"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de novelas de exaltación patriótica, a súa obra principal Povest o nastojaščem čeloveke (Novela dun home auténtico, 1946) recibiu o Premio Stalin 1947, galardón que volveu gañar en 1949 con My sovetskije l’udi (Nós, os soviéticos, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de lonxitude de valor variable segundo os países ou as localidades. Corresponde aproximadamente á amplitude dun polgar.

    2. Unidade de lonxitude utilizada nos países anglosaxóns, igual a 1/36 da iarda ou 1/12 do pé. Represéntase por in e equivale a 25,4 mm. Para superficies e volumes emprégase, respectivamente, a polgada cadrada (6,451 cm 2 ) e a polgada cúbica (16,387 cm 3 ).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao dedo primeiro e máis groso da man e que só ten dúas falanxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extremo dunha atadura que se une ou ata ao extremo contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • acetato de polivinilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alcohol polivinílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia termoplástica obtida por polimerización do cloruro de vinilideno (CH2=CCl2) ou do dicloroetileno (CHCL=CHCL), que se caracteriza pola súa resistencia á calor e a súa impermeabilidade ao vapor de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina sintética que se obtén da polimerización do cloruro de vinilo. Emprégase moito porque é económico, fácil de fabricar, incombustible e resistente á humidade e aos axentes químicos. Obtense industrialmente por polimerización en suspensión do monómero, empregando como iniciador un peróxido orgánico. Emprégase na fabricación de tubos, materiais para a construción, etc, e ten como inconveniente nestas aplicacións a súa inestabilidade térmica e un elevado coeficiente de dilatación. En forma plastificada, na que carece de flexibilidade, aplícase na impermeabilización de tecidos, como illante eléctrico e na preparación de películas, láminas e escumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliéter lineal que se obtén por polimerización e abertura do anel do óxido de etileno. As súas propiedades dependen do peso molecular. Os de peso molecular baixo

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliéster lineal que se obtén por policondensación do tereftalato de dimetilo co etilenglicol mediante unha reacción de transesterificación catalizada por sales, óxidos ou alcóxidos de diversos metais. O de peso molecular superior a 20.000 é unha substancia ríxida, incolora, con gran tendencia á cristalinidade. Presenta propiedades illantes eléctricas. Aplícase na fabricación de fibras téxtiles e na preparación de películas que se empregan como illantes eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘moitos, varios’.

    2. Prefixo que se emprega en química anteposto ao nome dun composto ou ión, para indicar a repetición deste un gran número de veces nunha estrutura de tipo polimérico.

    3. Prefixo que se emprega en química anteposto a un nome ou afixo de clase funcional, que indica que un mesmo grupo funcional se repite dúas ou máis veces nunha mesma estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás bases e aos alcois que teñen unha molécula con dous ou máis hidroxilos capaz de combinarse con dúas ou máis moléculas dun ácido monobásico para formar un sal ou un éster. Adoita falarse de ácido polibásico e de alcohol polihidroxílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero do acrilonitrilo preparado principalmente mediante polimerización do monómero en solución acuosa saturada de sales inorgánicos (perclorato sódico, cloruro de cinc), ou de líquidos orgánicos polares (dimetilacetamida, dimetilsulfóxido). Presenta un peso molecular medio de 80.000-170.000. Emprégase na fabricación de fibras téxtiles e coñécese comercialmente como orlón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta os estames reunidos en máis de tres fascículos.

    2. Que presenta estames poliadelfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • poliadenite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación simultánea de moitos ganglios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de varios tumores benignos debido á proliferación do epitelio glandular do tubo dixestivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que presenta múltiples adenomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de polimerización que se produce pola interacción de grupos funcionais de distintas moléculas do monómero sen eliminación de ningunha molécula pequena, a diferenza das polimerizacións por condensación ou policondensación. Son exemplos característicos, as reaccións entre glicois e diisocianatos para formar poliuretanos, e as polimerizacións por abertura de anel, como a transformación do óxido de etileno en polietilenglicol e a da caprolactama en poliamida (nailon-6).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e grafista. Formou parte da escola de París, onde se estableceu en 1923. Evolucionou cara á abstracción e en 1938 contactou con V. Kandinskij e R. Delaunay. O seu espazo pictórico está composto por formas planas, coma se fosen placas, que se articulan a xeito de mosaico. Destacaron Composition rouge et vert (1962) e Composition grise, rouge et jaune (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO