"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Sacerdote e licenciado en Dereito. Simpatizou co Rexionalismo e mantívose próximo aos militantes de esquerdas, republicanos e carlistas. Foi un dos promotores das revistas Solidaridad Gallega e Galicia Solidaria. O seu pensamento, que se pode definir como neocatólico, está reflectido nas súas obras: Responsabilidad moral (1883), Liberalismo, Quid est? (1890), Reseña histórica y descriptiva de Santa María del campo de la ciudad de La Coruña (1892), La Eucaristía (1899) e Historia primitiva (1902), da que unicamente deixou publicada a primeira parte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariable aleatoria x susceptible de tomar dous únicos valores, 0 e 1, con probabilidades p e q = p-1, respectivamente.
-
PERSOEIRO
Médico de orixe ucraína. Foi director do Instituto Pasteur e un dos iniciadores da inmunoloxía moderna. Estableceu un método serolóxico para detectar a tuberculose mediante un antíxeno complementario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Publicou o almanaque Pol’arnaja zvezda (A estrela polar, 1823-1825), onde recolle novelas e comentarios críticos románticos. Escribiu tamén Olga (1821) e Mulla Nur. Algunhas das súas obras foron traducidas ao alemán, ao sueco e ao polaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e diplomático. Realizou misións diplomáticas en Londres, Copenhaguen e Hamburgo, enviado pola Emperatriz Ana. Foi partidario da alianza con Austria e Inglaterra contra Prusia; fomentou tamén a política agresiva contra Turquía. Escribiu a obra Os consolos do cristián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e diplomático ruso. Como secretario da Emperatriz Catarina II, tomou parte nos acordos secretos co Emperador de Austria Xosé II. No 1787 foi nomeado primeiro mandatario de Asuntos Exteriores, cargo dende o que desenvolveu unha política pacificadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Da poesía abstracta evolucionou cara á descrición da vida revolucionaria soviética. Escribiu, entre outras, Den’našejžizi (Un día da nosa vida, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de cincuenta libros publicados pola Editorial Galaxia no ano 1995. Consta dunha serie de títulos onde se recollen aspectos da xeografía, de historia, de arte, de etnografía e de pensamento de Galicia, xunto a unha escolma das obras máis representativas da literatura galega. Foi distribuída por Ir Indo Edicións e patrocinada pola CRTVG.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia Galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en 1910 na colonia galega de Madrid e dirixida por Luís Antón del Olmet e Prudencio Canitrot, nun ambiente de neo-rexionalismo influído pola política (basicamente agraria) e pola literatura (neorromántica e modernista). O seu primeiro volume, modernista, foi obra de Ramón del Valle-Inclán, titulado Las mieles del rosal. Luís Antón de Olmet publicou aquí El encanto de sus manos e Prudencio Canitrot, Ruínas. Outros autores destacados desta editorial foron Manuel Murguía, Manuel Linares Rivas e Alberto Insúa. No labor desta editorial destacou ademais a presentación de autores novos como Wenceslao Fernández Flórez ou Manuel María Puga (Picadillo), entre outros, por medio de certames e premios literarios. Advírtese un afastamento da literatura galega en galego. A prematura morte de Canitrot e o escaso éxito comercial da colección, fixeron que as publicacións se detivesen en 1913.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e das doazóns realizadas por Arias Sanjurjo, Varela Limia, Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Canete, que adquiriran a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil, Salvador Cabeza de León e Fernando Alsina. Está formada fundamentalmente por libros de temática galega que sobrepasan os 7.000 volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Florencia. Fundada a partir dos libros do bibliófilo italiano A. Magliabecchi (morto no 1714), pasou a ser de dominio público no 1747, para fusionarse posteriormente coa Biblioteca Palatina (1861), fundada por Fernando III, duque da Toscana. Cuns 4.500.000 volumes, é a máis importante das oito bibliotecas centrais do sistema italiano de bibliotecas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Roma. Inaugurouse no 1876 coas bibliotecas de 69 casas relixiosas romanas, que foran suprimidas no 1873, xunto coa biblioteca do Collegio Romano. As coleccións de manuscritos son moi valiosas. Funciona amodo de biblioteca central e dispón duns 4.500.000 volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en París, que forma parte da institución chamada Réunion des Bibliothèques Nationales. A Bibliothèque Nationale inclúe diversas bibliotecas e institucións. A súa orixe está nas coleccións dos reis de Francia. Ocupou o pazo Mazarín e outros edificios do s XVII, adaptados entre o 1854 e o 1875; na década dos noventa trasladouse a tres novos edificios situados na beira do río Sena. Dispón de Depósito Legal e posúe arredor de 9 millóns de volumes. As coleccións de publicacións periódicas e material audiovisual son tamén moi salientables. É o centro da bibliografía nacional francesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Bruxelas. Ten a súa orixe na antiga biblioteca da casa ducal de Borgoña, fundada por Filipe o Bo no s XV. Máis tarde, Filipe II de Castela estableceu a primeira biblioteca real en Bruxelas, pero despois da Revolución Francesa os libros foron dispersados. No 1837, o goberno belga reuniuna de novo e, engadíndolle os fondos de varias casas relixiosas secularizadas, organizou a actual biblioteca. Funciona a xeito de biblioteca nacional do estado belga. Posúe ao redor de 3 millóns de volumes.
-
PERSOEIRO
Fillo de escravos africanos, era coñecido co alcume de o Mouro. Pastor e labrego, ingresou na orde dos franciscanos e permaneceu no convento de Santa María de Palermo, primeiro como irmán leigo e logo como superior do cenobio. Recibe culto especial en Sicilia, o seu lugar de nacemento. En Galicia venérase na parroquia de Santa Cristina de Covas, en Meaño, onde se introduciu o culto a comezos do s XIX. Na iconografía represéntase coa faciana de cor negra, co pelo curto e crecho, cunha ampla tonsura monacal e vestindo o hábito castaño dos franciscanos, atado cun cordón. A súa festa celébrase o 4 de abril, agás en Covas, onde se conmemora o martes de Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor norteamericano. Permaneceu un tempo na Academia de Belas Artes de Pennsylvania, aínda que é de formación autodidacta. Foi catedrático de Arte da Universidade de Missouri (1877). Grande admirador dos pintores holandeses do s XVII, pintou escenas relacionadas coa vida do Mississipi e do Missouri, e tamén temas políticos. Defendeu a arte como imitación da beleza da natureza. Entre as súas obras destaca Traficante de peles descendendo o Missouri (1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello das Illes Balears, no N da illa de Mallorca, na zona de contacto entre a chaira central e os contrafortes da serra da Tramuntana (4.885 h [1996]). Ten importantes extensións de cultivos de secaño (amendoeiras, cerais, viña e oliveiras), canteiras de calizas e industria vitivinícola. Foi fundada no ano 1300 por Xaime II de Mallorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de bivalente.
-
Principio da lóxica de sentencias ou proposicións, de carácter semántico, que di: “toda sentenza é certa ou falsa”. Desde o punto de vista sintáctico implica as leis do terceiro excluído, de non contradición e da dobre negación que, en lóxicas non bivalentes, poden chegar a ser falsas.
-
-
-
Aplícase ao elemento químico e ao radical que ten unha valencia ou estado de oxidación igual a dous.
-
Que considera, en cada proposición, a posibilidade dun dos dous valores: verdadeiro ou falso.
-
-
Configuración do emparellamento cromosómico no decurso da primeira división meiótica de dous cromosomas, total ou parcialmente homólogos. A formación de bivalente é un requisito previo para a redución do número cromosómico somático e para a distribución ao azar dos pares de cromosomas homólogos que están emparellados.
-
bivalente en anel
Bivalente constituído por dous cromosomas emparellados, con quiasmas terminais en ambos os dous brazos.
-
-