"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • REXIÓNS

    Rexión da Europa central, situada entre os montes Mecsek e os ríos Danubio e Drava, e repartida entre Hungría (megýek de Baranya) e Croacia. Constitúe un macizo granítico moi degradado, cuberto polo bosque. Os principais recursos económicos son a agricultura e a minería do carbón e do uranio. Baranya foi unha das rexións de Hungría que quedaron case despoboadas trala conquista turca (s XV). O repoboamento non rematou ata a instalación, a partir do 1720, dos colonos croatas, maxiares e, sobre todo, alemáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megýek de Hungría (4.430 km2; 405.000 h [estim 1998]). A capital é Pécs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e político, foi conselleiro de Cultura e Xuventude (1990-1993) durante o primeiro goberno presidido por Manuel Fraga Iribarne. Tras a súa etapa como docente, foi inspector de ensino e ostentou diferentes cargos relacionados coa educación e a formación cooperativa en Galicia. Así mesmo, desenvolveu outros cargos políticos, como delegado de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia en Ourense e concelleiro popular en Ourense, parlamentario autonómico. O 7 de agosto de 2009 foi nomeado polo Consello da Xunta, membro do Consello Escolar de Galicia.
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Periodista aragonés. Director do diario de carácter agrario La Tierra en Osca (1933-1936) e de Solidaridad Nacional en Barcelona. Publicou Los Sindicatos Libres en España, su origen, su organización, su ideario (1927), dun gran valor documental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi arcediago de Cuenca. Traduciu do latín ao castelán De cómo el estado de la milicia no es ajeno a la Religión cristiana (1541), obra de Juan Ginés de Sepúlveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Martín e Santa Mariña de Rosende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro, hoxe igrexa parroquial, situado en Sarria. No ano 976 o confeso Sunilano dooulle ao seu fillo Vermudo os lugares de San Martiño e Santiago de Barbadelo, para fundar alí un mosteiro de carácter familiar e dúplice. Incorporado ao mosteiro de Samos no ano 1009, foi priorado do mesmo ata 1835. O Códice Calixtino noméao como hospital de peregrinos. A igrexa, de fábrica románica, conserva a nave orixinaria pero perdeu a cabeceira primitiva e o arco que dá acceso á nave. No extremo noroeste da nave, érguese unha torre de planta cadrada dividida en tres seccións. Salientan os motivos ornamentais das portadas, dos capiteis e da pía bautismal. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1980 e o seu contorno en 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia mesta e moi miúda. SIN: babuña, babuxa, barruzo, chuvisca, froallo, orballo, poalla, zarzallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Miño pola esquerda. Nace a 640 m de altitude no monte Cobreiro, na parroquia de Figueiroá, no concello de Paderne de Allariz. Atravesa as parroquias da metade meridional deste municipio cunha dirección L-O e penetra no de Taboadela. A seguir, intérnase no de San Cibrao das Viñas virando cara ao N en concordancia coa tectónica, e chega ao concello de Ourense, cidade na que desemboca preto da ermida dos Remedios. Logo dun curso de 22,5 km, desemboca achegando un caudal de 0,59 m3/s. A súa cunca abrangue unha superficie de 65,7 km2, e entre os seus principais afluentes atópase o Barbadás, que captura xa na cidade de Ourense, pouco antes da súa desembocadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer chuvia mesta e moi miúda. SIN: baballar, babuñar, babuxar, barruzar, chuviñar, chuviscar, froallar, orballar, poallar, zarzallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Barbanza ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Barbanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Punxín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto da familia dos mántidos caracterizado por desprazarse habitualmente sobre o segundo e terceiro par de patas reservando o primeiro par, de patas espiñentas, para a captura de presas. Caza ao axexo; permanece inmóbil e oculta entre a vexetación cunha coloración críptica que adoita ser verde ou castaña. Os machos son de menor tamaño que as femias e trala cópula os ovos son depositados en ootecas. As barbantesas distribúense principalmente nos trópicos, onde están presentes máis de 2.000 especies, entre as que son comúns as formas de cores vivas que se ocultan entre os pétalos das flores da mesma cor. En Galicia están presentes os xéneros Mantis e Empusa. SIN: barbatesa, parraguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Miño pola dereita. Ten as súas fontes a 600 m de altitude, formando a súa cabeceira o rego de Alontos, na parroquia de Orbán (concello de Vilamarín). O Barbantiño configúrase como tal na parroquia veciña do Río. O seu curso encáixase nunha fractura de dirección NNL-SSO sobre un contexto litolóxico de granito de dúas micas, pola que discorre atravesando o territorio dos concellos de Cea, Piñor, Maside, Amoeiro, Punxín e Ourense. En todos os casos o seu curso foi aproveitado para establecer os límites municipais. Desemboca no Miño, logo dun percorrido duns 24 km, no lugar de Arrabaldo, no límite dos concellos de Ourense e Punxín (parroquias de Arrabaldo e Ourantes, respectivamente). A súa cunca abrangue unha superficie de 174 km2, achegando un caudal relativo medio na súa desembocadura de 3,4 m3/s. O seu principal afluente é o Formigueiro, que captura no lugar da Bouza, na parroquia (e concello) de Punxín, no límite coa de Parada de Amoeiro (Amoeiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da serra homónima, na parroquia de Lesón (concello da Pobra do Caramiñal). Ten 652 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente meridional da península do mesmo nome. Nace da confluencia de varios regos no lugar de Brañas de Pardos, na parroquia de Cures (concello de Boiro), a 540 m de altitude. Logo dun treito inicial caracterizado por transitar no medio de brañas, penetra na parroquia de Lesón, do concello da Pobra do Caramiñal, por onde discorre nun principio encaixado, formando un canón de paredes moi escarpadas escavado sobre granitos de dúas micas de gran medio. Logo de salvar un desnivel do 12%, no lugar de Pousadoiro únese co río Pedras, e a partir de aí vira a dirección N-S, que mantivera dende o seu nacemento, para adoptar un curso en sentido NO-SL. Logo dun percorrido de 12 km, desemboca na ría de Arousa, na enseada da Mercede ou da Pobra do Caramiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do litoral occidental de Galicia. Esténdese pola marxe setentrional da ría de Arousa, ocupando o S da península do Barbanza. Limita polo N e polo O coa comarca de Noia (concellos de Lousame e Porto do Son), polo NL coa do Sar (concello de Dodro) e co treito final do río Ulla, que marca a fronteira coa comarca de Caldas (concello de Catoira) e polo S e O co Océano Atlántico na ría de Arousa. Ocupa unha superficie de 244 km2 nos que acolle unha poboación de 66.487 h (1998), distribuídos entre os concellos de Boiro (17.845 h repartidos en 8 parroquias), Pobra do Caramiñal (10.082 h en 4 parroquias), Rianxo (12.147 h en 6 parroquias) e Ribeira (26.413 h en 9 parroquias); resultando unha densidade de 274 h/km2. A rede viaria principal estrutúrase por medio de dous eixos que discorren paralelos ao litoral. Un é a estrada comarcal C-550 que penetra na comarca procedente de Padrón e, despois de percorrer o N do concello de Rianxo e atravesar Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal que saía do prelo en Noia en febreiro de 1988. Desapareceu despois do número 42, no mes de decembro de 1989. Publicado pola Asociación Cultural Barbanza, figuraba como directora Socorro Santos Lorenzo, como redactor-xefe Xosé Agrelo Hermo e a redacción estaba a cargo de Gloria Díez Fernández, Antón Avilés Vinagre e Manuel Mª Pena. Nas súas páxinas atopábanse artigos de historia, arte, literatura, cultura e política. Algunhas das seccións fixas eran “Páxina literaria” e “Recanto da Historia”; entre estas seccións habituais había unha destacable, “Pecata Minuta”, firmada por Pepe da Roca, na que o periodista lanzaba afiadas críticas contra feitos da actualidade. Os números de 1989 tiñan máis contidos políticos, amais de novas nacionais e internacionais, aínda que a cultura tivo tamén o seu papel importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada na parroquia de Cures (Boiro), é o dolmen de maiores dimensións do Barbanza. Conserva restos da mámoa, podéndose apreciar fragmentos da coiraza. A cámara, de planta poligonal, está formada por seis chantas, aínda que falta a da cabeceira, e a tampa, que está lixeiramente desprazada. O corredor, de forma triangular e de dous tramos, conserva catro laxes e dúas lousas. Polas características conservadas debe pertencer á fase de apoxeo do Megalitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do litoral occidental de Galicia situada entre as rías de Arousa, ao S, e de Muros e Noia ao N. Está constituída basicamente por rochas graníticas de diferentes tipos e xistos, principalmente hercínicas e tardihercínicas. Administrativamente está dividida nos concellos de Noia, Lousame, Rianxo, Boiro, o Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO