"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

    1. Pau que serve para mover a debandoira.

    2. Mango que serve para mover calquera instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao animal que ten o rabo longo.

    2. algaria.

    3. Ave de aproximadamente 17 cm, con dimorfismo sexual, co macho coa plumaxe dorsal leonada e a ventral abrancazada, ás brancas, pardas e negras, cabeza cinsenta, cunha mancha negra en forma de bigote ao lado do peteiro amarelo, e patas negras, mentres que a femia non ten a mancha ao lado do peteiro e a cabeza é parda. Vive en lagoas e pantanos, entre a vexetación alta, alimentándose de insectos e larvas. De distribución irregular en Europa, en Galicia a súa presenza é moi accidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar israelí. En 1940 ingresou na Haganah e en 1948 defendeu Xerusalén durante a primeira Guerra Árabe-israelí. Ocupou altos cargos no exército, do que foi xefe do estado maior (1964-1968). Embaixador en EE UU (1968-1973), foi deputado (1974) polo Mifleget Ha-’Avoda Ha-Yisra’elit (Partido Laborista Israelí), do que foi xefe entre 1974 e 1977 e desde 1992. Foi primeiro ministro (1974-1977 e 1992-1995) e ministro de Defensa (1984-1990). En 1993 firmou un acordo de paz co líder da OLP, Yasser Arafat, mediante o que se lle outorgaba un réxime de autogoberno palestino aos territorios ocupados, tratado que lle valeu a concesión do Premio Nobel da Paz en 1994, compartido con Shimon Peres e Y. Arafat, e o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, con Y. Arafat. Foi asasinado por un ultraortodoxo xudeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rabinos ou ao rabinismo.

    2. Aplícase á escritura de forma semicursiva do alfabeto hebraico derivada da cadrada, usada en libros de importancia menor e en comentarios marxinais de textos principais.

    3. Conxunto de obras da literatura hebrea, escritas en hebreo e en arameo, que recollen as opinións dos rabinos sobre cuestións legais (halakà), ou ben coleccións de ensinanzas ou tradicións atribuídas a rabinos notables (haggadà).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que ensinan os rabinos. A súa orixe débese a un conxunto de actividades intelectuais e relixiosas iniciadas no xudaísmo tras a destrución do Segundo Templo de Xerusalén no ano 70 e que constituíron unha base de organización do xudaísmo. Inicialmente as escolas de Babilonia e Palestina constituíron a súa vangarda (elaboración do Talmud), ata que a supremacía cultural pasou á Península Ibérica (s XI) e Occitania. A partir de 1492 os seus principais focos radicaron en Europa Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partidario do rabinismo.

    2. Estudoso da cultura rabínica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luceiro que desaparece o último pola mañá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cortegada baixo a advocación de san Bieito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido co pseudónimo de Šalom Aleikhem, comezou escribindo en hebreo ata que se pasou ao jiddish e se converteu nun humorista moi coñecido, sobre todo grazas á súa novela A historia do leiteiro Tevje (1914), adaptada como comedia musical ao teatro e ao cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se enfada con facilidade ou que ten mal carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que padece a enfermidade da rabia.

    2. Que está moi enfadado.

    3. Que é moi forte ou grande.

    4. Que provoca unha sensación forte ou desagradable algún alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso situado entre as parroquias de Pedreda e Labio (Lugo). Os seus cumios acadan altitudes comprendidas entre os 500 e os 578 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘cebola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben as aves do xénero Phoenicurus, da familia dos túrdidos, que se caracterizan por ter a cola rubia e presentar dimorfismo sexual.

    2. Ave de 14 cm de lonxitude, na que o macho ten a plumaxe ventral, o peito e cola rubias, o dorso agrisado, e o rostro e a gorxa negros, cunha franxa branca enriba do ollo, mentres que a femia é de cor parda cinsenta no dorso e cinsenta clara no ventre e peito, e coa cola rubia. Vive en zonas de vexetación caducifolia e aliméntase de insectos, larvas, miñocas, arañas e froitos de tipo baga. De distribución paleártica, é estival en Europa, e inverna en África; en Galicia está presente como estival na rexión oriental, pero non preto da costa.

    3. Ave de 14 cm de lonxitude, coa plumaxe negra, o ventre esbrancuxado e cola rubia, no caso do macho, e plumaxe parda cinsenta e cola rubia nas femias. Vive en zonas rochosas e aliméntase de insectos, quilópodos, larvas e arañas. De distribución paleártica, esténdese por toda Europa, nalgunhas zonas como sedentario e noutras como estival, por toda a Península Ibérica e, en Galicia, é sedentario e está presente en toda a rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alga parda de cor moura, de talo cilíndrico non ramificado, de ata 5 m de lonxitude, que vive fixada a substratos por un disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘rabo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortaleza militar e relixiosa situada nas fronteiras dos países islámicos, sobre todo no Magreb. Aínda que orixinariamente foi residencia de monxes guerreiros, adquiriu unha grande importancia durante a dominación almorábide de Al-Andalus (ss XI e XII).

    VER O DETALLE DO TERMO