"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico irlandés coñecido como George Brent. Comezou traballando no teatro no Bronx. Trasladouse a Hollywood onde se lle considerou un dos galáns máis destacados. Traballou con Bette Davis na Warner. Interpretou, entre outras, as películas: The crash (A explosión, 1932), More than a secretary (Escola de secretarias, 1936), Dark vitory (Amarga vitoria, 1939), The spiral staircase (A escaleira de caracol, 1946) e Born again (Nacido novamente, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e novelista alemán. Caracterizado por un humor expresivo e barroco, publicou a novela Lebenslauf eines dicken Mannes, der Hamlet hiess (Vida dun home gordo chamado Hamlet, 1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán de Bydgoszcz (Polonia).
-
PERSOEIRO
Estadista. Organizou e dirixiu a Transport and General Worker’s Union entre 1936 e 1944. Deputado laborista no 1945, foi temporalmente ministro de Obras Públicas dende abril de 1951 ata as eleccións dese mesmo ano. Sucedeu a Aneurin Bevan en 1960 como segundo xefe do grupo parlamentario laborista (1960). Entre 1960 e 1963 representou a Inglaterra na Asemblea consultiva do Consello de Europa. Rompeu co partido laborista no 1976 e ingresou no partido socialdemócrata no 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Foi campión de España absoluto en 1987. Xogador profesional dende 1988, gañou os seus primeiros torneos no circuíto da ATP en 1991 (Estoril, Montecarlo, etc). Especialmente hábil no xogo sobre pistas de terra batida, o seu esplendor viviuno entre 1993 e 1994, anos nos que se proclamou de xeito consecutivo campión do torneo de Roland Garros (campionato internacional de Francia, un dos catro que integran o Grand Slam), considerado o máis importante dos que se disputan sobre ese tipo de superficie. Integrante do equipo español, nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 acadou a medalla de prata na categoría individual masculina. A súa mellor posición na clasificación mundial obtívoa en 1994, cando ocupou o 3º posto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta ucraíno especializado no salto con pértega. Vencedor na súa disciplina nos primeiros Campionatos do Mundo de Atletismo (Helsinqui 1983), revalidou o seu título en todas as edicións sucesivas: Roma 1987, Toquio 1991, Gotteborg 1995, Atenas 1997 e Sevilla 1999. Ausente dos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984 debido ao boicot soviético, e dos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996 por lesión, o seu dominio na especialidade só se puido plasmar nunha medalla de ouro olímpica (Seúl 1988). Primeiro atleta en superar os 6 m, bateu en 35 ocasións a plusmarca mundial: 17 veces ao aire libre (deixou o seu rexistro en 6,14 m en 1994) e 18 en pista cuberta (6,15 m en 1993). A persistencia da lesión no tendón de Aquiles, do que se operou en tres ocasións entre 1997 e 2000, obrigouno a retirarse despois dos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, nos que non conseguiu clasificarse para a final. Entre outras distincións, recibiu o Premio Príncipe de Asturias e o premio ao mellor atleta do mundo do xornal deportivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista escocés. Educado nas universidades de París e de Saint-Andrews, foi profesor entre 1528 e 1552 en París, Bordeos e Coimbra. Polas súas sátiras relixiosas foi obxecto de persecucións. En Escocia exerceu cargos académicos, públicos e palatinos e foi preceptor do futuro Xaime VI de Escocia e I de Inglaterra dende 1570. Foi partidario do calvinismo e un duro adversario de María Estuardo, axudando a preparar a acusación que se leu no seu proceso, a Detectio Mariae reginae (Acusación contra a Raíña María, 1571). Así mesmo, foi autor dun tratado teórico sobre a soberanía popular e contra o absolutismo, escrito para o seu discípulo Xaime VI e titulado De jure regni apud Scotos (Sobre o dereiro real ante os escotos,1579). Autor de obras satíricas, históricas e didácticas, foi tamén un notable poeta en latín, traduciu Medea e Alcestis de Eurípides e escribiu dúas traxedias bíblicas Jephthes e Baptistes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo alemán. Estudiou medicina e ciencias naturais en Estrasburgo e Giessen, e foi profesor na Universidade de Zúric. No terreo político escribiu o panfleto Der Hesische Landbote (O mensaxeiro de Hesse, 1834), considerado o manifesto socialista máis importante anterior ao de Marx e Engels. É autor, ademais, de tres textos que destacan pola súa novidade e por apuntar, de forma explícita, futuras direccións da dramaturxia europea, particularmente o expresionismo alemán e o Teatro da Crueldade de Antonin Artaud. Considerado como precedente dalgunhas das tendencias do teatro contemporáneo, a súa obra foi recuperada polo director alemán Max Reinhardt. Entre as súas obras cómpre citar o drama Dantons Tod (A morte de Danton, 1835), peza estruturada arredor da figura deste revolucionario francés enfrontado a Robespierre, que analiza as consecuencias da Revolución Francesa; a comedia Leonce und Lena (Leoncio e Lena, 1836), que censura o conservadurismo burgués, e...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tromboanxiíte obliterante.
-
PERSOEIRO
Escritor e político. É coñecido principalmente pola súa novela The last days of Pompeii (Os derradeiros días de Pompeia, 1834).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Burgos ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Burgos.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima de Bulgaria, na beira do mar Negro (199.470 h [1996]). É un núcleo industrial con refinerías de petróleo e petroquímicas e o segundo porto de Bulgaria, cun importante volume de pesca. As súas principais exportacións son os cereais, queixos e arxila de olería.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Okr ǎ g de Bulgaria (14.724 km2; 448.689 h [estim 1996]). A súa capital é Burgas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de mananciais de augas termais da cidade de Ourense. Distínguese entre as Burgas Vellas e as Burgas Novas. As augas son sulfatadas e a súa temperatura de surxencia acada os 70°C. Aplícanse con fins terapéuticos, especialmente no tratamento de afeccións dermatolóxicas e reumáticas. Estes mananciais serían a orixe do asentamento que deu lugar á cidade, en época romana. A partir do s XVII, diversas obras foron configurando o aspecto que presentan na actualidade (as Burgas Novas).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de Teatro de Cámara creada en Ourense. En 1969 presentou o seu único espectáculo, creado a partir do texto de Castelao, Os vellos non deben de namorarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal en galego subtitulada “Literatura e artes”. O primeiro número saíu en 1894 en Ourense, e o último que se coñece levaba data de marzo de 1895. Santiago Álvarez Novoa foi o fundador e director. No que respecta ás colaboracións, houbo un gran número de sinaturas como Francisco Álvarez de Novoa, Heraclio Pérez Placer, Filomena Dato Muruais, Xoán Barcia Caballero, Fígaro, Manuel Curros Enríquez, Benito Losada ou Farruco de Alongos. Amosou unha temática fundamentalmente cultural. Incluía poesías, relatos e parrafeos do estilo O tío Marcos da Portela. Contaba con dúas seccións denominadas “Potaxe” e “Graxadas”, de información rexional, así como unha “Seución de anuncios” dedicada á publicidade. Cómpre salientar os anuncios falados. Temas habituais das súas páxinas eran as campañas galeguistas, os cadros costumistas, sen esquecer a denuncia da emigración e das miserias da vida do campo. Neste xornal podíase atopar A fé d’os brotes, un conto didáctico de Xesús Rodríguez...
-
-
Castaña cocida ou asada sen casca.
-
Larva da bolboreta antes da metamorfose, que afecta ás verduras en forma de chaga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Austria (3.965 km2, 276.067 h. [1998]). A capital é Eisenstadt (11.647 h [1998]). Constitúe unha área de transición entre os Alpes e a chaira Panónica. Os solos son moi bos (loess, terras negras), principal motivo da alta densidade de poboación e do hábitat rural concentrado. A maioría da poboación é de fala alemá e de relixión católica, pero hai minorías étnicas (croatas, húngaros) e relixiosas (protestantes). O Burgenland, antigamente austríaco, pasou a poder de Hungría no ano 1647, pero ao acabar a Primeira Guerra Mundial unha parte do territorio foi atribuído a Austria. En outubro de 1921 celebrouse un plebiscito que deu como resultado a integración en Hungría da cidade principal, Sopron.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Estivo vinculado ao Sturm und Drang. Revalorizou as baladas con obras como Leonore (1773) ou Der wilde Jäger (O cazador irado, 1778).
VER O DETALLE DO TERMO