"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical documentada polo franciscano Samuel Eiján que se ocupou dela na súa Historia, publicada a comezos do s XX. Nos arquivos do Museo Diocesano de Ourense hai datos dos inicios desta banda do Ribeiro, da que figura o ano 1840 como punto de arranque, e que aínda hoxe existe. A Ribadavia chegou o artista toscano Veneroni que, despois de actuar na localidade cunha compañía de cómicos, optou por quedar na vila exercendo o ensino da música. Organizou unha sociedade filharmónica, destinada á formación da xuventude, dando facilidades económicas aos fillos das familias menos protexidas. Anos máis tarde, cando xa a organización ía en marcha, o concello de Ribadavia, en sesión celebrada o día 9.6.1850, tomou o acordo de prestar todo o apoio necesario para que ninguén, por falta de medios, se vise privado de ser músico. Nunha segunda sesión celebrada o día 13.10.1850, o concello facilitou o local de ensaio na escola de nenos de Santo Domingo. No 1894, data na que a banda tomou o nome...
-
VER O DETALLE DO TERMO
É a banda municipal galega de máis recente creación. O día 15 de outubro de 1946, ano do pasamento de Manuel de Falla, tomouse o acordo da súa fundación nun pleno do concello coruñés, presidido por Eduardo Ozores Arráiz. Debutou a banda o día 26 de xullo de 1948, baixo a batuta de seu primeiro director, Rodrigo A. de Santiago, quen anos despois dirixiu a Municipal de Madrid. A presentación en público tivo lugar sendo alcalde Alfonso Molina Brandao. A posta en marcha deste prestixioso colectivo foi especialmente promovida por Antonio López Prado, entón concelleiro da Coruña. Nos seus comezos, a banda coruñesa tivo que ser nutrida de músicos procedentes de diversas bandas populares. Non tardou en convocarse un concurso-oposición para que cada unha das prazas chegase a ser cuberta por persoal titulado. Así se explica a súa rápida categoría, xa que todos os seus compoñentes son funcionarios de carreira. No ano 1967 tomou a batuta Roxelio Groba, que adoptou a modalidade do concerto comentado,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
A primeira referencia desta agrupación musical remóntase ao ano 1849 cando un grupo de persoas ligadas á histórica tradición musical de Celanova, marcada inicialmente pola historia musical do propio mosteiro, comezou a traballar en conxunto para crear unha agrupación musical permanente. Así, ao longo de 1849, mantiveron diversos contactos co alcalde, Xosé Benito Reza, que deron como froito a consolidación da banda na primavera de 1850, baixo a dirección de Manuel Chamuchín. Esta primeira etapa definiuse polas súas continuas aparicións e desaparicións provocadas por problemas económicos do concello, unhas veces, e por problemas internos, outras. Chamuchín permaneceu na dirección ata xuño de 1853; a partir de aquí a banda foi dirixida por Xenaro Durán Camilo Burdeos e Hixinio Gil, Ramón Prieto, Manuel Sánchez e Manuel Asensio Armada, respectivamente. En 1865 a agrupación musical contaba con 15 compoñentes aproximadamente. En 1908 reorganizouse da man de Xosé Sánchez e constituíronse os alicerces...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación musical que tivo a súa orixe en 1869, cando o Concello de Lugo confiou a súa reorganización e funcionamento a Xoán Montes Capón, quen lle deu profesionalidade, dignidade artística e técnica. Despois desta reorganización, o debut efectuouse en 1875. Non obstante , debido a problemas salariais co Concello, Montes abandonou a banda e dedicouse de cheo ao seu Orfeón Lucense, máis tarde chamado Orfeón Gallego. Foi substituído por Baldomero Latorre Capón, con quen se acadou o I Premio no Certamen Nacional de Bandas de Gijón. Daquela, a banda sostíñase ao abeiro dun padroado, presidido por Ramón Landriz, a quen o colectivo dedicou unha orla o día 31 de agosto de 1904. Logo chegou Benito Patán, que cedeu a batuta a Martí, pianista do Círculo das Artes, con quen a banda se disolveu debido á expulsión do propio director e do músico Antonio Otero Malacriatura, por parte do alcalde Ánxel López Pérez. Un ano despois o alcalde encargou a reorganización a Ricardo Dorado, pero debido...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada no ano 1984 baixo a iniciativa de Miguel Fernández Pestonit e cun amplo número de compoñentes da antiga Banda de Música de Noia, baixo a dirección de Ramón Rodríguez Caamaño. A continuación tomou a batuta Adonis Ferreiro García, o seu director na actualidade. Conta cun cadro de 40 compoñentes aproximadamente, e acadou o III Premio nun Certame de Bandas realizado na vila de Cangas. Realizou numerosas actuacións dentro de Galicia e no estranxeiro (Bos Aires, Portugal, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
En 1883 creouse na cidade de Ourense unha orquestra da que foi o seu fundador e director Enrique Fernández Fernández, acólito da Catedral de Ourense. No ano 1897 cos compoñentes desta orquestra e outros músicos que proviñan de numerosas bandas populares, formouse a Banda Municipal de Música, dirixida por Enrique Fernández. Posteriormente, fíxose cargo da formación un director coñecido polo pseudónimo de Trepedas e a principios de século Xosé Millán, substituído por Ricardo Courtier. En 1923 o cargo recaeu en Xoán Iglesias Bragado ata 1955, sendo o seu sucesor Javier García Basoco ata 1966. Será Segismundo Fernández Feijóo quen ocupe o cargo ata 1969, cando foi nomeado Julián Pinilla López. De 1977 a 1979 foi novamente director Fernández Feijóo, relevado por Ángel García Basoco. En 1985 volveu Fernández Feijóo á banda e en 1989 foi elixido José Domínguez Seoane; en 1990 Nicanor Domínguez Cid, substituído por José Vicente Simeó Máñez. Na actualidade o seu director é Francisco Pérez...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada no ano 1849 que contou con importantes directores ao longo da súa historia, como foron Francisco Martínez e Juan Mª López, entre outros, que a dirixiron ata 1930. A partir desta data fixéronse cargo Ignacio Rodríguez, Ricardo Fernández, Bernardo del Río Parada, José Gotérriz Rambla e Moisés Davia Soriano. No seu centenario, foi nomeado director de honra o catedrático de Composición Julio Gómez e ata 1967 foi dirixida polo musicólogo Echevarría Bravo, ano en que se fixo cargo da banda Amador José Santos Bartolomé. Dende 1993 a banda conta cunha xerencia, da man de Guillermo Pérez Barredo, que supuxo un grande avance para a dignificación deste colectivo, figurando na programación do Teatro Principal e dotándoa dun instrumental de primeira categoría. A agrupación conta con 39 compoñentes, entre os que se inclúe o profesor titular, Santos Bartolomé, autor de diversas obras para banda. A súa actividade estivo pendente ao longo da súa historia da vida socio-cultural...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical que naceu como banda do Hospicio en 1896, dirixida por músicos militares retirados. Comezou con 22 músicos e permaneceu así ata 1931, data na que acadou a categoría de municipal, co seu primeiro director xa funcionario, Mónico García de la Parra, quen permaneceu no cargo ata a súa xubilación en 1956. Nos anos 40 a municipal viguesa chegou a ter un cadro de persoal de 70 profesores. Xuntamente coa da Coruña e a de Santiago de Compostela, a banda viguesa foi denominada municipal, polo feito de ser sostida con cargo aos orzamentos do concello, tendo todos os seus compoñentes que acceder a ela mediante concurso-oposición, pasando a ter a categoría de funcionarios. A decisión foi iniciativa do alcalde Suárez Llanos Menacho. A partir de xaneiro de 1958 pasou a ser responsabilidade artística de Ildefonso García Rivas, que recibiu a banda con 64 profesores, que dirixiron bandas e destacaron como intérpretes e compositores ou pedagogos musicais, como Tocho, Sendra, Plácido, Ricardo,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en 1870 Guláns (Ponteareas). O seu fundador e primeiro director foi Xosé Carracedo Domínguez. Por tradición familiar o seu fillo Constante e despois o seu neto Xosé, sucedérono como directores, mantendo viva esta formación ata 1947. Da Escola de Música da Unión de Guláns, así como da participación na banda, xurdiron recoñecidos músicos, tanto a nivel instrumentista como directores e compositores. A xeito de exemplo pódese citar a Roxelio Groba Groba, director da banda de 1947 a 1952 e posteriormente director da Banda de Música Municipal da Coruña durante máis de vinte anos. Despois de 1952 a ata 1959, foron igualmente importantes as participacións dos directores Miguel Groba Groba e Indalecio Fernández. A partir de 1959 levaron a súa dirección Antonio Baquero, Francisco Rodríguez, José Fariñas e Rogelio Loureda, para en 1968 facerse cargo da batuta Xosé Carracedo Pousada, con quen a banda foi galardoada no Concurso de Bandas Populares de Ourense (1971). Logo sucedéronse...
-
GALICIA
Praia xunto ao porto de Bueu, presenta as características propias dunha praia portuaria.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 450 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Medio GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Si
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Si
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Plaza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA... -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que se lle deu, ata a época das loitas pola independencia no Río da Prata, ao territorio situado na beira esquerda do río Uruguai; ao N a súa fronteira variou segundo as vicisitudes da conquista portuguesa. Despois de formar parte das Provincias Unidas do Río da Prata como Provincia Oriental e de ser anexionado sucesivamente a Portugal e Brasil co nome de Provincia Cisplatina, constituíu a República Oriental do Uruguai, independente dende 1825.
-
PERSOEIRO
Político e médico que exerceu en Londres e Ghana. No ano 1951 fundou e accedeu á xefatura do Nyasaland African National Congress (NANC, posteriormente Malawi Congress Party) para loitar contra o dominio da minoría branca na Federación de África Central (1953-1963); por estas actividades estivo preso entre 1959 e 1960. De 1961 a 1963 foi primeiro ministro e ministro de Recursos naturais do goberno local de Nyassalandia. No ano 1966, trala independencia, foi o primeiro Presidente electo da República de Malawi (nome que adoptou Nyassalandia nese momento). No ano 1971 autoproclamouse Presidente vitalicio e instaurou un réxime de partido único, personalista e autoritario. No 1993, debido á forte oposición interna e á presión internacional, restableceu o multipartidismo e convocou eleccións democráticas en 1994, nas que foi derrotado por Bakili Muluzi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do extremo oriental do Océno Índico, onde se sitúan as pequenas illas de Sonda, as Molucas e as Célebes, situado ao N do Mar de Timor e ao O do Mar de Arafura.
-
-
Multitude de aves pertencentes á mesma especie que voan xuntas. SIN: bando.
-
Grupo numeroso de peixes da mesma especie que se desprazan xuntos. SIN: banco, bando, cardume, mada, 1manda.
-
Conxunto numeroso de persoas.
-
-
-
Grupo de persoas que se opón a outro nun enfrontamento. SIN: 2bando.
-
Escudo que leva o campo cuberto de bandas alternativamente de cor e metal; o seu número pode ser par ou impar. Tamén se aplica aos xefes, paos, faixas e animais, e ao escudo composto só de bandas, tanto de cor como de metal. Fálase de escudo contrabando cando o escudo ten todas as súas bandas cortadas pola metade e os esmaltes de cada parte distintos e alternados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘camisa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘camisería’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen presenta un aspecto sucio ou descoidado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bandalleira.
-
-
Anaco de tea roto e moi gastado. SIN: aldraxe, fargallo, farrapo, galdrapo.
-
Peza de roupa vella e rota. SIN: farrapo.
-
Quen non coida o seu aspecto externo ou se amosa sucio vestíndose con farrapos. SIN: badanas, baldreo, baldroeiro, baldrogas, bandalleiro, fargallón, farrapeiro, farrapento, pingo, zalapastrán.
-
Que ten poucos folgos. SIN: pastrán.
-