"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Xesuíta e cardeal alemán. Desde 1917 foi profesor da Sagrada Escritura en Valkenburg e despois en Roma, na Universidade Gregoriana e no Instituto Pontificio Bíblico, do que foi reitor en 1930-1949. Dirixiu a revista Bíblica e foi consultor das congregacións de seminarios, de ritos e do Santo Oficio. No ano 1959, Xoán XXIII nomeouno cardeal e ao ano seguinte presidente do novo secretariado para a unión dos cristiáns. En 1963 Paulo VI escolleuno como membro do Santo Oficio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principal lingua vehicular da Melanesia e das costas orientais de Nova Guinea. É basicamente un pidgin-english introducido polos europeos nas súas relacións comerciais cos papús e cos melanesios, estendido posteriomente polos contactos entre indíxenas de lingua propia diferente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Benxamín Disraeli.
-
-
-
GALICIA
Concello da comarca do Ribeiro situado na provincia de Ourense (42° 19’ de latitude N e 8° 07’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Leiro, ao L cos de Cenlle e Ribadavia, ao S co de Ribadavia e ao O co concello de Carballeda de Avia (todos eles do Ribeiro). Abrangue unha superficie de 6,4 km 2 cunha poboación de 557 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Beade e As Regadas. A capital do concello é o lugar de Beade. Atópase a, 35 km ao O da cidade de Ourense e a 124 km de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ribadavia e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do concello de Beade está baixo o dominio climático oceánico-mediterráneo, caracterizado pola suavidade térmica, tanto nos meses do inverno como nos do verán. Os meses que rexistran as temperaturas medias máis baixas son decembro e xaneiro, con 5°C. O mes máis cálido é xuño, cunha temperatura media que chega aos 19°C. O volume de precipitación media... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Beade. A fábrica actual é do s XVI, aínda que se conservan restos dun edificio románico anterior: no muro S atópase un aleiro con arquiños sobre ménsulas e no muro N, no interior da nave, un friso que anuncia o gótico. Consta dunha nave, con capelas acaroadas a ambos os lados, cuberta cunha bóveda de medio canón. Accédese ao presbiterio por medio dun arco apuntado cuberto por unha bóveda nervada. A fachada principal é barroca do s XVIII, cunha torre-campanario obra do mestre canteiro local Dionisio Vidal (1757). No interior consérvanse diversos sepulcros, entre eles o do comendador de Beade e Ribadavia, frei Arias López Fandiño de Goyáns (1534). Conserva esculturas, de 1608, de Francisco de Moure: santa Ana, santa Isabel, santa Lucía, a Virxe e san Ildefonso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo norteamericano. Profesor en diversas universidades norteamericanas, en 1958 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, xunto con J. Lederberg e E. L. Tatum, por relacionar as vías metabólicas de síntese de enzimas cos xenes e demostrar que cada xene controla a produción dun enzima.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Navío construído en 1820 pertencente ao tipo corveta bergantín de 235 t con dez canóns, que realizou tres expedicións de inspección, das que a máis coñecida é a segunda. Esa viaxe (Devenport 27.12.1831-Falmouth 2.10.1836), que estivo capitaneada por FitzRoy, tiña como misión levantar mapas de navegación da costa da Patagonia e de Tierra del Fuego e, seguidamente, dar a volta ao mundo. Como naturalista viaxaba a bordo Charles Darwin, quen preparou numerosas mostras e recolleu abundantes datos que lle servirían posteriormente como fundamento para elaborar a súa teoría da evolución, publicada no ano 1859.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canal de Tierra del Fuego, situado no extremo meridional de América, que se estende dende a baía Cook, ao O, ata a baía Aguirre, ao L, e separa a Isla Grande de Tierra del Fuego, que queda ao N, das illas Navarino e Hoste.
-
GOLFOS
Golfo do litoral occidental do Territorio do Norte, Australia, situado ao S das illas Bathurst e Melville, en augas do mar de Timor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Designación inglesa empregada internacionalmente para designar a cerámica prehistórica coñecida co nome de vaso campaniforme (beaker pottery) e as manifestacións culturais asociadas (beaker culture, cultura do vaso campaniforme). Empregada de xeito concreto, designa sobre todo as manifestacións das Illas Británicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festa ritual dos celtas irlandeses, segunda en importancia das celebracións anuais. Tiña lugar o primeiro día de maio, coincidindo coa condución dos rabaños aos pastos de estío. Eran características as grandes fogueiras, que tiñan como finalidade a preservación das enfermidades dos animais. Toma o seu nome da deusa Beltaine, protectora do gando e das colleitas.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Boiro. Construída no último terzo do s XII, conserva a súa ábsida románica. De planta rectangular, está delimitada por un arco triunfal de medio punto e, no interior da capela, conta cun arco faxón. Ambos descansan sobre catro columnas. Tres delas presentan capiteis con decoración vexetal a base de grandes follas lisas rematadas en bólas e volutas. No cuarto capitel aparecen dúas parellas de aves dirixidas cara aos vértices da cesta que semellan peteirar as follas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica, licenciada en Literatura Americana Contemporánea. Descuberta por un fotógrafo, fíxose co papel protagonista de Flashdance (A danza do lóstrego, 1983). Tamén participou nos filmes: The Bride (A prometida, 1985), Mrs. Parker and the Vicious Circle (A señora Parker e o círculo vicioso, 1994), Devil in a Blue Dress (O demo vestido de azul, 1995), Four Rooms (Catro habitacións, 1995) e Let It Be Me (Deixa que sexa eu, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta especializado en salto de lonxitude. Nos Xogos Olímpicos de México (1968) saltou 8,90 m, distancia que lle permitiu gañar a medalla de ouro e que se mantivo como plusmarca mundial ata 1991, data na que o seu compatriota M. Powell saltou 8,95 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural que se encontra moi elevado.
-