"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
PERSOEIRO
Escritor portugués. Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Coimbra (1940) e, posteriormente, exerceu a docencia. Cultivou a novela neorrealista (O caminho fica longe, 1943) e o existencialismo marcou a súa obra posterior (Mudança, 1949; A face sangrenta, 1953). Da súa produción destacan ademais Do mundo original (1957), Carta ao futuro (1958), Aparição (Prémio Camilo Castelo Branco 1959), Espaço do invisível (1965), Alegria breve (Prémio da Casa da Imprensa 1965), Invocação ao meu corpo (1969), Para sempre (1983), Até ao fim (Grande Prémio Romance da Associação Portuguesa de Escritores 1987) e Cartas a Sandra (1996). Así mesmo, gañou o Prémio do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Litérarios (1985), o Prémio Fémina (1990), o Prémio Europália (1991) e o Prémio Camões (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Riotorto baixo a advocación de san Xillao.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ave insectívora do xénero Parus -da familia dos páridos- ou do xénero Aegithalos caudatus -da familia dos exitálidos-, grosas e de tamaño pequeno, co peteiro pequeno e fino. A maioría das especies posúen a parte superior da cabeza e o anteface de cor negra. Cando buscan o alimento, constituído principalmente por insectos e arácnidos -aínda que tamén se alimentan de sementes e froitos-, poden pendurarse de xeito acrobático das ramas. Os dous sexos son semellantes e aniñan principalmente nos buracos das árbores. Distintas especies de ferreiriños, estreliñas e gabeadores forman durante o inverno bandos que se desprazan xuntos buscando alimento. Existen unhas 50 especies de ferreiriños. Estas aves tamén reciben a denominación popular de ferreirolo ou ferreiro, nomes que fan referencia ás voces que emiten cun timbre metálico e que lembran os sons do traballo nunha forxa.
-
Ave de 11,5 cm de lonxitude, de alas, cola e parte superior da cabeza de cor azul, meixelas brancas e dorso verde e partes inferiores amarelas. Habita bosques, parques e xardíns. É unha especie presente que habita campos con árbores, xardíns e bosques de toda Europa.
-
Ave de 11 cm de lonxitude, de cabeza, caluga e papo negros, coas partes superiores e as alas cinsento pardentas e cola gris escura. Habita en bosques caducifolios ou mixtos dende o N da Península Ibérica ata Escandinavia. En Galicia está presente, de xeito relito, en bosques de montaña por riba dos 1.000 m de altitude.
-
Ave de 12 cm de lonxitude, de plumaxe pardo cinsenta e cunha curupela negra cos extremos brancos. Aniña principalmente en buracos de árbores coníferas no Paleártico, especialmente nos niños abandonados dos petos.
-
Ave de 11,5 cm de lonxitude, de cabeza negra, coas meixelas e a caluga de cor branca, dorso pardo oliváceo ocre e as partes inferiores claras, agás o babeiro negro. Habita en bosques e xardíns do Paleártico e en Galicia está presente ata os 1.300 m de altitude.
-
Ave de 14 cm de lonxitude, dos que 7,5 cm corresponden á cola, de cabeza branca cunha lista negra e ancha por enriba do ollo, que continúa ata o lombo, tamén negro, e unha cola moi longa de cores negra e branca. Fabrican un niño, con arañeiras, pelo, liques e plumas, ovado e completamente pechado, agás o buraquiño de entrada, sobre árbores ou arbustos. No inverno desprázanse en grupos familiares que dormen xuntos formando un grupo apretado. Habitan nas fragas da maior parte de Europa. En Galicia está presente como subespecie sedentaria Aegithalos caudatus taiti.
-
Ferreiriño de 14,5 cm de lonxitude, de cabeza de cor negra coas meixelas brancas e a caluga e a gorxa negras, unidas por un colar que se estende polo peito e ventre nunha franxa central. As alas presentan plumas primarias e secundarias de cor negra e unha franxa branca. As partes inferiores son de cor amarela. É unha especie propia de campos, fragas e xardíns, sedentaria na maior parte de Europa e que en Galicia é común ata os 800 m de altitude.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de sinople, unha faixa de plata, cargada dun lobo andante de sable. Algúns traen, en campo de goles, catro faixas, de ouro. Outros presentan, en campo de azul, un león de prata, resaltado dunha faixa de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alberto Varela Ferreiro.
-
-
Persoa que traballa o ferro, fabricando ou reparando obxectos feitos con este material. Acostuma arranxar moitas pezas, que antes facía el, como afiar picos ou gobernar arados e fechaduras. Para o seu traballo precisa ferramentas como as tenaces, para coller o ferro; o martelo, para bater; o punzón e o berbequí, para furar, e outras máis correntes como o serrón, a trencha e o cepillo. Na nosa terra este oficio conta cunha longa tradición e mesmo nalgúns sitios podemos encontrar ferreiros especializados en determinadas pezas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coma o ferreiro da maldición, que cando ten ferro non ten carbón. De ferreiro a ferreiro non pasa diñeiro. Na casa do ferreiro, coitelo de pao, na do carpinteiro, sentarse no chan. Na casa do ferreiro, non tentar, e na botica non probar”.
-
ferreiriño.
-
Denominación popular que reciben os peixes da familia dos ráxidos.
-
-
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito e Graduado Social. Foi alcalde do concello do Carballiño. Membro do Consello Nacional do BNG e responsable da Comisión de Emigración, foi elixido deputado por Ourense nas eleccións autonómicas de 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. Foi lector de lingua e literatura españolas na Universidade de Kiel e de Frankcfurt, e colaborou en Grial, Compostellanum e Boletín de Estudios Gallegos. Da súa produción destaca España en Rilke (1966), Rilke e San Agustín (1966), Antología poética de Rainer Maria Rilke (1968), La leyenda de las once mil vírgenes, sus reliquias, culto e iconografía (1991), Arribadas de normandos y cruzados a las costas de la Península Ibérica (1999) e Estudios histórico-legendarios de tema jacobeo en su vinculación con Alemania (1999). Recibiu o Premio Internacional Rainer Maria Rilke (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. Estudiou en Valladolid a imaxinería castelá e gravado en Madrid. Realizou deseños industrias e estudios sobre vidreiras. Participou en numerosas exposicións e nos certames da Federacion Internacional de Medallas. Realizou numerosas esculturas de carácter público, entre as que destacan o monumento a X. Bermúdez de Castro no pazo de Mariñán (1983); Oceanus Atlanticus e Mare Cantabricum, realizadas para o pazo da Deputación da Coruña (1986); os monumentos a Castelao (1986), Pablo Iglesias (1988) e Picasso (1989) na Coruña; o monumento aos Trobadores na illa de San Simón (1998); e o monumento a Camilo Díaz Baliño en Ferrol (1998). A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións do concello e Deputación da Coruña, no Museo Nacional de Escultura de Valladolid, no Parlamento de Galicia, na Fundación Caixa Galicia e Preissler Kunsthalle (Pforzhein). Gañou o Premio Tomás Francisco Prieto da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e o primeiro premio no Concurso...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela (1990). Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, traballa fundamentalmente no campo da lingüística histórica galega e da edición de textos antigos (medievais, medios e decimonónicos) da historia cultural e literaria galega. Coordina o labor científico da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor e dirixe a Revista Galega de Filoloxía da Universidade da Coruña. Ademais de ser autor de numerosos relatorios, artigos e colaboracións en publicacións especializadas, cómpre destacar os seus libros Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia) (1991); As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos (1992); Poesía Galega Completa, de E. Pondal (vol I, Queixumes dos Pinos, 1995; vol II, Poemas Impresos, 2001; vol III, Poemas Manuscritos, 2002), Gramática Histórica...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Pertencente a unha familia de comerciantes acomodada da burguesía rendista agraria, dende rapaz viviu inmerso nun ambiente galeguista, pois seu pai fora un militante activo das Irmandades da Fala e amigo de Lois Porteiro Garea. Na súa mocidade achegouse á política da esquerda comprometida co seu país e tomou contacto cos intelectuais do Grupo Nós e cos poetas da Xeración de 1925, que se reunían no café Roma da cidade de Ourense. Publicou os seus primeiros versos no Heraldo de Galicia e fundou, xunto con Xosé Velo Mosquero, en 1934 a Federación de Mocedades Galeguistas de Celanova e dirixiu o seu voceiro, Guieiro. Outavoz patriótico da F.M.G., dirección que lle custou un proceso ao ano seguinte. Co alzamento militar fascista de 1936 paralizouse a súa actividade política e literaria e foi mobilizado polo exército franquista. Durante a contenda combateu na fronte de Asturias e nun permiso na súa vila natal en 1937, unha muller denunciouno por...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e tallista. Graduouse en artes aplicadas e oficios artísticos na Escola Ramón Falcón de Lugo. Cultivou unha obra figurativa e realista. Da súa produción destacan Busto de Kant, A bomba atómica, Valle Inclán e Figuracións á beira do lume. Participou, entre outras mostras, no Certamen Nacional de Artes Plásticas (1961 e 1962), no III Concurso Exposición Mestre Mateo (1971) e na I Bienal de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Historia Moderna coa tese Función económico social de los instrumentos de crédito popular en el Antiguo Régimen, estudio no que aplicou os métodos da historia cuantitativa serial francesa á historia de Galicia. Profesor de instituto en Vigo, das súas obras destacan Fuentes para el estudo de las formas del “crédito popular” en el Antiguo Régimen: obligaciones-préstamo, ventas de renta y ventas de censos (1977) e Aportación al estudo de la Renta en el Antiguo Régimen (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse no taller de Xosé Gambino co que realizou as esculturas do retablo maior de San Mamede de Carnota (1774), o retablo maior de Sobrado dos Monxes (1770) e o frontón e a estatua de Santiago do pazo de Raxoi (1774). Trala morte do seu mestre (1775), fíxose cargo do obradoiro. En 1804 enfermou e mantívose afastado da escultura ata que en 1810 se trasladou a Hermisende onde fixo dúas imaxes. En 1812 foi xunto co seu xenro Vicente Portela, formado no seu obradoiro, a San Pedro da Torre onde realizou o retablo maior de San Pedro ad vincula (1812-1813). Regresou a Santiago e pouco despois instalouse definitivamente en Hermesinde. As obras realizadas durante o período de formación con Gambino, mostran a asimilación das características rococós do seu mestre. Posteriormente as súas obras fixéronse máis persoais e asumiron as formas clasicistas italianas que coñeceu a través de gravados ou das obras dos artistas italianos que traballan na Península Ibérica. En San Martiño...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escritor galego. Exerceu a docencia e publicou, entre outras obras, Canto de amor e primavera (1988), Lembranzas a ter en conta (1988) e O soño do peregrino. Guía poética do peregrino (1993).
-
GALICIA
Escultor. Realizou, entre outras obras, custodias para as igrexas tudenses e o retablo lateral dedicado a San Vicente na igrexa de San Domingos de Tui (1798).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de cantería. Foi autor, entre outros, dos cruceiros da praza de Forcarei e das igrexas de San Xoán de Cerdedo e San Tomé de Quireza. Traballou nos castelos da Palma e de San Martiño de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Antón Mauro Ferreiro Suárez.
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Estudiou filosofía e teoloxía no seminario de Ourense. Chantre das catedrais de Valladolid e València, fundou a revista Soluciones Católicas. Publicou Tierra Santa. La cuestión de Oriente (1877), La transformación de la Roma pagana estudada en la Roma actual (1882) e Nerón. Escenas del primer siglo del cristianismo (1895).
VER O DETALLE DO TERMO