"BOL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de gastrulación na que as células do polo animal que se segmentan quedan incluídas dentro das do polo vexetal por mor do crecemento máis rápido destas. É propio de turbelarios, gasterópodos e dalgúns anélidos e vertebrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de facies petrográfica que se orixina debido á acción do magma nunha rocha metamórfica. Este magma introdúcese nos estratos da rocha e forma pequenos filóns que concordan coa estratificación orixinal.
-
-
Relativo ou pertencente ao erteboliano.
-
Cultura de cazadores-colleiteiros estendida polo N de Europa (5500 a C-3000 a C), que conservaron unha forma de vida depredadora nun contexto neolítico. O nome deriva do xacemento de Ertebölle. Adoptaron o uso da cerámica pero non a agricultura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Escola de canonistas de Boloña
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato constituído por un espectrómetro e un bolómetro, que se emprega para medir a radiación estelar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase os froitos que, ao abrirse de súpeto, expulsan violentamente as sementes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao volcán que se caracteriza por frecuentes erupcións explosivas. Ten unha lava pouco fluída que orixina cotras que, periodicamente, se fragmentan polos gases acumulados debaixo deste. O cono está formado por capas alternas de lava e de materiais piroclásticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FIFA.
-
GALICIA
Político e avogado. Licenciouse en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Coruña. Foi deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1837-1839 e 1840-1841 e presidente da Comisión Provincial de Instrución.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coágulo de fibrina incrustado de sales calcarios, que se atopa ás veces no interior das veas, sobre todo nas varicosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á expresión, xeralmente unha palabra, que ten un aspecto fónico que induce á formulación de imaxes non relacionadas co seu significado.
-
-
Denominación popular que recibe o dedo índice.
-
Que ou quen se inmisce nos asuntos dos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cómic editado en Cangas a partir de 1980 por alumnos do colexio público Castrillón-Coiro. Coordinado por Lauro Xosé Pedreira, contiña ao longo das súas vinte páxinas debuxos e cómics orixinais dos rapaces que colaboraban na revista. Esta edición foi posterior á participación dalgúns dos colaboradores no Concurso de cómics O Facho, celebrado en 1980.
-
-
Deporte de oposición con balón disputado entre dous equipos de 11 xogadores cada un que teñen como obxectivo introducir o balón na meta defendida polo equipo contrario, para o cal se axudan fundamentalmente dos pés, cos que desprazan e guían o balón.
Regulamentación
O terreo de xogo é de forma rectangular, delimitado por liñas denominadas de banda, ao longo, e de gol, ao largo. As súas dimensións son variables. O terreo de xogo divídese en dúas metades iguais. A meta sitúase sobre un segmento da liña de gol delimitado por unha portería. Un dos xogadores do equipo debe actuar como porteiro; a este permíteselle empregar as mans para interceptar o balón en accións defensivas no interior da súa área de portería. Unha área do porteiro e unha área de penalti delimitan espacios nos que o porteiro goza deste privilexio. As infraccións ás regras de xogo sobre o contrario que cometan os xogadores na súa propia área de penalti sanciónanse cun lanzamento desde un punto situado... -
Disciplina deportiva baseada no xogo do rugby. Walter Camp, xogador da Yale University redactou as primeras regras da nova disciplina en 1876. Os equipos compóñense de 11 xogadores sobre o terreo de xogo.
-
Disciplina deportiva émula do fútbol que se disputa nun terreo de xogo de dimensións idénticas a un campo de balonmán, de 40 m de longo por 20 m de largo, normalmente en recintos cubertos. Para adaptarse ás dimensións e características do terreo de xogo tamén se modifican as especificacións do balón, máis pequeno e pesado, e da portería (de 3m de longo por 2 de alto). Tamén difire o calzado dos xogadores, pois ao desenvolverse o xogo sobre unha superficie homoxénea de pavimento artificial, non se precisa o uso de tacos para obter adherencia, como no fútbol. Ten a súa orixe en Uruguay. A gran superficie requerida para o acondicionamento dun terreo de xogo de fútbol non podía ser asumida polos centros escolares, pero, malia todo, o profesor Juan Carlos Ceriani observou que os rapaces xogaban á pelota de xeito similar nos patios dos que dispuñan e mesmo nas rúas e prazas. Ceriani elaborou unha regulamentación baseada noutros deportes: reduciu as dimensións do terreo de xogo e das porterías...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club deportivo fundado en Barcelona o 29.11.1899. Viste camiseta de raias azuis e granate e pantalón azul. O seu equipo de fútbol, campión da Copa de Europa na tempada 1991-1992, posúe ademais 4 títulos da Recopa de Europa, 3 da Copa de Feiras (trofeo que adquiriu en propiedade), 16 campionatos da liga española e 24 da Copa de España. Creado en 1942, o seu equipo de balonmán, campión de Europa en 6 ocasións (1990-1991, 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999 e 1999-2000), gañou tamén 5 títulos da Recopa de Europa, 4 da Supercopa de Europa, 18 da liga española, 13 da Copa de España e 5 da Copa Asobal. O equipo de hóckey a patíns, tamén creado en 1942, proclamouse campión da Copa de Europa en 14 edicións, campión da Recopa de Europa nunha e posúe ademais 10 títulos da Supercopa de Europa, 15 ligas españolas, 13 Copas de España e 2 Copas Intercontinentais. A sección de baloncesto, fundada en 1926, foi campioa do Mundial de Clubs FIBA na tempada 1984-1985; ademais logrou o título da Recopa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista deportiva editada en Vigo a partir de 1978 por Jaime Cros. Subtitulouse “Anuario del fútbol gallego” e incluíu datos sobre a federación rexional, unha relación dos árbitros adscritos ao colexio rexional, calendarios dos encontros, a historia dos clubs que militan nas diversas categorías e as xuntas directivas e xogadores que conforman cada un dos equipos galegos.
-
-
(
-
Que ou quen é afeccionado ao fútbol.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Molécula composta por 60 átomos de carbono, C60, que constitúe unha terceira forma de carbono cristalizado. O seu nome débese á súa forma esférica, con doce pentágonos e vinte hexágonos, como un balón de fútbol. Sintetizouse no laboratorio seguindo as propostas de H. W. Kroto, R. F. Curl e R. E. Smalley. A síntese do futboleno e as moléculas semellantes poden presentar propiedades moi interesantes, entre as que destacan as ópticas e as eléctricas; poden permitir a fabricación de elementos semicondutores, e apúntase a posibilidade de que sexan supercondutores. O futboleno fluorado C60F60 pode ser un bo lubricante.
-
-
Xogo que se practica nunha táboa que representa un campo de fútbol; consiste en accionar, grazas a unhas barras transversais, unhas figuriñas de xogador de maneira que golpeen unha bóla procurando introducila na portería.
-
Aparato co que se practica este xogo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xogador de fútbol.