"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Étienne Bonnot de Condillac.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ou parte extrema dos instrumentos de vento que se introduce na boca e produce o son ao soprar.

      1. Parte na que remata o cigarro, onde vai o filtro, e pola que normalmente se terma del.

      2. Cano de resina, cana ou madeira, que se adapta ao extremo do cigarro ou do pito para fumalo.

      3. Parte das pipas de fumar que está en contacto coa boca do fumador ou calquera outra cousa semellante á boquilla do cigarro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Chinchón. Foi cardeal e arcebispo de Sevilla e Toledo. De tendencia liberal, presidiu a rexencia nos últimos tempos das cortes de Cádiz. Estivo recluído en Toledo (1814-1820) por orde de Fernando VII. Foi presidente da xunta provisional de comezos do Trienio Liberal (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ribadeo. As súas armas levan, entre ondas de azul e prata, burbullas. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Borbullar, Borbulleiro, Borbullón, Burbulla,   Burbullar, Burbulleiro e Burbullón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer os líquidos burbullas que saen á superficie.

    2. Nacer a auga da terra ou ferver impetuosamente facendo burbullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dando tombos polo chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cocobacilos hemolíticos e Gram-negativos da familia das bruceláceas. As bacterias deste xénero son parasitas e patóxenas para diversos animais, incluso para o ser humano. A B. pertussis é o axente causante da tose ferina e foi descuberta conxuntamente por J. Bordet e O. Gengou no 1909.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de armas que tivo lugar en 1812 na localidade de Borodino, preto de Moscova, que acabou coa vitoria de Napoleón na súa campaña de Rusia (5-7 de setembro de 1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Residuo pulverulento, de cor agrisada, que queda despois dunha combustión completa. Nas aldeas aínda existe o costume de mesturar a borralla con patacas partidas para a semente, xa que esta é un magnífico fertilizante.

    2. Po moi miúdo.

    3. Chuvia case imperceptible ou néboa que molla.

    4. Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘cemento’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de borralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que tivo lugar no ano 1485 en Bosworth Field (Condado de Leicester, Inglaterra), e que enfrontou a Ricardo III Plantagenet e Enrique Tudor, co que finalizou a guerra das Dúas Rosas. Enrique foi proclamado Rei co nome de Enrique VII, fundando así a dinastía Tudor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente portátil de vidro, cristal, material termoplástico, etc, de colo máis ou menos estreito, destinado a conter líquidos. Desde o século II a C, na China e en Exipto xa se fabricaban botellas de vidro polo sistema de soprado. Este, que aínda se emprega na elaboración de certos obxectos artesanais, consiste en soprar coa boca nun tubo que ten no extremo unha bóla de vidro en estado pastoso e poñelo a continuación nun molde, ata acadar un axuste total ás súas paredes; inmediatamente, faise xirar o tubo nun movemento ascendente para rematar o colo da botella. A finais do século XIX, Boucher en Francia e Owens nos EE UU, puxeron a punto métodos semiautomáticos; na actualidade, case todas as botellas están fabricadas por máquinas automáticas. O vidro da botella ten que ser o máis inalterable posible fronte á auga. Utilízanse vidros cunha base que leva pequenas cantidades de magnesia e alúmina para evitar a tendencia á desvitrificación. Nos últimos anos, as botellas de materiais termoplásticos...

    2. Cantidade de líquido que cabe nese recipiente.

    3. Globo de vidro que constitúe a envoltura das lámpadas, dos tubos electrónicos e doutros dispositivos que teñen que funcionar no baleiro ou nunha atmosfera pechada.

    4. boche.

    5. Recipiente utilizado para recoller mostras de auga de mar a determinadas profundidades. Hainas de diferentes tipos (botellas de Nansen, de Ekman, de Sigsbee, etc). Polo xeral consta dun depósito cilíndrico cunha válvula terminal a cada extremo, que se pechan ao chegar á profundidade desexada, e un termómetro que rexistra a temperatura da auga no momento de tomar a mostra.

    6. Condensador experimental feito cunha botella de vidro forrada por dentro e por fóra, ata unha certa altura, de papel de estaño. Ten un tapón de cortiza atravesado por unha variña en forma de gancho pola parte de fóra que se comunica co papel de estaño pola de dentro. Foi concibida no ano 1746 por tres físicos neerlandeses, van Musschenbroek, Allamand e Cunaeu, e descárgase parcialmente tocando o gancho co dedo ou poñéndoo en comunicación con terra. Para descargalo totalmente cómpre un excitador.

    7. Recinto esférico que no seu interior posúe un campo magnético cun valor que aumenta en todas as direccións proporcionalmente ao cadrado da distancia ao centro. Para obter o tipo de campo magnético indicado, a botella dispón de tres bobinas, unha no ecuador e dúas nas zonas polares, polas que circulan correntes de igual intensidade. A dirección da corrente é a mesma para as bobinas polares, mentres que na ecuatorial a corrente circula oposta a aquelas. Estes dispositivos utilízanse para a produción e almacenamento dos neutróns ultrafíos, e con iso faise posible a fusión nuclear.

    8. Fase de redución na crianza dun viño na que se afina tralo paso pola barrica (fase de oxidación) e se fai máis complexo no nariz e na boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista e político. Para o teatro escribiu máis de cincuenta dramas e comedias, algunhas delas conseguiron grande éxito. A partir de 1859, inmerso na política, deixou dun lado a literatura e redactou artigos e obras de carácter político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lanza do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece o reumatismo poliarticular agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Foi profesor na facultade de Medicina de París, da que foi decano no ano 1848. É o precursor da obra de Broca no estudo das afasias por lesión cerebral (1825). É tamén autor de traballos moi importantes acerca das afeccións reumáticas do endocardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno vulto que sae na pel especialmente por efecto do sarampelo ou da picadura dalgún insecto.

    2. ulto de pequeno tamaño que lles sae ás plantas e que logo pasa a converterse nunha nova póla, folla ou flor.

    3. Parte avultada do talo das plantas que coincide co lugar onde se insería unha folla ou unha póla que, como no caso das canas, dá unha aparencia dun talo articulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento dos Hautes-de-Seine, na Île-de-France, Francia (101.971 h [1990]). Suburbio industrial no SO de París, chamouse Boulogne-sur-Seine ata 1925. É unha área residencial (Boulogne) e industrial (Billancourt), onde se localizan fábricas de automóbiles (Renault) e doutros sectores, como o aeronáutico, o químico e o farmacéutico.

    VER O DETALLE DO TERMO