"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Plano fotográfico elaborado reunindo fotografías aéreas, que foron previamente reducidas utilizando unha mesma escala (ortofotoplano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte medial do fuso acromático da célula vexetal sobre a que se forma a placa celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana, filla de Teodosio I o Grande. Apresada por Alarico durante o saqueo de Roma polos visigodos (410), casou co rei visigodo Ataúlfo (414) e acompañouno a Hispania. Enviuvou no 415 e casou con Constancio, xeneral do seu irmán, o Emperador Honorio, e emperador no 421. Trala morte do seu esposo fuxiu a Constantinopla acusada de conspirar contra Honorio e conseguiu que recoñecesen como emperador de Occidente o seu fillo Valentiniano III (425). Exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade. Consérvase o seu mausoleo en Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 9 de xullo de 1882. Cesou a súa edición ao redor de 1892. Subtitulouse “Revista semanal de Archivos y Bibliotecas, Historia, Arqueología, Heráldica, Literatura, Ciencias y Artes”. Dirixiuna Bernardo Barreiro de Vázquez Varela. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel Mirás Álvarez. Ademais dos contidos que se mencionan no seu subtítulo, engadiu unha sección literaria na que se reproduciron cantigas, poemas e biografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo aparecido a partir de 1957 en Bos Aires. Trátase dunha publicación societaria editada polo Centro Galego de Mar del Plata e dirixida en diferentes épocas por Secundino Bugallo Alonso e Xoán Vázquez García. Incluíu artigos referidos á paisaxe, á arquitectura e á cultura de Galicia, biobliografías de destacados escritores galegos, poesías e textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica para a obtención de obxectos metálicos por electroformación a partir de modelos (moldes) que actúan como negativo do obxecto e que despois se separa, de xeito total ou parcial, da peza obtida. O molde ten que estar constituído por un material quimicamente inerte, indeformable nas condicións da electrólise e ademais pode ser condutor ou non; no segundo caso débese preparar previamente a superficie para que se converta en condutora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á galvanoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bloqueo da transmisión do impulso nervioso no nivel da sinapse ganglionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos axentes farmacolóxicos que actúan interceptando a transmisión do influxo nervioso no nivel da sinapse ganglionar das vías nerviosas vexetativas parasimpáticas e simpáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Suposto rei de Pamplona (905), fillo de Fortún Iñíguez. De nome García Fortún, sucedeu a Fortún I sendo moi novo e foi substituído ese mesmo ano por Sancho I, primeiro soberano da dinastía Ximena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (852-882?), fillo de Íñigo I de Pamplona. De nome García I Íñiguez, rompeu a alianza do seu pai cos Banū Qasī e aliouse co rei asturiano Ordoño I (859). Tras avanzar cara ao S nas chairas do Arga e do Aragón, enfrontouse sen éxito ao exército de Mūsà ibn Mūsá Fortun, polo que Pamplona foi devastada e o seu fillo e herdeiro, Fortún Garcés, feito prisioneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (925-970) e conde de Aragón (García I), fillo de Sancho I de Pamplona e de Toda. De nome García Sánchez I, casou coa filla do conde de Aragón, Andregoto Galíndez, co que vinculou o condado aragonés ao Reino de Pamplona. Vasalo de ‘Abd al-Ra ḥ mān III durante a rexencia da súa nai, axudou a Ramiro II de León na Batalla de Simancas (939). Trala subida ao trono do califa al-Hakam, enfrontouse a el ao negarse a entregarlle o seu prisioneiro, o conde Fernán González. No 962 asinou unha alianza co rei de León e os condes de Castela e Barcelona contra o califa cordobés, o que provocou sucesivas acometidas musulmanas nas que se perderon varias prazas, como Atienza e Calahorra (968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? -? 1000?) Rei de Pamplona e conde de Aragón (García II 995?-1000?), fillo de Sancho II de Pamplona e de Urraca de Castela. De nome García Sánchez II, aliouse cos condes de Castela contra os musulmáns, polo que sufriu en represalia os ataques de Almanzor (994, 997 e 999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atentado frustrado contra Afonso XIII acaecido durante a viaxe de volta a Madrid, despois da súa visita a Barcelona (6 de xuño de 1925). A policía descubriu a bomba colocada antes do paso do tren e detivo como autores a sete militantes de Estat Català, que foron amnistiados en 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise da lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número igual a 10 á potencia googol (10googol).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión de planificación estatal da URSS, creada en 1921 para a elaboración dos plans económicos soviéticos. Foi de-señada coa intención de dirixir a actividade económica da URSS e as súas relacións económicas cos demais países. A súa tarefa era a elaboración do plan xeral e o control da súa execución a través dos representantes do Gosplan nas diversas repúblicas da URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Enxeñeiro técnico industrial e diplomado en Relacións Laborais e Empresariais, foi cofundador da UGT-Galicia e primeiro presidente democrático do comité de empresa de Citroën. Foi deputado do grupo Socialista do Congreso pola provincia de Pontevedra desde a I á IV lexislaturas (1979-1993). É patrón das Fundacións Celso Emilio Ferreiro e Luís Tilve.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos halíplidos.

    2. Insecto da familia dos halíplidos.

    3. Familia de insectos coleópteros de 2,5 a 4,5 mm de lonxitude. Presentan unha coloración amarela con manchas negras. A súa cabeza é pequena con ollos prominentes, antenas filiformes, patas posteriores máis longas ca as medias e ca as anteriores e con pelos que lle permiten nadar. Comprenden 4 xéneros cunhas 200 especies de distribución principalmente en zonas temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto propio das augas mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO