"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Formouse na Escola da Llotja e en 1875 coa escultura Abel muerto gañou unha bolsa para estudar en Roma, onde adquiriu un gran prestixio como acuarelista e entrou na órbita do marchante Goupil. En 1903 estableceuse en México, chamado por Porfirio Díaz, como inspector xeral de belas artes ata que regresou a Roma. No eido da pintura, destacan as súas composicións anecdóticas. Das súas obras destacan La favorita, La puerta de la cárcel de Granada e Los borrachos y la esclava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo formado en Catoira en 1970, integrado por Xosé V. Ferreirós e Nando Casal (gaitas), Moncho García (tambor) e Serafín V. Lorenzo (bombo). Comezou a desenvolver o seu labor tocando en festas e romarías da bisbarra. Participaron en numerosos concursos de gaitas, e foron galardoados nos máis deles, como Lugo, Ponteareas, Pontevedra, Sarria, etc. No ano 1974 principiaron un importante labor de divulgación da música tradicional de gaitas e realizaron concertos comentados por asociacións culturais de toda Galicia. Dende a súa fundación, seguiu moi de preto o traballo dos vellos gaiteiros cos que compartiron escenario e dos músicos tradicionais, como os Areeiras, os Campaneiros, os Rosales, os Irmáns Garceiras ou Ricardo Portela. No ano 1978 gravaron In Memoriam, disco dedicado aos Gaiteiros de Soutelo. Nese mesmo ano, tres dos seus membros formaron xunto con músicos doutras procedencias ao grupo Milladoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación anormal da temperatura do corpo a causa dun trastorno na súa regulación. O control da temperatura corporal é función dalgúns centros cerebrais que se localizan no hipotálamo; esta misión realízana grazas a un sistema de retroacción negativa que se compón de tres elementos esenciais: primeiro, os receptores que advirten da temperatura a nivel do sistema nervioso central; segundo, os mecanismos capaces de producir efectos vasomotores, de modificar a secreción da suor e o metabolismo; e terceiro, as estruturas integradoras que determinan se a temperatura é demasiado alta ou demasiado baixa, e que activan, en consecuencia, os mecanismos mencionados. A temperatura normal pode variar, segundo os individuos, entre os 35,8°C e os 37,2°C, medida na boca cun termómetro clínico. A determinación rectal ou nun ambiente moi caloroso ou durante un exercicio intenso elévase normalmente de 0,5°C a 1°C. A temperatura corporal acada, doutra banda, o valor máis elevado entre as 18 e as 20 horas do...

    2. febre aftosa

      Enfermidade vírica do gando, fundamentalmente do bovino e do ovino, que se pode transmitir ao home, ben por contacto directo, ben por inxestión do leite destes animais. No home produce trastornos gastrointestinais, febre intensa e aftas na boca.

    3. febre álxida

      Febre que comporta dores difusas, como cefalalxias ou mialxias, ou ben localizadas.

    4. febre amarela/de Siam

      Enfermidade vírica aguda e febril que se transmite pola picadura dos mosquitos da especie Aedes aegypi. É orixinaria de África occidental e endémica en moitos lugares de América tropical e África, aínda que, ás veces, se pode volver epidémica e difundirse noutras rexións. Caracterízase pola dexeneración adiposa do fígado e conxestión das mucosas do estómago e intestinos. Despois dunha incubación de 2 a 15 días, a enfermidade comeza a manifestarse mediante arrepíos, cefalalxia, frío, dor na rexión lumbar, aumento da febre e vómitos de cor vermella ou negra que se deben á presenza de sangue.

    5. febre botonosa

      Febre exantemática do litoral mediterráneo, causada por unha rickettsia que se transmite por medio dun carracho de can. Maniféstase como unha enfermidade aguda febril, con cefalea, mialxias, exantema maculopapular e unha lesión de inoculación que aparece como unha mancha negra. OBS: Tamén se coñece co nome de enfermidade de Olmer.

    6. febre cuartá

      Febre palúdica producida polo Plasmodium malariae, en que os accesos febrís sobreveñen ao cuarto día e se separan por dous días de apirexia.

    7. febre das Montañas Rochosas/purpúrea americana

      Enfermidade infecciosa da rexión das Montañas Rochosas que se caracteriza por unha hipertermia, erupción de manchas vermellas que poden confluír e síntomas mentais. Débese á rickettsia da especie R. rickettsi, que se transmite pola picadura de carrachos.

    8. febre das trincheiras/quintá

      Enfermidade infecciosa febril, que se transmite polos piollos, que foi endémica-epidémica nas frontes de combate de ambas as guerras mundiais. OBS: Tamén recibe o nome de enfermidade de Werner-His.

    9. febre de Haverhill

      Afección epidémica que se observou en 1926 en Haverhill (Massachusetts), caracterizada por febre, ás veces recorrente, poliartrite e eritema papuloso.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo mes do ano que conta con vinte e oito días nos anos comúns e vinte e nove nos bisestos. No calendario romano era o duodécimo e derradeiro mes do ano, que se dedicaba aos ritos purificatorios, denominados februalia e consagrados ao deus Februus, do que derivou o seu nome. Celébrase neste mes a festividade das Candelas, polo que se denomina tamén mes da Candeloria, e San Blas. Ademais é o tempo das xeadas, da poda da viña e da sementeira do liño, pero especialmente é o momento de agardar ao redor do lume da lareira. Na tradición oral recóllense ditos como: “A chuvia de febreiro fai o palleiro. Cando chove por febreiro, todo o ano é temporeiro. Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro. Febreiriño curto, cos seus días vinteoito; se dura máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor para ir con ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ao pegureiro. Febreiro, sete capas e un sombreiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de sinople, un cordeiro de ouro, deitado sobre un terrazo de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección dunha parte do exército paraguaio (febreiro de 1936), dirixida polo coronel Rafael Franco contra o presidente Ayala a causa da desmobilización decretada por este trala guerra do Chaco. Franco formou un goberno que tentou aplicar un plan de reformas, pero un golpe de estado organizado polos militares conservadores púxolle fin (13 de agosto).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Criado en Vigo e fillo de galegos, foi o primeiro olímpico galego, ao competir nas probas de 400 m e 1.500 m libres dos Xogos Olímpicos de Londres 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escribán e notario real. Licenciado en Humanidades, trasladouse a Madrid onde probablemente entrou ao servizo do conde de Campomanes. En 1757, tras abandonar o posto de axente dos Reales Consejos, converteuse en notario real. Foi fundador dunha obra pía encargada de dar dote ás mozas orfas das parroquias de Tardade e Distriz. Das súas obras destacan Librería de escribanos e instrución jurídico teórico-práctica de principiantes (1769-1775) e Tratado de los juicios de inventario y participación de bienes (1781).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e lingüista. Exerceu o seu labor pastoral entre os araucanos en Chile. Publicou unha gramática do araucano (Arte de la lengua general del reino de Chile, 1764). Coa a expulsión dos xesuítas dos dominios da Coroa española (1767), refuxiouse en Italia, onde publicou, en defensa da Compañía de Xesús, Memoria católica (1783).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político ecuatoriano. Candidato da coalición conservadora Frente de Reconstrución Nacional, accedeu á presidencia da República (1984-1988), cargo desde o que mantivo unha política neoliberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Regato da Peneda, en Ribadelouro (Tui). Trátase dunha ponte de orixe medieval que só ten un van. Pertenceu ao antigo camiño de Tui a Porriño. Está ligada á historia de San Telmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1932 coa finalidade de impulsar o deporte e a cultura popular. Tivo como principais animadores a militantes comunistas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e, sobre todo, Pontevedra. Na primavera de 1936 cobrou especial protagonismo coa creación na cidade olívica do Comité Regional Pro-Olimpiada Popular de Barcelona, paralela aos Xogos Olímpicos que se ían celebrar en Alemaña e que se presumían manipulados polo réxime nazi. Trala suspensión da Olimpiada Popular de Barcelona por causa da Guerra Civil, os deportistas galegos e a expedición cultural, na que figuraban os gaiteiros de Soutelo, pasaron a contenda na zona republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 29 de outubro de 1977 en Santiago de Compostela que ten como finalidade a defensa dos intereses dos libreiros, do libro e da cultura de Galicia. Ademais, procura a mellora profesional e material dos seus asociados, promove o libro e a lectura a través de diversas actividades, e representa o sector en todos os foros de decisión e debate. Ao longo da súa historia, presidírona Xesús Couceiro Rivas, Ángel Martínez Ferrer, Xosé M. Alonso Martínez e Xaime C. Corral Prieto. Está formada por sete Agrupacións de Libreiros (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). Publicou os tres primeiros tomos do catálogo das publicacións en galego dende as Cantigas de Santa María ata o ano 1993. Anualmente, edita antoloxías e monografías dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Ademais, encárgase da organización das Feiras do Libro Novo e as do Libro Antigo e de Ocasión que se celebran en Galicia, xunto con xornadas monográficas sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo federativo das sociedades obreiras de Ferrol, fundado en xaneiro de 1919 e no que figuraban tanto sindicatos de carácter socialista como anarcosindicalista ou sen orientación definida. Foi coetáneo coa época de achegamento entre a CNT e a UGT, trala folga xeral de 1918, na que ambas centrais sindicais actuaron conxuntamente. En decembro de 1919 varios delegados de sociedades vinculadas á Federación participaron no Congreso da CNT en Madrid, no que esta organización se amosou contraria á fusión coa UGT, optando por tratar de absorber o sindicato socialista. En Ferrol xurdiron tamén diferencias entre anarcosindicalistas e socialistas, que remataron coa creación do Sindicato Único de Obreros Metalúrgicos en febreiro de 1920, xermolo da CNT ferrolá. No II Congreso da Federación, en abril do mesmo ano, decidiuse por maioría o ingreso na UGT. A maior parte dos seus afiliados pertencían aos diferentes gremios de traballadores da construción naval, sumando un total de 2.063 afiliados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en Madrid en 1900 coa finalidade de coordinar as sociedades de resistencia que se reclamaban do espírito da Federación Regional Española da AIT. Trasladou o seu comité á Coruña logo do seu V Congreso celebrado en 1905. O Comité Federal, designado na Coruña, estaba composto por Juan No, Santiago Serapio, Sabino Alfonsín, Coronel e Ricardo Cotelo, e tentou manter os vínculos mediante un boletín mensual nun ambiente desfavorable ocasionado polas continuas persecucións das autoridades. Abandonado polas diversas seccións afiliadas, o comité deixou de funcionar en 1908 e desapareceu a federación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en novembro de 1871 a partir dos núcleos iniciais da AIT en Galicia que perdurou ata a Guerra Civil. Nos seus comezos contou coa adhesión de catro seccións de oficio (carpinteiros, canteiros, zapateiros e xastres) e máis de 150 afiliados. Realizaron os primeiros paros xerais a prol da xornada de 8 horas en 1890 e 1891 e convocaron unha folga xeral de 1901. En 1910 adheriuse á CNT. Exerceu o liderado cidadá na folga antimonárquica de 1917, e, no comezo dos anos 20, nas loitas dos estibadores. Disolta polas autoridades cara ao 1927, reapareceu en 1930. Durante a Segunda República duplicou os seus efectivos logo da convocatoria, entre outras, da folga da construción de 1933 na que se reivindicaba a xornada laboral de seis horas e o subsidio de enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida entre 1914 e 1915 e baseada na efémera Federación de Marineros del Morrazo. Con forte presenza en Marín e Cangas, tentou integrar as sociedades de mariñeiros, maquinistas e patróns de cabotaxe de toda Galicia. Alentada por militantes socialistas, como o marinense Xosé Hervés e o canteiro residente en Cangas Lorenzo Corbacho, tentou intervir no control das artes depredadoras e na erradicación da dinamita nas faenas pesqueiras. Desapareceu en 1922, logo de ter desenvolvido unha intensa conflitividade mariñeira nas rías de Vigo e Pontevedra a finais da segunda década do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor occitano moderno, seguidor do felibrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Chinchón e marqués de Bobadilla del Monte. Tesoureiro xeral do consello de Aragón, era vicerrei de Perú (1629-1639) cando prohibiu o comercio entre os vicerreinados de Perú e México, feito que acabou provocando unha grave crise económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, duque de Alburquerque. Participou nas guerras contra Francia e nas guerras de Flandres. Capitán xeneral de Catalunya, Flandres e das galeras reais, participou no sitio de Barcelona e venceu os franceses en Cambrils (1650). Vicerrei de Nueva España (1653-1660), durante o seu goberno fundou a vila de Alburquerque e os ingleses apoderáronse de Xamaica. Membro do Consello de Estado, exerceu como vicerrei en Sicilia entre (1667-1670).

    VER O DETALLE DO TERMO