"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe asturiana procedente do lugar de Balsera (Oviedo). Esta caste leva como armas: en campo de ouro, un castelo de goles no flanco sinistro, asentado nun val de sinople, ao pé dun cordal branco elevado; diante do castelo e cara ao flanco destro, un piñeiro de sinople cun lebreiro atado ao seu tronco e unha lanza de sable apoiada na mesma árbore, pasando por riba do corpo do animal. Para a rama galega deste apelido recóllese a variante: en campo de ouro, un castelo de pedra ao pé dun monte de prata e, diante del, un piñeiro ao natural arrincado ao que está atado un lebreiro pola metade do seu corpo cunha cadea de ferro, empinado ao tronco, e unha lanza de sable apoiada tamén ao tronco, polo lado destro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lazo grande usado para levantar obxectos pesados ou subir mariñeiros aos paos do barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Viveiro. As súas armas levan, en campo de azul, un balso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Catedrático de Física Teórica e Experimental nas universidades de Salamanca (1933-1941) e Madrid (1941-1963). Traballou no campo das radiocomunicacións e na física doutras enerxías, e foi un gran divulgador da radioastronomía e da astronáutica en diferentes revistas e enciclopedias. En 1941 creou a sección de Electricidade do Instituto de Física Alonso de Santa Cruz, do CSIC. Foi xefe do departamento de Física do Instituto Torres Quevedo, director do Instituto Nacional de Electrónica (1949-1952) e do Alonso de Santa Cruz (1965), e presidente de honor do Centro de Investigaciones Físicas L. Torres Quevedo. Como académico, formou parte da Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona (1948) e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, localizado á beira dereita do río Pisuerga, augas abaixo da confluencia deste río co Arlanzón (1.628 h [1996]). A economía deste concello ten a súa base nas actividades agropecuarias, o cultivo de cereais e videiras, e a gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cepa estéril e brava que non produce viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios, de 1.089 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Bartolomeu que dá nome ao concello de Baltar por ser onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Pedro Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Municipio da comarca da Limia, situado na provincia de Ourense ao S da Comunidade Autónoma, na Raia Seca, na fronteira con Portugal(41º 56’ 57 ‘’ latitude N e 71 43 ‘ 00’’ lonxitude O ). Limita ao N cos concellos dos Blancos e Xinzo de Limia (A Limia), ao S con Portugal, ao L co concello de Calvos de Randín (A Limia) e ao O co de Cualedro (Verín). Abrangue unha superficie de 94 km 2 cunha poboación de 1.126 h (2007), distribuídos nas parroquias de Abades, Baltar, Garabelos do Bouzo, Niñodaguia, Texós, Tosende e Vilamaior da Boullosa. A capital está no lugar de Baltar, na parroquia homónima. Dista 172 km de Santiago de Compostela e 55 km de Ourense e está adscrito ao partido xudicial de Xinzo de Limia e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O concello de Baltar está baixo a influencia do dominio climático oceánico de montaña, propio dunha área cunha elevada altitude media (a capital está a 900 m sobre o nivel do mar) e interior, relativamente lonxe...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido procedente dun antropotopónimo que remite ao xenitivo do nome persoal de orixe xermánica Baltarius; este nome está composto polo xermánico *bal- ‘audaz, valente’ e -arius, forma derivada do gótico harjis ‘exército’, que confluíu co latín -arius.

    2. Liñaxe orixinaria de Verín. As súas armas levan, sobre campo de azul, un baltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cirurxián. Foi director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1923-1926) e un dos pioneiros en realizar extirpacións en Galicia, como as de larinxe, hipófise e próstata, entre outras. Tamén deseñou algúns instrumentos cirúrxicos, entre os que salientan os seguintes: a pinza erina, aplicable nas operacións de cataratas para fixar o glóbulo ocular; un dispositivo para extraer corpos estraños do esófago; e un protector para o seo cavernoso, co que realizou unha hipofisectomía transnasal. En 1908, xunto con Manuel Varela Radío, fundou en Santiago de Compostela o primeiro sanatorio privado predominantemente cirúrxico de Galicia. Publicou artigos no Anuario Internacional de Medicina y Cirugía, na Revista de la Academia Médico-Quirúrgica Compostelana e na Revista General de Medicina y Cirugía; así mesmo, en 1923 formou parte da dirección científica da Revista Médica Gallega. No eido da literatura publicou Canto a la Ría de Arosa....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi catedrático de Anatomía Patolóxica da Universidad de Mendoza e director de Saúde Pública da Patagonia. En 1936 emigrou a Arxentina onde fundou, xunto con Gumersindo Sánchez, o Sanatorio da Avellaneda e organizou o laboratorio de Anatomía Patolóxica do Centro Galego de Bos Aires. Entre 1956 e 1959 presidiu a AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi membro do equipo de dirección da editorial Citania. Escribiu artigos en galego como “Galeguismo, folklore, política e bioloxía” ou “Isaac Díaz Pardo” e, baixo o pseudónimo de Luís Estévez, colaborou na revista bonaerense Galicia emigrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi profesor de Anatomía, Patoloxía e Cirurxía (1932), e director do Sanatorio Baltar (1934-1963) e do Gran Hospital, ambos en Santiago de Compostela. Estudiou o ambiente histórico e médico do s XVIII na obra Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII (1961). Así mesmo, referiuse á relación entre Castelao e a medicina, como reflicten o artigo “Castelao médico” e a obra Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte (1979), onde se recollen algunhas das ilustracións de temática médica realizadas por Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e político. Foi alcalde de Nogueira de Ramuín dende o ano 1976 ata 1995, ano en que se presentou na candidatura á cidade de Ourense;   así mesmo, é presidente da Deputación de Ourense dende 1990. Fundou o partido Centristas de Galicia, do que foi secretario xeral, que posteriormente se integrou no Partido Popular, onde ocupa o cargo de presidente provincial dende 1992; ademais, é membro da executiva rexional do PP e forma parte da comisión permanente do PP español e da súa Xunta Directiva Nacional. Entre os anos 1996 e 2000 foi senador pola circunscrición de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse nun taller de imaxinería, onde, na realización de imaxes e na restauración de retablos, coñeceu o traballo sobre madeira. Foi alumno de Antonio Faílde na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Interesouse polo tratamento de tipos da vida cotiá, sempre resoltos cunha técnica próxima á da talla en pedra que facía o artista medieval ou á propia imaxinería tradicional galega. Destaca a súa obra de produción de retablos e beléns, onde quedaron resumidas as súas propostas estéticas expresionistas, sempre sobre figuras de pequeno formato, representación dos tipos populares galegos.
    A súa obra máis representativa é o Belén de Baltar ou Belén de Ourense exposto dun xeito permanente na Capela de San Cosme e San Damián ourensana. En 1967, a Asociación de Belenistas de Ourense encargoulle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escola de Arquitectura de Madrid e na de Barcelona. Dende mediados dos anos sesenta asentouse en Vigo, onde desenvolveu a súa actividade profesional colaborando con destacados arquitectos como Bar Boo, Xaime Riera ou Xaime Garrido. Compartiu o espírito de renovación dos arquitectos da súa xeración. Entre as súas obras destacan o Centro Médico Povisa (Vigo), a rehabilitación de San Caetano, os edificios de Freiremar, Galiciamar e Iberconsa, os centros da Terceira Idade do Carballiño e A Estrada, e o colexio Rosalía de Castro (Vigo). Foi vogal do Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e un dos fundadores do Colexio de Arquitectos de Galicia. Así mesmo, presidiu Sigalsa e foi vogal da Comisión Superior de Urbanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico traumatólogo. Realizou o seu doutoramento en Italia, coa tese Considerazioni sulla sindrome de Munchmayer, e ampliou a súa formación en Francia. Dende 1973 traballou no Hospital Provincial de Santiago de Compostela, onde foi xefe clínico e xefe do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Foi tamén director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1975-1988). Membro da Sociedad de Cirugía de Galicia, da Sociedad Española de Cirugía e doutras asociacións médicas internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO