"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

    1. Relativo ou pertencente á homografía.

    2. Aplícase ás figuras entre as que se pode establecer unha homografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á unidade en que se produce homografía. Por exemplo, présa [‘ε] ‘rapidez’ e presa [‘e] ‘cantidade’; óso [‘ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ ] ‘parte do esqueleto’ e oso [‘o] ‘animal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aeroescorregador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO da capital (2.257 h [2001]). É un termo agrícola e gandeiro. Posúe industria conserveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delineación sobre un papel da sección horizontal dun edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á icnografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia auxiliar da Historia da Arte que serve para descrifrar a temática dunha obra. A análise iconográfica permite atopar as fontes, a orixe e a definición dun tema determinado e estudar a súa evolución. No Renacemento comezaron a estudiarse as representacións das divindades clásicas, dos temas simbólicos e alegóricos, e a arte das catacumbas. No s XIX iniciáronse os estudios da iconografía medieval. No s XX destacaron as achegas de L. Réau e E. Mâle e a evolución da iconografía a partir de Aby Warburg.

    2. Colección ou clasificación de retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á iconografía.

    2. Conxunto de temas vinculados entre si de forma narrativa ou que conteñen significados simbólicos relativos, en xeral, a dogmas ou conceptos doutrinais básicos.

    3. Ideación previa e determinada dun conxunto de temas figurativos, seleccionados e ordenados segundo unha intención significativa concreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en iconografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritura ideográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ideograma.

    2. Aplícase á escritura que utiliza ideogramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica que permite a exposición dunha información a través de palabras e debuxos, independentemente de que estes foran creados coa axuda da informática. Nos medios de prensa escrita, trátase dunha achega informativa, realizada con elementos icónicos tipográficos, que permite ou facilita a comprensión dos acontecementos, accións ou cousas da actualidade ou algúns dos seus aspectos máis significativos, e acompaña ou substitúe o texto informativo. Poden distinguirse dous grandes grupos: as individuais, nas que se trata un único tema, e as colectivas, que son infografías continente que serven para situar outras de menor tamaño. O traballo infográfico na prensa cumpre oito requisitos fundamentais: dá significado a unha información plena e independente; proporciona a información de actualidade suficiente; permite comprender o suceso acontecido; contén información escrita con formas tipográficas, así como elementos icónicos precisos; pode ter capacidade informativa suficiente...

    2. Imaxe obtida mediante esta técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada na realización de infografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en 1970 que integrou servicios preexistentes, como o Servicio Nacional de Información Documental y Bibliográfica, o Depósito Legal e a Comisión Nacional de Planificación y Coordinación Bibliográfica. Ocupábase da realización da bibliografía en curso de todas as publicacións en lingua española. Pasou a depender da Biblioteca Nacional (1985) e realiza o control e cuantificación da produción bibliográfica do Estado mediante a elaboración da Bibliografía Española, coa clasificación e a catalogación de todas as obras impresas en España, e da asignación do número internacional das publicacións períodicas International Standard Serials Number (ISSN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo do Estado fundado en 1914 polo profesor Odón de Buen. O seu ámbito de estudio, recollido no Real Decreto, céntrase nas condicións físicas, químicas e biolóxicas dos mares que bañan o litoral galego coas súas aplicacións aos problemas pesqueiros. Administrativamente dependeu do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes (1914), Fomento (1928), Mariña (1932), Comercio (1963), Transportes e Comunicacións (1977), Agricultura, Pesca e Alimentación (1980); desde o ano 2000 pertence ao Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Conta con varias dependencias situadas en Madrid (a central), Vigo, A Coruña, Gijón, Santander, Canarias, Málaga, Murcia e Illes Balears. O centro de Vigo creouse en 1936 e dedícase principalmente a temas de biotecnoloxía pesqueira e contaminación mariña; e o centro da Coruña foi creado en 1968 e traballa fundamentalmente nos cultivos e explotacións de moluscos, dinámica de poboacións de peixes, sobre todo túnidos, ecoloxía do plancto e comunidades bentónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que, recorrendo unha curva f(x) a partir dun punto de abscisa a, debuxa a integral, ou sexa, a función F(t) "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ ta f(x) dx

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se produce logo de que se deposite unha capa e, antes de que sedimente, a seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imitación exacta da escritura doutra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bychory 1914 - Lucerna 8.8.1996) Director de orquestra e compositor checo. Foi director titular da Orquestra Filharmónica Checa (1941-1948), da Orquestra Sinfónica de Chicago (1950-1953) e da Orquestra do Metropolitan de Nova York (1973-1974), e destacou, sobre todo, no repertorio romántico alemán. É autor de diversas óperas, de dúas sinfonías e de música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militante republicano, foi deputado e senador en diversas ocasións. Defendeu a autonomía das Antillas e a abolición da escravitude. Foi membro do movemento krausista e contribuíu á fundación da Institución Libre de Enseñanza (ILE).

    VER O DETALLE DO TERMO