"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
-
Gardar documentos ou información nun arquivo ou nun arquivador.
-
Destinar un documento a ser gardado nun arquivo por carecer de validez actual ou interese xurídico, ou por caducar e considerar necesaria a súa conservación.
-
Paralizar un proceso xudicial, suspendendo as dilixencias e gardando o expediente no arquivo do xulgado.
-
Conservar algo na memoria.
-
Gravar en soporte magnético, óptico ou magnetoóptico, datos que poden ser facilmente recuperados e usados nunha aplicación informática determinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten ao seu cargo un arquivo ou traballa nel como técnico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arquiveiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia dos arquivos, que contén as normas para a debida conservación dos documentos e para a súa organización de maneira que facilite a consulta administrativa ou histórica. Relaciónanse coa arquivística os estudios especializados de criptografía, diplomática, xenealoxía, heráldica, onomástica, paleografía, papiroloxía e sixilografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á arquivística.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Conxunto da documentación producida e recibida por un organismo público, unha institución relixiosa ou laica, unha empresa, unha familia ou un individuo, como resultado da súa actividade, conservada en previsión dunha utilización xurídica ou histórica. Os arquivos reais máis antigos foron descubertos nas escavacións de Mesopotamia e Asia Menor. Nas cidades gregas e en Exipto os arquivos estaban localizados nos templos, mentres que na Roma Imperial o lugar era o Tabulario, no Capitolio. Os arquivos medievais son relativamente tardíos. Ata moi avanzado o s XI a escaseza documental está motivada polo predominio da actuación oral. No s XII a renovación do dereito romano deu lugar á valoración do escrito, coincidindo co uso do papel, que facilitou a formación de arquivos. A partir da Idade Media a evolución dos arquivos presenta tres etapas principais. Durante a primeira cada administración conservaba a propia documentación como testemuño da orixe dos dereitos (privilexios, sentencias, contratos,...
-
arquivo bibliográfico
Recompilación de noticias bibliográficas sobre temas diversos ou persoas determinadas.
-
arquivo capitular
Conxunto da documentación relativa á administración dunha catedral e ás institucións relacionadas con ela.
-
arquivo comercial
Conxunto da documentación producida por unha empresa de interese económico, xeralmente privada, que por diversas circunstancias pode pasar a ser depositado nun arquivo histórico.
-
arquivo de cine
Institución destinada a recoller e conservar materiais e obras cinematográficas. A creación dos arquivos de cine viuse dificultada pola baixa consideración que tivo o cine durante moito tempo, a neglixencia de moitos profesionais e as complicacións técnicas para a montaxe destes centros, especialmente no referido á conservación das vellas películas de nitrato. A tarefa está condicionada pola necesidade dunha temperatura constante e unha revisión permanente e coidadosa. Necesita, ademais, localización, edificios, laboratorios e técnicos especiais. A maioría dos arquivos, especialmente os de carácter nacional, están asociados e intercambian materiais por medio dunha federación internacional de arquivos do filme (FIAF).
-
arquivo diocesano/episcopal
Conxunto da documentación relativa á administración dunha diócese. En Galicia existen o arquivo diocesano de Santiago de Compostela e o arquivo histórico diocesano de Tui.
-
arquivo fiscal
Depósito central ou rexional da documentación relativa á administración económica dos bens do Estado e as finanzas públicas dende o s XVIII en diante, do que quedaban excluídos, polo xeral, os documentos antigos de orixe eclesiástica recollidos noutros arquivos de carácter histórico.
-
arquivo gremial
Arquivo formado pola documentación das corporacións profesionais.
-
arquivo histórico
Arquivo creado e ordenado coa finalidade de ser utilizado na investigación histórica. Un caso particular son os arquivos históricos provinciais, creados en España desde 1931. No caso de Galicia existen catro, o de Lugo, Ourense, Pontevedra e A Coruña, este último integrado no Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Gardan documentación variada de carácter municipal, protocolos notariais, facenda, xulgados, confrarías relixiosas, centros de sanidade e beneficencia, etc. O Arquivo Histórico Provincial de Lugo está situado na Deputación Provincial, o de Ourense no Pazo Episcopal, mentres que o de Pontevedra ocupa un edificio independente. Outro arquivo galego importante é o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo xurdido como depósito da documentación xerada pola Real Audiencia de Galicia. Exerce como Arquivo Xeral de Galicia e Arquivo Histórico Provincial da Coruña desde 1945, e desde 1989 tamén como Arquivo Histórico da Administración Territorial Autonómica. Os seus antecedentes históricos parten das disposicións de Carlos V, que no ano 1543 ordenou gardar e conservar todos os procesos da Real Audiencia de Galicia, creada en 1480 polos Reis Católicos. No ano 1775, por unha Real Cédula de Carlos III creouse o Arquivo e foille asignado o persoal e o regulamento de funcionamento. Nun principio estivo instalado no Pazo da Real Audiencia (hoxe Capitanía Xeral), trasladado no 1936 ata o Pazo de Xustiza e, en 1956, á actual localización, na Casa da Cultura. Os fondos proceden de institucións públicas do ámbito galego e provincial da Coruña, destacando o fondo da Real Audiencia de Galicia, órgano de xustiza, administración e goberno durante o Antigo Réxime, con documentación desde o século XVI....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo e biblioteca fundados en 1835 que dependen da Deputación provincial da Coruña. Dispón de lectura en sala e préstamo a domicilio, hemeroteca, fonoteca e videoteca. Conta con máis de cen mil títulos, case mil publicacións periódicas e unha importante colección de microfilmes, microfichas, planos, mapas e gráficos. Posúe un manual de 1520 e, entre os fondos especiais, ten as bibliotecas galegas de Blanco Maneiro, Xosé Mosquera Pérez o vello dos contos, Luís Seoane e as bibliotecas de Carlos Martínez Barbeito e de Puga Pequeño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo fundado o 4 de agosto de 1934 baixo a presidencia de Enrique Fernández Villamil Alegre, que ten a función de recoller, organizar e difundir publicamente a documentación provincial de carácter público ou privado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo de carácter histórico e institucional ligado á Universidade de Santiago. As súas instalacións están dotadas de salas de depósito, laboratorio de restauración, microfilme e salas de conferencias e de consulta. O fondo máis importante é o que constitúe a documentación relativa á Universidade, desde a súa fundación en 1495 (documentos dos antigos colexios de Fonseca e San Xerome, expedientes académicos, de limpeza de sangue, etc). Desde 1946 incorporou fondos, relativos á cidade e ao seu contorno: fondos de carácter relixioso con documentos procedentes de mosteiros e conventos, cabido catedralicio, confrarías e outras institucións eclesiásticas, documentación do Hospital Real, protocolos notariais de Santiago e arquivos familiares e persoais, como o fondo Castroviejo Blanco-Cicerón que reúne documentación relativa ao goberno político de Galicia no século XIX. Desde 1994 tamén alberga o Arquivo Municipal de Santiago, con fondos desde o século XVI ata 1940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Llanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Pa-checo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Sa-rabia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arquivística.
-
-
Moldura ou conxunto de molduras esculpidas nas doelas dun arco seguindo a súa curvatura. Usouse de forma profusa nos estilos Románico e Gótico.
-
Cara frontal dun arco con doelas decoradas.
-
Conxunto de arcos inscritos uns nos noutros que forman unha portada abucinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe de investigación, xurdida en 1927 como órgano de difusión do Seminario de Estudos Galegos. Era editada por Lar na Coruña. Desapareceu co sexto tomo, nos anos 1933-1934. Colaboraron, entre outros: Florentino López Cuevillas, Bouza Brey, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Parga Pondal, Xesús Carro, Antonio Fraguas, Carballo Calero e outros autores xa consagrados das letras galegas. Nestes Arquivos aparecen numerosos artigos referidos a historia, heráldica, arqueoloxía, ciencias naturais e zooloxía. A publicación procura mesturar o estudo e a investigación da cultura galega coa promoción deses coñecementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto que designa as categorías complexas que establecen a existencia dos distintos xéneros literarios, produto da unión de elementos formais e temáticos, como cuestionamento da clasificación tradicional dos tres xenéros literarios: lírico, épico e dramático.
-
-
Acción e efecto de arrancar.
-
Punto ou circunstancia onde comeza unha acción.
-
Posta en marcha dun vehículo ou dunha máquina.
-
Axitación violenta do ánimo con perda de control sobre os propios actos.
-
Motor de arranque dun vehículo ou máquina.
-
Idea ou dito enxeñoso e repentino.
-
Decisión ou enerxía para facer algo.
-
Posta en funcionamento dun sistema operativo, coa carga de extensións e paneis de control.
-
-
-
Adiantar na realización dalgún traballo de xeito que se poidan observar os avances feitos.
-
Producir máis froito do esperado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agregar algo ao que xa se tiña reunido, especialmente aumentar a terra de labor ou herdade anexionando outros terreos.