"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Sociedade cultural creada en 1967 por un grupo de mozos ourensáns encabezados por Pedro Merino Gómez e Santiago Docampo Figueiral co fin de espallar a cultura galega. Axiña se adheriron a ela galeguistas como Otero Pedrayo, nomeado presidente de honor, xunto a outros intelectuais ourensáns como Xesús Ferro Couselo, Xaquín Lourenzo Fernández, Bieito Fernández Alvárez, Eleuterio González Salgado, Salvador Rey Domínguez, Antón Fernández Sánchez, Carlos Guitián Rodríguez e Nemesio Barxa Álvarez. Esta agrupación desenvolveu importantes actividades culturais como a organización de debates denominados Tertulias da Auriense, cursos de lingua e literatura galega, excursións culturais e conferencias sobre temas económicos, sociais, históricos e literarios. O seu boletín interno levou o nome de Boletín da Auriense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traballo en ouro.

    2. Obturación dun dente cariado con ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Método de exploración que consiste en escoitar os fenómenos acústicos dos órganos. A exploración pódese facer por medio da aplicación directa da orella sobre a superficie corporal, correspondente á zona próxima ao órgano a explorar ou mediante un estetoscopio.

    2. Método para detectar posibles defectos nunha peza, máquina ou instalación, baseado na consideración das frecuencias sónicas emitidas por estas durante o seu traballo ou ao percutilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prognóstico feito polos augures a partir da observación do voo dos paxaros ou da forma en que comían o gran.

    2. Sinais que fan presentir o desenvolvemento favorable ou non dun acontecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de quentamento do aceiro ata levalo á temperatura na que a súa masa está composta totalmente (austenitización completa) ou parcialmente (austenitización incompleta) de cristais de austenita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de autenticar.

    2. Confirmación de algo sobre o que se dubidaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de autenticar.

    2. Confirmación de algo sobre o que se dubidaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acusación que un individuo se fai a si mesmo como resultado dun profundo sentimento de culpabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglomeración obtida sen intervención de aglutinantes, sexa por simple acción da calor ou da presión, ou mesmo por calquera outra técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglutinación provocada in vitro por unha autoaglutinina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • retroacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que realizan os ordenadores durante o seu arranque para revisar o correcto funcionamento de todos os seus elementos clave como a memoria RAM, o teclado ou as unidades lectoras de disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que, segundo Iuri M. Lotman, se produce cando un suxeito se transmite a si mesmo unha mensaxe, constituíndose ao mesmo tempo en orixe e destinatario do proceso comunicativo. Dáse, por exemplo, nas anotacións dos diarios persoais ou en aquelas producións destinadas a colectividades culturalmente definidas como parábolas, mitos ou proverbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno producido nun condutor eléctrico situado nun campo magnético alterno sen estar unido ao circuíto que o orixina. O campo produce unhas forzas electromotrices sobre o condutor que son causa das correntes de Foucault no seu interior, co quecemento correspondente.

    2. Síntese mental que dirixe e coordina as diversas funcións elementais para conseguir unha acción harmónica adaptada aos obxectivos finais do individuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia mediante a que o organismo se afana por manterse vivo e rexeita aquelas esixencias que, de satisfacerse, conduciríano á destrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura retórica que consiste en desdicirse de contado, despois de facer unha afirmación para atopar unha fórmula máis enfática ou rotunda.

    2. Opción que ofrecen algunhas aplicacións, en particular as de procesamento de textos, para a revisión ortográfica dun documento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nunha función dependente do tempo, correlación que existe entre os valores desta función, separados por un intervalo de tempo constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación gradual por descomposición aerobia do exceso de materia orgánica das augas naturais contaminadas, grazas á actividade dos microorganismos que nelas viven.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resultado da desviación cara a un mesmo dos impulsos agresivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de decidirse por si mesmo.

    2. Acción dunha colectividade humana, dentro dun marco territorial, de decidir libremente o seu destino político, especialmente de constituírse en entidade estatal autónoma ou independente. Considerada norma xeral das relacións internacionais e entendida como facultade esencial dos grupos nacionais, dá lugar ao chamado dereito dos pobos á autodeterminación, elaborado durante o s XIX dentro da teoría das nacionalidades e expresado de feito no principio das nacionalidades. Formulouse por vez primeira na Declaración de independencia dos EE UU (1776) e na teoría da soberanía nacional dos revolucionarios franceses. Despois do estancamento da Santa Alianza, as revolucións de 1830 e de 1848 (Bélxica, Polonia, Hungría, etc) iniciaron o período das loitas nacionais en Europa. O dereito á autodeterminación foi teorizado e difundido principalmente por nacionalistas italianos como Pasquale Stanislao Mancini e Giuseppe Mazzini, e influíu en Bakunin. Cara ao final do...

    3. autogoberno.

    VER O DETALLE DO TERMO