"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Conxunto de letras empregadas na escritura dunha lingua. É unha palabra composta coas dúas primeiras letras do alfabeto grego, αλ ϕ α (alfa) e βετα (beta). Tamén se utiliza o termo abecedario. É o tipo de escritura máis común no mundo de hoxe e oponse á escritura ideográfica e á silábica. O alfabeto é un sistema de escritura baseado no principio da correspondencia dun signo para cada son ou fonema. O descubrimento do alfabeto correspóndelles principalmente aos fenicios.
      O alfabeto fenicio

      O interese polo alfabeto fenicio radica no feito de ser o único que sobreviviu e que deu orixe a todos os grandes sistemas de escritura (agás o de Extremo Oriente) adoptados logo en calquera parte do mundo. Nunha primeira fase o alfabeto fenicio era consonántico. As figuras desta fase atopáronse en Biblos, e o seu alfabeto denomínase fenicio arcaico. Consta de 22 letras, só consoantes, sen que se indique...

    2. Notación alfabética.

      1. alfabeto fonético Sistematización gráfica convencional por medio da que se intentan transcribir os trazos fonéticos de todo tipo de locucións fónicas. A orixe dos alfabetos fonéticos vén ser simultánea ás primeiras especulacións fonético-ortográficas adecuadas. Realmente a necesidade de alfabetos fonéticos fíxose particularmente evidente cando se constataron tantas discrepancias entre a pronuncia das linguas medievais e os alfabetos de base latina e cirílica -sobre todo en Europa- que a cultura manuscrita impuxera. Axiña se descubriu que cada lingua presenta supostos estruturais propios de tipo fonético e que cumpría buscar as respectivas adecuacións á hora de transcribilos. Isto unido á formación científica diversa de moitos fonetistas, determina a creación dun gran número de alfabetos fonéticos en calquera parte dos países cultos. As relacións entre fonética e lingüística obrigaron a establecer diversos graos de transcrición a partir, sobre todo, da distinción entre transcrición fonolóxica...

      2. alfabeto fonético internacional

    3. alfabeto Morse

    4. alfabeto telegráfico

    5. Dise da persoa que sabe ler e escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo italiano. Despois de viaxar por toda Europa, intentou rematar a traxedia inacabada Cleopatra, que o fixo consciente da súa falta de dominio do idioma italiano. Decidiu dedicarse á lectura dos clásicos renacentistas e escribiu nunha primeira época as dezanove traxedias (1776-1786), que o converteron no máis importante dramaturgo do neoclasicismo italiano e nun profeta da independencia e da unidade peninsulares: Filippo, Polinice, Virginia, Agamennone, Oreste, Rosmunda, Attavia, Timoleone, Merope, Maria Estuarda, La congiura del Pazzi, Don Garzia, Saul, Agide, Sofonisba, Bruto primo, Mirra e Bruto secondo. Nunha segunda época marcada polo escepticismo irónico, escribiu as Satire (1796) e as Commedie así comoescritos poéticos e políticos de carácter ilustrado. Traduciu os clásicos gregos e latinos e conseguiu elaborar un idioma culto, que serviu de fundamento aos escritores italianos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex (871-899). Fillo de Etelwulf e de Osburga. Foi adoptado polo Papa León IV (853), quen se encargou da súa educación. Subiu ao trono á morte do seu irmán Etelred I (871). Loitou contra os dinamarqueses (893) e logrou ser recoñecido polos anglosaxóns; a partir dese momento restableceu a autoridade real e a unidade inglesa. Reformou a administración e o exército, redactou un código de leis, fundou unha escola palatina, e fomentou a cultura facendo traducir ao saxón as obras latinas máis importantes. A súa festa celébrase o 28 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na bisbarra da Hoya de Granada (16.914 h [1996]). Ten agricultura mediterránea. Industria de licores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial con sede en Madrid creada no 1965. Iniciou a súa actividade editorial coa colección “El libro de bolsillo”. Outras coleccións destacadas son “Alianza-Universidad” (1971), “Alianza-3” (1973), “Alianza-Forma” (1979) e “Alianza-Música” (1983). Representou un papel de primeira orde no anovamento do panorama cultural español e na súa conexión con Europa. No 1989 comprouna o grupo Anaya. A partir do ano 1999 foi adquirida, xunto co grupo Anaya, polo grupo editorial francés Havas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de socorros mutuos sobre o gando fundada en febreiro de 1932, mantivo a súa actividade ao longo da década dos trinta. O obxectivo era asegurar as cabezas de gando dos socios obedecendo a unha estratexia propia dos gandeiros procedentes das comunidades rurais galegas, ante a falta de protección estatal. A Alianza Gandeira foi a terceira sociedade mutualista da parroquia de Coiro (as outras fundáranse sen moito éxito en 1901 e 1912) instaurada nun momento en que o comercio gandeiro galego se favorecía das importantes exportacións a Portugal e ao interior do Estado (principalmente Barcelona e Madrid).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao conxunto ordenado das vinte e oito consoantes do alfabeto árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia que proporciona aos seres vivos enerxía e materias primas para a formación e reparación dos tecidos e os compostos químicos indispensables para o bo funcionamento e regulación dos mecanismos vitais. Os alimentos están compostos principalmente por: glúcidos, lípidos, proteínas, vitaminas, minerais e auga. A proporción de cada un deles varía segundo o tipo de alimento do que se trate. Os glúcidos e os lípidos proporcionan principalmente enerxía. As proteínas, aínda que tamén poden proporcionar enerxía, a súa principal función é estrutural. As vitaminas son compostos orgánicos que aparecen en pequenas cantidades e son imprescindibles para o crecemento, a saúde e o equilibrio nutricional dun organismo; non producen enerxía, senón que regulan os procesos metabólicos. Os minerais son compostos inorgánicos (sodio, potasio, ferro, fósforo, calcio, etc) que aparecen en baixas proporcións, pero a súa deficiencia pode carrexar enfermidades. A auga é un composto esencial para a vida; na...

      2. Aquilo que acotío se come e bebe nun tempo determinado.

      3. Aquilo que serve para manter unha cousa.

    1. Prestación económica que determinadas persoas están legalmente obrigadas a cumprir cara a familiares próximos en caso de necesidade, co fin de que poidan cubrir as necesidades mínimas de subsistencia. Fálase dun deber dos alimentos por parte de quen os ten que aboar, e dun dereito de alimentos por parte de quen os recibe. É posible que a obriga de alimentar proveña tamén de contrato voluntario e non por obriga da lei.

    2. alimento adulterado

    3. alimento alterado

    4. alimento concentrado

    5. alimento dietético/de réxime

    6. alimento fruitivo

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aliñar ou aliñarse.

    2. Liña segundo a que se fai un aliñamento.

    3. Tipo de arquitectura monumental que consiste nun conxunto de pedrafitas dispostas en ringleira nun espazo aberto seguindo un plan predeterminado (emprego de perspectiva, medidas secuenciadas...) das que descoñecemos o seu obxectivo e súa función. Os máis coñecidos dos aliñamentos megalíticos son os armoricanos, principalmente, Le Grand-Menhir ou Menec, alleos ao NO peninsular.

    4. Adxudicación dun cliente ou conta publicitaria para a mesma axencia de publicidade en varios países distintos.

    5. Liña fixada polos planos, estudios de detalle e normas urbanísticas que debe ser obrigatoriamente respectada polas edificacións urbanas na súa situación respecto ás vías e prazas públicas.

    6. Operación de política económica pola que un estado adopta medidas igual ca as tomadas por outros estados ou decididas por organismos de cooperación económica internacional. Ten unha importancia especial no comercio exterior e no campo monetario.

    7. Igualdade na disposición que poden adoptar as liñas nun parágrafo ou texto calquera.

    8. Nas relacións internacionais, acción e efecto de aliñarse nun dos grandes bloques que encabezaban os EE UU e a URSS nos tempos da Guerra Fría. O termo utilizábase sobre todo en senso negativo, non aliñamento, para referirse aos países que facían profesión de neutralidade e de non pertencer a ningún dos dous bloques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución notable do número de linfocitos causada xeralmente por unha atrofia do tecido linfático (síndrome de linfocitóptise esencial).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo italiano, profesor nas universidades de Padua e Nápoles. Postulou a experiencia como único criterio de verdade e defendeu a vinculación entre ciencia e filosofía. Publicou a obra Relativismo e idealismo (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alisar.

    2. Operación de someter as peles á acción da alisadora.

    3. Conxunto de métodos para o tratamento de datos estatísticos de tipo cronolóxico ou series temporais, que teñen por obxecto facer previsións a curto prazo baseadas nos datos anteriores. A máis empregada é a técnica denominada das medias móbiles, que toma como previsión a media aritmética dos N últimos datos. Unha elaboración da anterior é o método do alisamento exponencial que consiste en dar un peso decrecente aos datos máis arredados do instante actual, no canto de darlles o mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alistar ou alistarse.

    2. Conxunto de trámites destinados a establecer as listas dos mozos que teñen que prestar o servizo militar obrigatorio. No estado español, a inscrición faise dentro do ano natural no que o mozo cumpre 17 anos, a clasificación e o sorteo aos 18 e a incorporación dentro do ano no que cumpre 19, agás solicitude de prórroga por algunha causa establecida no regulamento. O trámite realízase nas oficinas que os concellos deben habilitar, atendidas por funcionarios municipais. No caso de que o mozo non cumpra co trámite do alistamento no tempo e forma regulamentarios será declarado prófugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de alixeirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de allear.

    2. Calidade do que non ten sensibilidade ou que se mantén á marxe da realidade das cousas subtraéndose aos seus problemas e renunciando a criticala ou actuar sobre ela.

    3. Estado daquela persoa que sofre algún tipo de perturbación mental.

    4. Cesión que alguén fai de calquera tipo de ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento musical de ritmo vivaz, menos veloz que o allegro.

    2. Fragmento musical escrito neste ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Il Correggio (Correggio, Emilia ? 1489 - 1534) Formado en Mantua recibiu a influencia da obra tardía de Mantegna. A súa obra enriqueceuse co sfumato de Leonardo da Vinci e co colorismo veneciano. Seguramente foi a Roma cara ao ano 1518, onde estudiou a obra de Rafael e de Miguel Anxo. Fixo as pinturas murais da igrexa de San Xoán Evanxelista (1520-1523) de Parma; a cúpula, que representa a visión de san Xoán en Patmos, foi un precedente das perspectivas ilusorias das cúpulas barrocas. Cómpre salientar, así mesmo, a Nai de Deus de san Xerome, coñecida como O Día (1527-1528) e a Adoración dos pastores, coñecida como A Noite (1530). Os últimos anos da súa vida, fixo unha serie de pinturas sobre os amores de Xúpiter. A súa obra anuncia o Maneirismo e constitúe un importante precedente do Barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Pensilvania, EE UU, á beira do río Lehigh (105.090 h [1990]). Centro comercial dunha próspera rexión agrícola; ten industrias de cementoportland, metalurxia e téxtil. Aeroporto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles ao que pertencen algúns caimáns.

    VER O DETALLE DO TERMO