"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Constelación austral situada entre Eridano, Popa e Carena. Descuberta por J. Bayer en 1603, nela figura a Gran Nube de Magalhães. Contén a estrela superxigante δ-Doradus, que é a de maior magnitude absoluta coñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herbácea de ata 20 cm de altura, con follas de bordo crinado e arredondadas. Presenta flores hermafroditas amarelentas duns 4 mm de diámetro, ovario ínfero, sen pétalos, con catro sépalos, oito estames e dous estigmas, que dan lugar a froitos en cápsula. As flores están dispostas en inflorescencia en corimbo dun verde amarelento con grandes brácteas elípticas. A planta ten propiedades astrinxentes e diuréticas.

    2. Denominación que reciben os fentos que, como os do xénero Ceterach, teñen a capacidade para revirar as follas en condicións de sequidade ofrecendo ao exterior o envés densamente piloso, e de cor dourada, que dificulta o desecamento da planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que posuían o cabelo louro. Documéntase no século XV: “Juã Dourado” (doc ano 1442 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 110).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de dourar ou dourarse.

    2. Que ten a cor do ouro ou é semellante a ela.

    3. Aplícase á época ou á idade de máximo esplendor ou felicidade.

    4. douradura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de dourar.

    2. Técnica artística que consiste no revestimento da parte externa dos obxectos con ouro. Pódese dourar sobre diversos materiais, entre eles, a pedra, a madeira, o papel, os metais e a cerámica. Comezou a empregarse no Antigo Exipto en manuscritos, mobles e sarcófagos. No mundo clásico utilizouse a bráctea para revestir estatuas e mobles. Os romanos foron os primeiros en aplicar o po de ouro que a partir da Idade Media se usou en mobles, retablos e esculturas de madeira. Durante o Barroco foi unha técnica moi empregada na imaxinería española. Nas esculturas de metal, principalmente de bronce, realízase mediante dúas técnicas: o dourado por pans de ouro, que consiste na aplicación de follas moi finas de ouro sobre a superficie da peza, que tiña que ter un aspecto previo granulado, golpeadas cun martelo para acadar a adherencia precisa; e o dourado con lume, que consiste na aplicación dunha amalgama de ouro e mercurio sobre a peza para despois quentar o mercurio ao lume para evaporalo. No terreo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir con ouro ou cun material semellante a superficie dunha cousa.

      1. Dar ou facer que algo adquira unha cor dourada.

      2. Facer que os alimentos adquiran unha cor dourada.

    2. Coller unha cousa unha cor dourada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de durar.

    2. Espacio de tempo que dura algunha cousa.

    3. Equivalencia ou desaxuste entre o tempo da historia e o tempo do discurso na narrativa. O tempo da historia dedúcese das intervencións do narrador, que sinala o paso das horas, días, meses, anos, etc; mentres que o tempo da trama ou discurso é máis difícil de establecer, posto que depende do tempo de lectura, variable segundo o ritmo de cada lector. Gérard Genette preferiu a denominación de velocidade á de dura para definir o contraste entre a dura da historia, que progresa en unidades temporais convencionais como días ou meses, e a do discurso, que se mide en liñas, parágrafos ou páxinas. Outros narratólogos propuxeron os termos de tempo ou ritmo. O grao cero da dura (ou duración) é a igualdade absoluta entre o tempo da historia e do discurso, denominada isocronía. A narrativa incorporou unha técnica cinematográfica, denominada ralentí, que implica a amplificación do tempo do discurso con respecto ao da historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade helena situada no curso alto do Éufrates, preto de Mari, que foi fundada polo xeneral Nicanor ao redor do 280 a C. Pasou a mans dos partos e integrouse no Imperio Romano a finais do s II d C. No s III sufriu os ataques dos sasánidas, que a destruíron. Das estruturas arquitectónicas conservadas, cómpre destacar as pinturas do santuario de Mitra, da sinagoga, con escenas do Antigo Testamento, da capela e dun baptisterio paleocristián con escenas do Antigo e do Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de durable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dura ou pode durar durante moito tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á duramáter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca rexistrada dunha aliaxe lixeira de forxa, de densidade 2,66 e laminada a base de aluminio e magnesio (5-12%), que non necesita tratamento térmico. Resiste a corrosión e pode traballarse en quente. Pola facilidade que ofrece para traballar, emprégase na construción e nas operacións de soldadura autóxena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación comercial dunha aliaxe de ferro, cromo (20%) e aluminio (15%), que pertence ao grupo dos aceiros refractarios e que se utiliza para a confección de pezas que deben resistir temperaturas elevadas, da orde dos 1.100°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca rexistrada dunha aliaxe lixeira de aluminio de gran resistencia mecánica, desenvolvida por A. Wilm en 1910. A súa composición media é de 94,5% de Al, 4% de Cu, 0,5% de Mn e 1% de Fe e outros. O duraluminio ten características próximas ás do aceiro corrente. A carga media de ruptura é de 42 kg mm2, o alongamento do 20% e a densidade de 2,7. Cun quecemento de ata 550°C, seguido dun arrefriamento con auga e ao aire, prodúcese a maduración ou endurecemento estrutural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meninxe máis externa e grosa das tres que envolven o encéfalo e a medula espiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo ou parte máis interna do tronco dunha árbore constituída polo xilema vello, formado por células mortas incapaces de conducir auga e sólidos, que se foi impregnando de aceites, resinas, taninos, gomas e outras substancias que lle proporcionan dureza e coloración escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome e apelido patronímico que proceden do latín durandus (participio de futuro pasivo ou xerundivo do verbo durare ‘durar, permanecer, resistir’). Como nome persoal documéntase no s XIII: “Duram” (doc ano 1205 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 159). Como apelido atéstase no s XIV: “Pedro Durã” (doc ano 1317 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 227).

    2. Liñaxe moi estendida por toda a Península que se estableceu na Limia. A rama galega trae como armas, en campo de goles, un pao de ouro, e en punta, ondas de azul e prata; bordo de ouro, con oito cabezas de león (ou de lobo), de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO