"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Doutorouse en Teoloxía en Roma e estudiou xornalismo na Columbia University de Nova York. En 1918 exerceu como redactor en El Debate e posteriormente traballou en Ya, España Pesquera e El Ideal Gallego, ademais doutras publicacións españolas e estranxeiras. A partir de 1921 foi correspondente da axencia News Service. Despois de fundar con Angel Herrera Oria en 1926 a escola de xornalismo El Debate, foi asesor do Sindicato Nacional de Pesca. Durante a Guerra Civil española foi cronista de guerra co grao de tenente provisional. Publicou La Escuela de Periodismo. Programas y métodos (1930), Qué debe España a los religiosos? (1932), Mares y peces (1952) e a tradución Mi conversión al catolicismo (1940), do cardeal Newman. En setembro de 1949 foi nomeado fillo predilecto da vila de Cangas e déuselle o seu nome a unha rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. A súa formación foi autodidacta. Realiza unha obra de caracter figurativo, na que traballa a madeira, a pedra e o bronce cunha valoración do oco e do espacio. As súas últimas obras, realizadas en madeira e pedra, son multiposicionais, pois cada peza pode ter varias posicións. Realizou exposicións individuais e participou, entre outras mostras colectivas, en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, en Les Salons des Nations à Paris (1983), Galicia Terra Única (1997) e Colectiva Galaico Portuguesa (Chaves, 2002). Recibiu o Primer Premio del Instituto Social de Tiempo Libre (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de granular ou granularse.

    2. Aspecto que presenta a fotosfera solar que, vista a través dun telescopio, está constituída por unha multitude de pequenas celas que se denominan gránulos. Suponse que estes gránulos ou grans de arroz, son o extremo superior das correntes convectivas que se xeran nas rexións opacas do Sol. Tamén recibe o nome de granulación fotosférica.

    3. Operación de obtención dun granulado. Denomínase granulación seca cando a masa do medicamento se esmiúza mecanicamente e se pasa pola criba, e granulación húmida cando esta masa de consistencia semisólida se deixa secar despois de a pasar pola criba.

      1. Lesión que consiste na formación de pequenas nodosidades (desde 2 ou 3 mm ata 20 mm) duras e transparentes ao principio e despois opacas, que están constituídas por aglomeracións de folículos tuberculosos.

      2. Eminencia formada polos folículos da conxuntiva cando se hipertrofian.

    4. Operación de granular un metal escuro ou unha substancia pulverulenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de granular.

      1. Que se presenta en forma de grans, ou que ten aspecto de gran.

      2. Aplícase ao árido formado polos grans non cohesionados de materia inerte procedente da machucadura. Segundo a medida recibe diversos nomes, entre outros, area ou grava miúda.

    2. Preparación farmacéutica que se presenta en forma de gránulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen granula.

    2. Aparato que se emprega para obter gránulos a partir dunha substancia pulverulenta. Consta, basicamente, dun humidificador, dunha criba e dun secador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta gránulos ou granulacións.

    2. Que ten a forma dun gránulo.

    3. Aplícase á microestrutura holocristalina na que os cristais son visibles ao ollo e ten medidas similares, xeralmente entre un milímetro e un centímetro. É característica das rochas plutónicas.

    4. Fenómeno propio dos tubos electrónicos, que consiste na aparición de flutuacións da corrente de saída, que se debe á emisión discontinua do cátodo e ás flutuacións instantáneas na distribución dos electróns entre os electrodos. Tamén recibe o nome de efecto de granalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir a gránulos.

      1. Converter en gránulos as escouras que se obteñen nun forno para poder separar o metal que se atopa mesturado.

      2. Converter un metal escuro en granalla.

      3. Converter en gránulos unha substancia pulverulenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma aguda da tuberculose, que se caracteriza pola presenza de granulacións miliares, grises, no pulmón e noutros órganos. Tamén se denomina tuberculose miliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten estrutura granular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Granito con moscovita e cuarzo ou granito con dúas micas.

    2. Rocha metamórfica catazonal, de alta presión e alta temperatura, de gran fino e color clara, con cuarzo e feldespato principalmente, hiperstena e granate.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á granulita.

    2. Que posúe as características propias da granulita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran pequeno ou partícula.

    2. Celda da granulación da fotosfera solar.

      1. Nome que se aplica a diversos corpúsculos celulares.

      2. Corpúsculo do cloroplasto, máis ou menos cilíndrico, de 0,3 a 2 μ de diámetro e de 0,15 a 1,5 0,1 μ de grosor, que se constitúe por unha morea de 5 a 20 sacos discoides aplanados, que se forman coma prolongación dos tilacoides, e a súa membrana está constituída por un mosaico de cuantosomas. Os gránulos ou grans conteñen a maior parte da clorofila dos cloroplastos. Nas follas chegan a existir de 40 a 60 por cloroplasto.

    3. Pequena pílula dun diámetro entre 1 e 3 mm, que pesa ao redor de 5 a 6 cg e que contén de 0,1 a 1 mg de substancia activa, recuberta por unha capa de sacarosa, goma arábiga ou lactosa. Emprégase moito en medicina homeopática.

    4. Partícula intracelular que se tingue especificamente con determinados colorantes.

    5. Elemento de forma máis ou menos esférica que se pode observar no interior ou na superficie de células, tecidos ou órganos. Pode ser normal ou patolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula embrionaria que dá lugar a un granulocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos leucocitos que conteñen gránulos e lisosomas no citoplasma e un núcleo irregular ou segmentado. Os granulocitos poden ser eosinófilos, basófilos ou neutrófilos, segundo os gránulos teñan afinidade, respectivamente, polos colorantes ácidos ou básicos ou por ningún. Tamén se denomina célula mieloide.

    2. Célula provista de gránulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de granulocitos na medula ósea en cantidades normais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición dos grans dentro dunha capa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lesión que se produce por reacción dos tecidos orgánicos diante da presencia dun axente potencialmente nocivo, coa finalidade de illalo e destruílo. Entre as enfermidades que poden producir granulomas están a tuberculose, a asperxilose, a histoplasmose, a lepra, a sífilis ou a sarcoidose.

    2. Lesión cutánea de nódulos duros e vermellos dispostos en forma de anel.

    3. Granuloma que se desenvolve na raíz dos dentes, que pode conter colonias de bacterias.

    4. histiocitose.

    5. Enfermidade que afecta á pel e aos ganglios linfáticos da área xenital e perianal, de transmisión sexual e de carácter crónico e ulceroso. O axente causante é a bacteria Calymmatobacterium granulomatis, que se denomina tamén Donovania granulomatis en recoñecemento ao médico irlandés Charles Donovan (1863-1951), que foi o primeiro en describir a enfermidade. É unha enfermidade que afecta sobre todo aos países tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xenérico que se aplica ás enfermidades en que a lesión anatomopatolóxica fundamental é o granuloma, como é a granulomatose linfomatoide ou de Wegener.

    2. Cadro que se caracteriza pola presenza de múltiples granulomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao granuloma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proporción relativa dos diferentes elementos contidos nunha masa ou que entran na composición dun morteiro ou formigón.

    VER O DETALLE DO TERMO