"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Nome dado durante os períodos helenístico, romano e bizantino (s III a C- s VII d C) á antiga cidade Palestina de Bet Shean.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escitosifonais.

    2. Alga da antiga orde das escitosifonais.

    3. Antiga orde da clase das feofíceas, constituída por algas mariñas de talo máis ou menos cilíndrico e macizo, con crecemento intercalar. Actualmente se inclúen dentro da orde das ectocarpais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esclarecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do exoesqueleto dos artrópodos, constituída pola cutícula externa endurecida por un proceso de tanificación, e diferenciada habitualmente por suturas ou membranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula que se localiza na mesoglea das esponxas e que dá orixe a espículas calcarias ou silícicas que constitúen o seu esqueleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos tabiques verticais que, nos madreporarios, se estenden radialmente desde o exterior do corpo de cada un dos zooides cara ao centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • frei (s XVIII) Mestre de obras. Traballou no mosteiro de Vilanova de Lourenzá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Vinculado ao coro papal de Roma, cando volveu a España estableceuse en Segovia, onde estreou unha misa a seis voces para a coroación de Filipe II de Castela. Compuxo motetes e outras obras relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo. Licenciado en Dereito e Filosofía pola Universidad Complutense de Madrid, foi profesor de filosofía e metodoloxía da ciencia na UNED. A súa investigación centrouse no estudo das drogas e colaborou de forma asidua cos xornais El País e El Mundo. Entre as súas obras destacan Marcuse: utopía y razón (1969), De physis a polis: la evolución del pensamiento filosófico griego de Tales a Sócrates (1975), Historias de familia: cuatro mitos sobre el sexo y el deber (1978), Filosofía y metodología de las ciencias (1987), Historia general de las drogas (1989-1990), El libro de los venenos (1990), El espíritu de la comedia (1991), Las drogas de ayer a mañana (1994), Formación del profesorado de filosofía y de ciencias sociales (1996), La cuestión del cáñamo: una propuesta construtiva sobre el hachís y la marihuana (1997) e Caos y orden (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de Tradutores de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de escoller.

    2. Que é o mellor entre os da súa clase ou categoría.

    3. Que tarda en escoller porque non acaba de decidirse ou non atopa o que busca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de escorar ou escorarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que se produce pola deficiencia ou insuficiencia do ácido ascórbico (vitamina C) na alimentación (avitaminose C). A falta de vitamina C produce unha alteración na síntese do coláxeno que determina fraxilidade dos capilares sanguíneos, mala cicatrización das feridas e anomalías nos ósos. A sintomatoloxía inclúe coloración amarela da pel, tumefacción das enxivas, debilidade, equimose cutánea, dores articulares, anemia, hemorraxias múltiples, etc. Foi unha enfermidade moi común nos mariñeiros dos ss XVI ao XVIII, nos viaxeiros das expedicións ao redor do mundo ou aos polos, e nos prisioneiros de guerra, por falta de consumo de alimentos frescos. Durante a Primeira Guerra Mundial presentouse de forma epidémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de escorrer.

    2. Que non presenta defectos físicos nin enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da cana do millo que cobre a mazaroca, empregada para forraxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escotos.

    2. Individuo dun pobo procedente do NO de Irlanda.

    3. Pobo procedente do NO de Irlanda que no s III saqueou Britania. Asentáronse a partir do s VI na rexión occidental de Escocia, especialmente ao redor de Argyll, onde formaron o Reino de Dalriada. Enfrontáronse aos pictos ata que no 844 Keneth Mac Alpin fusionou os dous pobos e os seus territorios no Reino de Escocia e deu orixe a unha nova dinastía que durou ata 1286.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo irlandés. Supervisor da escola da corte de Carlos II o Calvo, traduciu ao latín varias obras de Dionisio o Aeropaxita e elaborou un sistema filosófico baseado no neoplatonismo. Considerou que a natureza estaba dividida en natureza que crea e é increada; natureza que é creada e crea; natureza que é creada e non crea; e natureza que nin crea nin é creada. Afirmou que Deus sería o fin último de todas as cousas e o punto máis alto da creación, e que o destino final dos individuos non dependía de Deus, xa que a vontade do home interviña na salvación ou condenación do home, feito que lle valeu a condenación da súa obra nos concilios de Valence (855), Langres (859) e Vercelli (1050). Destacan as súas obras De praedestinatione (851) e Periphyseon (865-870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfacer os terróns dun terreo pasando a grade despois do arado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área gris ou punto negro que aparece dentro do que serían os límites dun campo visual normal. Cando a lesión afecta á mácula pérdense uns 5° da zona central do campo visual. Esta doenza, denominada escotoma central, dificulta actividades como a lectura. Cando a lesión afecta á retina periférica prodúcese unha perda do contorno do campo visual, feito que provoca unha visión en túnel ou anel, que dificulta a visión lateral, ademais da visión nocturna. Esta última denomínase escotoma periférico e está provocada por enfermidades como a retinite pigmentosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á visión cando a luminosidade é moi feble, conseguida principalmente grazas aos bastóns.

    VER O DETALLE DO TERMO