacións musicais hispano-italianas na segunda metade do s XVIII, nos aspectos sociais da historia da música e da historia da música galega. Conferenciante en numerosos congresos nacionais e internacionais, e membro de diversas sociedades e asociacións musicais como a Society International Musicologica. Colabora no The New Grove Ditionary of Music and Musicians e na edición do Dicionario de Música Española e Hispanoamericana. Ten publicado os libros: La capilla de música de la catedral de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acto de alentar ou respirar.
-
Aire que sae dos pulmóns na expiración.
-
Ánimo que posúe a persoa para realizar unha acción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín en galego nado en Santiago e Noia en xullo de 1934, que cesou en xuño de 1935, ao recoller nun só número os boletíns dez, once e doce. Subtitulado “Boletín de Estudos Polítecos”, foi dirixida por Álvaro das Casas, que tamén colaborou con diferentes artigos e co estudo Conceito e sentimento da patria nos Evanxeos. Foi defensor das teses nacionalistas e nel colaboraron Vicente Risco, cunha serie de artigos titulada Nacionalismo galego, Xohán Brañas, Paulino Pedret-Casado, cun ensaio titulado Ensaio para unha teoría do galeguismo, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane, Ramón Vilar Ponte, Aquilino Iglesia Alvariño, que participou con dous ensaios chamados Os camiños dos homes e Os camiños de Deus, e Luís Manteiga, entre outros autores. Publicáronse nel artigos sobre arte galega, teoría literaria, ensaio e sobre o concepto do nacionalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en agosto de 1974 e subtitulado “Voceiro da unión de traballadores do ensino de Galicia”. De tendencia nacionalista, trataba temas relacionados co mundo do traballo, do ensino e dos sindicatos.
-
PERSOEIRO
Pintor castelán. Discípulo de J. Ribeira e J. Madrazo. Cultivou un gusto irónico, reflexo da arte de Goya. Consérvanse obras súas na Academia de San Fernando e no museo de Lázaro Galdiano de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da persoa esperta, áxil de mente, moi activa e con capacidade para realizar cousas heteroxéneas.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Remata os seus estudios na Escola de Arquitectura de Madrid no ano 1932 e a partir de aí inicia unha carreira que o converterá nun dos modernizadores da arquitectura galega da posguerra civil. Gracias ás súas viaxes por Hispanoamérica e Europa, entrará en contacto co racionalismo da Bauhaus ou coas experiencias sudamericanas dos anos corenta e cincuenta. Na súa obra mestúrase a introdución de elementos e proxectos renovadores co eclecticismo da realidade arquitectónica galega. Desenvolve a súa actividade no Ourense dos anos cincuenta e sesenta. Obras como a Granxa de Valverde (Allariz, 1965) ou a emblemática Torre de Ourense, marcaron a construción galega destes anos. Ademais, Álex Reylén compaxinou a súa faceta creativa coa presidencia da Deputación de Ourense, desde onde impulsou a renovación da arquitectura institucional, e do Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial entre os anos 1950 e 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto norteamericano. Teórico e investigador. Levou a cabo o seu labor no Center for Environmental Struture e na Universidade de Berkeley. Propuxo modelos de aplicación universal no campo do deseño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (105-115) que morreu decapitado na persecución do Emperador Adriano. A súa festa celébrase o 3 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran Duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslau II. Salvou as súas terras combatendo contra os suecos (1240) a rentes do río Neva (o que lle vale o alcume Nevski), preto da futura San Petersburgo, e contra os cabaleiros da Orde dos Portaespada, vencendo a ambos, para adoptar unha política de defensa e submisión verbo dos mogois. Considerado salvador da ortodoxia, venérase como santo pola Igrexa Oriental. Cando o Tsar Pedro o Grande funda a cidade de San Petersburgo (1703), conságralle un mosteiro e convérteo en santo nacional e dinástico de Rusia. Recibe culto nos países eslavos; a Catedral de Sofía (Bulgaria) ten a súa advocación.
VER O DETALLE DO TERMO