"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en 1997 en Vigo, promovida por Edicións Xerais de Galicia. A súa periodicidade é irregular. Dirixida por Xosé Manuel Pereiro, vén sendo o voceiro do denominado movemento bravú. Trátase dunha coprodución da propia editorial cun grupo de escritores, músicos e artistas relacionados co mundo da cultura galega. No seu primeiro número abordan a proposta para a creación dunha selección galega de fútbol. Acompaña a revista un CD onde se recollen temas de músicos e grupos de diferentes tendencias como Manu Chao, Mercedes Peón, Os Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira e Koros i Dansas. Entre as súas seccións destacan: “Arroutadas”, “Selección Xa!”, “Tribus”, “Toques”, “Sonche Contos”, “É o que hai” e “Feira”. Conta coas colaboracións de Manuel Rivas, Xaime Calviño, Xurxo Souto, Santiago Jaureguízar, Fran Alonso e Manuel Seixas, entre outros. Destacan entre algúns dos seus artigos: “Manifesto do Tractor bravú” de M. Rivas, “O Morrazo. Terra Brava” de Pilar Piñeiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario e musical xurdido en Galicia nos anos 90. A literatura bravú ten a súa orixe no eido da música, no chamado rock bravú. Preséntase como unha análise da modernidade dende posturas ruralistas, por oposición ao urbano, á capital, ao centro. A literatura bravú busca ser un signo de identidade, unha forma de comunicación para a cultura rural ou semiurbana que oscila entre o apego á tradición popular (as verbenas, as feiras, as tascas, etc) e as contribucións da vida moderna. Baixo a etiqueta bravú, o sentimento de marxinalidade transfórmase nunha afirmación de orgullo popular: “Vivimos no cu do mundo pero temos bravura para tronza-lo Universo”. Este modo de sentir, que se proclama coa forza e a paixón do que está sen domesticar, do indómito, maniféstase xa na palabra escollida para denominar a tendencia, que alude ao bravío da carne. A tralla e a arroutada (1995), de Xurxo Souto, constitúe un feito fundacional na medida en que se compón dun conxunto de textos ou tokes que...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cheiro repugnante que despiden algúns animais salvaxes como o raposo, algúns animais domésticos e, ás veces, tamén certos peixes ao saíren do mar.

    2. Sabor a bravo que se nota nalgunhas carnes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de bravo.

    2. Acción propia de quen se caracteriza pola súa valentía.

    3. O que se di arrogantemente ou con ameazas intimidatorias de cara a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade técnica dunha peza musical para a súa boa interpretación, que depende dun grao elevado de virtuosismo por parte do artista. A palabra, empregada fundamentalmente nos ss XVIII e XIX, formaba parte de expresións como aria di bravura e allegro di bravura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta eslovaco coñecido co pseudónimo de Ondrej Sládkovič. Pastor evanxélico, pertenceu á escola poética de Ḏ túr. Escribiu Marína (1846) e o poema épico Detvan (1853). En 1939 publicouse unha recompilación dos seus poemas no libro Sobrané básne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, actor, locutor de radio e guionista. Como poeta, vinculado á Xeración poética dos 80, participou nos volumes De amor e desamor I (1984), De amor e desamor II (1985) e Igor de Albatros en Selene (1985); publicou os poemarios Banquete (1990), Entre ruinas (1996), Poemas obxeto e visuais (1999), O sangue dos árabes (1999) ou A caricia da serpe (1999). Escribiu a peza de prosa teatral A promesa (1991); A actriz (1993), coa que gañou o XII Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega e o diálogo O amargo camiño de Walter do Outono, incluído no volume colectivo O camiño das estrelas (1993). Como actor participou en diversos espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993), Nin me abandonarás nunca (1995), Hostia (1996), Como en Irlanda (1996), Lisístrata (1997), O Bufón de El-Rei (1997) ou Memoria de Antígona (1998)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión orixinada ao ser baleirado por erosión o sector axial dun anticlinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de lonxitude que orixinariamente consistía na distancia medida dende o extremo dunha man ata o extremo da outra, cos brazos en cruz. Na actualidade emprégase case exclusivamente para expresar profundidades mariñas e ten distintos valores (entre outras, a española equivale a 1,6718 m e a inglesa a 1,8287 m).

    2. Estilo de natación, o máis elemental de todos. A súa práctica esixe que o corpo, agás a cabeza, estea mergullado horizontalmente ao mesmo tempo que os brazos realizan un movemento semicircular ata a altura do ombro, dóbranse sobre o peito e son levados de novo cara a adiante sincronicamente. Simultaneamente, as pernas ábrense e péchanse realizando un movemento de impulsión auxiliar. Constitúe un dos catro estilos que se practican nas competicións deportivas celebradas segundo a regulamentación da FINA (Federación Internacional de Natación). Nos campionatos internacionais oficiais (Xogos Olímpicos, campionatos mundiais e continentais) dispútase este estilo, tanto na categoría masculina como na feminina, as probas de 100 m e 200 m, ademais daquelas nas que se combinan os catro estilos homologados (individuais: 200 m estilos e 400 m estilos; por equipos: 4x100 m estilos).

    3. Nas representación heráldicas, peza da armadura que recobre o brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de cousas que se poden coller e levar nos brazos ao mesmo tempo.

    2. Movemento enérxico feito cos brazos, especialmente cando se está nadando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas que se poden transportar nos brazos dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza da armadura que cubría o brazo para protexelo.

    2. Asa pola que se colle o escudo.

    3. Fita colocada arredor do brazo como sinal identificativo dalgunha cousa.

    4. Prolongación dun río ou doutra canle de auga.

      1. braceira.

      2. brazal de arqueiro

        Placa de pedra ou óso, con dúas ou catro perforacións, que permiten fixala sobre o antebrazo. A súa función era a protección da vibración da corda do arco. É característico dos enterramentos campaniformes e dos conxuntos do Calcolítico e do Bronce antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aro que se emprega arredor do pulso, do antebrazo ou do brazo como enfeite.

    2. Faixa que rodea o brazo e que sinala algunha cousa.

    3. brazal de arqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e editor lituano. Coa ocupación soviética marchou a Alemaña (1944) e despois aos EE UU (1949), onde se dedicou á edición dunha Lietuviu Enciklopedija (Enciclopedia Lituana); máis tarde levou a cabo unha publicación sobre a cultura lituana titulada Lietuviu Dienos (Días lituanos). Poeta de grandes contrastes, recibiu tanto as influencias realistas como románticas, líricas ou dramáticas. Destaca o seu libro de poemas Amzinas zydas (O xuízo eterno, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das dúas extremidades torácicas do ser humano.

      2. Parte comprendida entre o ombreiro e a man.

      3. Parte de cada extremidade torácica do home comprendida entre o cóbado e o ombreiro (en oposición ao antebrazo). O esqueleto do brazo está constituído polo úmero, que se articula coa escápula no ombreiro e co cúbito e o radio no cóbado. Os músculos do brazo están envoltos pola aponeurose braquial que circunscribe as rexións braquiais anterior e posterior. Na rexión braquial anterior hai dous planos musculares: o superficial, constituído polo deltoide e o bíceps, e o profundo, constituído polo coracobraquial, o braquial anterior e o supinador longo. Na rexión braquial posterior só está o tríceps braquial. Os vasos sanguíneos están constituídos pola arteria e a vea umeral, nos planos profundos, e polas veas basílica e cefálica, nos planos superficiais.

      1. Cada un dos dous apéndices torácicos móbiles, especialmente locomotores, que teñen algúns animais. Nos tetrápodos reciben este nome as extremidades anteriores, relativa ou totalmente liberadas das funcións locomotoras, e que poden ser usadas para a manipulación de materiais ou para a captura de alimentos.

      2. Nome que reciben os tentáculos dos cefalópodos, as extremidades dalgúns equinodermos e as pinzas dalgúns crustáceos.

      1. Parte dunha cousa que se alonga en forma de brazo, partindo dun tronco, eixe ou núcleo.

      2. Barrotes que se sosteñen entre o respaldo e o asento dunha butaca, dun sofá, dun trono, etc, onde a persoa sentada repousa os brazos.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario anarquista, editado na Coruña entre o 1 de maio de 1935 e o 18 de xullo de 1936. Foi o único voceiro, propiamente anarquista na Galicia republicana, das Juventudes Libertarias e dos grupos da Federación Anarquista Ibérica da cidade. Os seus 2.000-3.000 exemplares de tiraxe distribuíronse en Galicia, e tamén en América, entre aqueles emigrantes galegos que simpatizaban coas ideas libertarias. Careceu de director, e foi alentado por un grupo editor que rexeitou calquera tipo de dirixismo e de profesionalización. Nese grupo figuraron o xornalista Idelfonso González, que empregaba o pseudónimo de Gregorio Quintana, Xosé González, Arturo Meirás, Antonio Furnerakis, Xosé Grande, A. Fernández (Furna) e Xoán Expósito, entre outros. Tivo como obxectivo principal a formación dos anarquistas máis novos nun amplo abano de temas: economía, sexualidade, antimilitarismo, ética anarquista, etc. O seu contido trascendeu a temática sindical para centrarse na difusión ideolóxica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno cordel de media vara ou máis ao que se unen varias picas no seu extremo para pescar. Emprégase na costa e nas rías en varias artes pesqueiras, e lévanse ao mar colocadas nunha esporta.

    2. Rebordo vertical dun zapón ou dunha bañeira, que serve para impedir que a auga penetre no barco. As brazolas que protexen a bañeira na proa do pau chámanse rompeondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do estado de Texas, EE UU, formado pola unión dos ríos Bouble Mountain Fork e Salt Fork. De réxime pluvial, o seu curso está inzado de encoros que, ademais dos aproveitamentos hidroeléctricos, abastecen de auga ás cidades e explotacións agrarias das súas beiras. Desemboca no golfo de México, á beira de Freeport, logo dun percorrido duns 1.250 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República do Congo (973.579 h [1992]). Situada na beira dereita do río Congo, sobre o lago Stanley-Pool, esténdese sobre unha serie de terrazas graduais. A cidade medrou polo aluvión de inmigrantes das áreas rurais do país, e para acoller este fluxo humano na súa periferia xurdiron unha serie de novas localidades (Poto-oto, Bacongo e Moukondji-Ngouaka). A súa principal función, dado o seu carácter capitalino, é a administrativa. Tamén é un centro comercial e industrial, condición favorecida tanto polo volume demográfico como polo seu importante porto fluvial sobre o río Congo, navegable augas arriba. Unha liña de ferrocarril une a cidade con Pointe-Noire, o seu porto no litoral atlántico. As principais ramas industriais son a alimentaria, a téxtil, a do coiro, a madeireira, a dos materiais de construción e os talleres ferroviarios. Hai estaleiros de construción de buques para a navegación fluvial. É sede da Université Marien-Ngouabi, fundada en 1961. Foi fundada no 1880 como...

    VER O DETALLE DO TERMO