"Fernández" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 538.

  • GALICIA

    Debuxante e caricaturista. Coñecido como Oitabén, traballou como caricaturista para a revista Vagalume (1974-1975). Interesado pola conservación da natureza, creou o Centro de Recuperación de Fauna O Rodicio (Ourense) e fundou a Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas, para a defensa e o estudo dos bosques autóctonos. Recibiu o Premio de Debuxo da cidade de Ourense (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Xeografía e Historia e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos sobre a Galicia agraria na Idade Moderna. Membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, das súas obras destacan Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón (1979), Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo: 1480-1830 (1985), A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 (1992), A facenda real na Galicia do Antigo Réxime: as rendas provinciais (1993), Das casas de morada ao monte comunal (1996), Señoríos y comunidades campesinas: aportaciones a la historia rural de la España moderna (2003) e, con H. Sobrado, El siglo de las luces: cultura y vida cotidiana (2004). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica (1993 e 1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Michel Salgado, xogou no R. C. Celta de Vigo (1992-1996 e 1997-1999), e en 1999 pasou ao Real Madrid C. F., co que gañou 1 Copa Intercontinental (2002), 2 Copas de Europa (1999-2000, 2001-2002), 1 Supercopa de Europa (2002), 2 Ligas (2000-2001, 2002-2003) e 2 Supercopas de España (2001, 2003). Coa selección española gañou o Campionato Europeo Sub-21 (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1973) e, desde 1983, é catedrático de Filoloxía Románica na mesma universidade. Secretario do Instituto da Lingua Galega (ILG) entre 1971 e 1991, desde 1993 ocupa o cargo de director. Desde todos os seus ámbitos de traballo impulsou activamente a expansión e difusión da lingua galega e centrou as súas liñas de investigación nos diversos campos da lingüística galega. Durante a Xunta Preautonómica ocupou a Secretaría da Lingua Galega (1979), cargo desde o que promoveu a implantación do galego no ensino non universitario. Nese mesmo ano foi nomeado secretario da Comisión de Toponimia da consellaría de Educación e Cultura, que elaborou os ditames do Nomenclátor de Galicia (2005), publicación que recolle a toponimia oficial das entidades de poboación de Galicia. Como membro do ILG participou na redacción das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977), punto de partida das Normas ortográficas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Fundou e foi o primeiro presidente de Alianza Liberal. Foi senador (1977-1979) e deputado (1979-1982). Escribiu Qué es la monarquía (1976) e Cuando la transición se hizo posible: el Contubernio de Múnich (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Licenciado en ciencias biolóxicas, foi secretario da comarca da Coruña e secretario confederal de Emprego e Industria e en 2001 foi elixido secretario confederal da Confederación Intersindical Galega (CIG), cargo   para o que foi reelixido en 2005.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, foi vicepresidente da Asociación de Tradutores Galegos e, desde 2000, presidiu a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e foi subdirector xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura. Coordinador e autor de libros de texto, escribiu Gillermo Tell. Lenda suíza (1984) e traduciu, entre outras obras, Os dentes do león (1984), Polgariño (1991), Ética para o meu fillo (1996) ou O colar do rei (1996). Recibiu o Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Muxía? 1902 -?) Produtor cinematográfico. Instalado en Cuba, iniciou o seu labor profesional como distribuidor de cine español en Cuba. Director de Cifesa (1935) en La Habana, en 1937 trasladouse a Berlín para crear Hispano-Film-Produktion, unha empresa constituída por Cifesa e UFA. En colaboración co realizador alemán Johann W. Ther participou na produción de diversas longametraxes. Despois de colaborar nalgunha coprodución italo-española, produciu en España La Dolores (1939) e La gitanilla (1939). Ao seu regreso a La Habana sufriu as acusacións dos medios de comunicación cubanos pola súa relación con réximes fascistas e a expulsión do país (1942). Ao seu retorno a España fundou as produtoras Marta Films e Profilms 21.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi arcipreste da catedral de Santiago de Compostela e provisor e vigairo da arquidiocese; desde 1907 foi bispo de Mondoñedo. Foi senador pola provincia eclesiástica de Santiago (1914-1915, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, escritor e relixioso franciscano. Formado cos mestres Koechlin, Bertelin e Palau, en Tetuán fundou e dirixiu a Coral Polifónica Hispano Arábiga. Das súas composicións destacan Misa de Requiem (Ego Sum), Miserere, Cantares de amanecer e Cantigas Galaicas, con textos de Rosalía de Castro. Publicou Origen de la música marroquí (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xornalista e mestre. Emigrou ao rematar o bacharelato á Arxentina e ao seu regreso traballou como mestre, presidiu (1935) a ATEO e participou na actividade sindical da FETE. En 1931 ingresou no PCE, feito que o levou durante a Guerra Civil Española a fuxir cara a Portugal e Francia. Regresou a España, uniuse ao bando republicano e creou Solidariedade Galega Antifeixista, da que foi secretario xeral. Colaborador de diversas publicacións, como El Eco, El Soviet e Escuela del Trabajo, en 1938 foi director da revista Nueva Galicia. Fundador de Alianza Nazonal Galega, do Padroado da Cultura Galega de México e da revista Loita, participou na creación da Unión do Pobo Galego (1964), do Partido Galego do Proletariado (1976), de Galicia Ceibe e, con D. Gurriarán, A. Souto e C. Velo, da revista Vieiros. Mantivo diversos contactos co grupo Brais Pinto nalgunha das súas visitas a España. Destaca a súa obra póstuma Castelao, a U.P.G e outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e editor de música. Director de Arte Tripharia, foi fundador e presidente das Juventudes Musicales de Vigo, e fundador do grupo Letrinae Música. Publicou o proxecto Escuela Internacional de Música Nuevo Baztan e as obras Borobó (1999) e Tálamo e túmulo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mariño, marqués de Suanzes. Pertenceu ao Corpo de Enxeñeiros da Armada desde 1917. Foi director da Sociedad Española de Construción de Cartagena (1921) e dos estaleiros de construción e da factoría de Ferrol (1927-1934). Foi ministro de Industria e Comercio (1938-1939, 1945-1951) e creou o INI en 1941, do que foi o seu primeiro director durante dúas décadas. Escribiu La Industrialización de España en 1949 (1949). Recibiu o premio de enxeñaría na modalidade de aplicacións técnicas e industriais da Fundación March (1961) e a Medalla de Oro de Madrid (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador de diversos medios de comunicación, foi autor de La llaga (1948), Calle de Echegaray (1950), O acomodador e outras narracións (1969), El agua y el vino (1988), Dios está lejos (1988) e Allariz (1991). En 1965 obtivo o Premio Isaac Fraga pola obra teatral Las monedas de Heliogábalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo e realizador cinematográfico. Estudou dereito en Salamanca e fixo exposicións en Madrid e París. Representante universal da fotografía galega, publicou en Mundo Gráfico, La Nación, Life ou U.S Camera. Correspondente en Xapón (1953) e Galicia (1960), fixo series fotográficas sobre a cultura tradicional e interesouse polo teatro Noh. Como director de fotografía participou en Los Carunchos de Florida (1938), Oro entre barro (1939) ou Malabo (1942). Como director rodou Mariñeiros (1936), documental que non se conserva, e La mujer y el jockey (1939). Publicou 50 fotos de Salamanca (1932), con prólogo de Miguel de Unamuno, Nieve en la Cordillera (1942) e The Life and Death of the Fightin Bull (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cronista de Vigo, colaborou nos principais xornais vigueses e galegos, e escribiu poesía e obras históricas e biográficas. Publicou as odas A la Guerra de la Independencia (1862), A D. Pedro Calderón de la Barca (1881), Al trabajo (1882), Albores. Poesías premiadas e inéditas (1883), e a lenda La corona de fuego (1893); ademais das obras históricas La reconquista de Vigo (1880), El combate del Callao. Descripción del bombardeo y biografía del almirante Méndez Núñez (1884), Biografía del ilustre marino, hijo de Vigo, D. Casto Méndez Núñez (1890), Los héroes de la reconquista de Vigo (1891) e Estudio biográfico-político del Excmo. Señor Don José Elduayen, Marqués del Pazo de la Merced (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Foi un innovador no campo das operacións, da difusión das novas metodoloxías biomédicas e da divulgación médica. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1893-1896 e 1898-1900), militou no Partido Liberal e foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela (1886-1899). Foi membro e presidente (1870-1871) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu La terapéutica que se impone (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Foi docente da Escola Normal de Santiago de Compostela, onde contribuíu tanto á renovación como á galeguización do profesorado mozo que formaba, e foi un dos creadores de Vanguardia Pedagógica. Publicou Problemas que nos plantea la escuela y el niño de Galicia (1935), en que se fai unha análise da situación escolar galega, adiantando orientacións de reforma cara á construción dunha escola galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático. En 1916 trasladouse a Santiago de Compostela onde se licenciou en Dereito (1927). Participou en 1923 na fundación do Seminario de Estudos Galegos do que foi secretario de actas ata 1928. Ingresou co traballo “Algunhas moedas castelás atopadas no Valadouro”. En 1936 converteuse en conselleiro permanente do Seminario en calidade de director da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Durante este tempo realizou investigacións históricas que publicou no Boletín da Real Academia Galega, Nós e Arquivos do Seminario, ademais do “Vocabulario popular galego-castelán” que publicou en Faro de Vigo. En 1929 trasladouse a Berlín onde iniciou estudos de ciencia política e entrou en contacto co marxismo. No curso 1930-1931 converteuse en profesor de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en que incluíu un pequeno curso da historia do dereito galego, e en 1931 trasladouse a Madrid para realizar o doutoramento. Ese mesmo ano participou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de dereito político na Universidad Complutense de Madrid, facultativo do Instituto Bibliográfico Hispánico ou integrante da Dirección General del Libro y Bibliotecas. Como xornalista colaborou en El Compostelano, El Correo Gallego, La Noche, “As nosas páxinas galegas” do ABC e en Mundo Gallego, foi redactor xefe da revista Chan (1963-1985) e redactor da axencia EFE. Colaborou en diversas revistas especializadas como Revista Internacional de Sociología, Revista de Estudios Políticos ou Boletín da Real Academia Galega e tamén en Bibliografía de traduciones españolas de obras sociológicas y sociales publicadas de 1870 a 1915. Escribiu, entre outras obras, La idea de progreso social en Concepción Arenal (1957). Como tradutor recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León en 1966 por Felipe II, de C. Petrie. Foi correspondente da Real...

    VER O DETALLE DO TERMO