"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Construción situada en Lourizán (Pontevedra). Ergueuse a comenzos do s XIX, en estilo modernista. Ten cuberta de lousa, cunha combinación de pequenas cúpulas e mansardas de estilo francés, e destacan os enormes ventanais e a ornamentación. Foi propiedade de Uxío Montero Ríos e da súa familia, e converteuse posteriormente en sede do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, dependente da Consellería de Medio Ambiente. Os seus terreos dedicaronse á plantación e mostraxe de especies forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión da provincia romana da Tarraconense ou Hispania Citerior. Esta circunscrición territorial e administrativa, creada polo Emperador Augusto, tiña por capital a cidade de Lucus Augusti (hoxe Lugo), onde se centralizaba a recadación fiscal, se executaba a xestión económica e se administraba xustiza. O seu límite polo S estaría na ría de Vigo e continuaría polo río Verdugo, a serra do Suído e o río Sil; polo L lindaría coas serras do Courel, Ancares e Rañadoiro, seguindo polo curso medio e baixo do río Navia. O seu territorio incluía a maior parte de Galicia. Segundo as fontes clásicas de Plinio e o censo de Agripa, contaba con 166.000 homes libres organizados ao redor de 15 populus e tiñan un carácter maioritariamente céltico, confirmado polos topónimos e a onomástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa conserveira fundada en 1994 na Pobra do Caramiñal co obxectivo de crear produtos de calidade. Dedícase á produción de conservas artesanais de produtos do mar e ten como especialidade as delicatessen. Traballa para o mercado estatal, aínda que tamén distribúe os seus produtos nalgúns países da Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Etruria (1801-1803) e infante de España, fillo de Fernando I de Parma. Aceptou o trono do Reino de Etruria, creado por Napoleón. Durante o seu breve reinado, Etruria permaneceu ocupada polos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Etruria (1803-1807) e duque de Parma (Carlos II de Parma) e Piacenza (1847-1849), fillo de Luís de Borbón, rei de Etruria, e de María Luísa, filla de Carlos IV de España. Obrigado a abdicar por Napoleón, instalouse primeiro en Francia e despois no Ducado de Lucca e, ao morrer a súa nai, obtivo o Ducado de Parma. A Revolución de 1848 obrigouno a abdicar en favor do seu fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corda grosa e longa que se utiliza para amarrar a carga dun carro ou dun remolque.

    2. rata augadeira.

    3. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘corda’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo e psicólogo ruso. Membro da Academia de Ciencias Pedagóxicas da antiga URSS, continuou a obra de Vigockij e estudiou as relacións entre o cerebro e as funcións superiores do home, especialmente a linguaxe. Da súa produción destacan O cerebro do home e os seus procesos psíquicos (1963), Fundamento de neuropsicoloxía (1973) e Linguaxe e consciencia (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico xudeu. De familia alemana, foi educado en Exipto, onde coñeceu o Séfer ha-Zohar e adoptou a cábala. Establecido en Safed en 1570, tivo numerosos discípulos, entre os que destacou Ḥ ayyim Vital, principal divulgador da súa doutrina. Luria elaborou un sistema místico inspirado, en boa parte, por Yosef Alcastell de Xátiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico italiano. Traballou no Instituto Pasteur de París e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde investigou sobre os bacteriófagos. En 1942 obtivo co microscopio electrónico unha fotografía dun bacteriófago onde se reflexaba a súa morfoloxía: cabeza arredondada e rabo longo. En 1943, en colaboracion con Max Delbrück, demostrou que os bacteriófagos sofren mutacións como os organismos superiores. En 1945, descubriu, ao mesmo tempo e independentemente de Alfred Hershey, a aparición simultánea de mutacións na bacteria hospedeira e no fago parasito, fenómeno que se coñece como mutación inducida polo hospedeiro. Entre as súas obras destacan General virology (1953) e Vida: un experimento inacabado. En 1969 recibiu, xunto co M. Delbrück e A. D. Hershey, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus traballos sobre os bacteriófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desexo esaxerado dos praceres sexuais.

    2. Exceso esaxerado de algo, especialmente referido á vexetación.

    3. Un dos sete pecados capitais, segundo o catecismo católico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi abundante ou que está moi desenvolvido, especialmente referido á vexetación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é proclive ou que está dominado pola luxuria.

    2. Que é moi abundante ou que está moi desenvolvido, referido especialmente á vexetación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Foi inspector de primeiro ensino na zona de Xinzo de Limia. Vinculado á Institución Libre de Enseñanza, foi un dos introdutores da renovación da educación en España entre 1914 e 1936 e un dos defensores das ideas da escola nova. Presidiu a Liga Española de Educación e foi, ademais, secretario técnico do Ministerio de Instrución Pública e secretario de publicacións do Museo Pedagógico de Madrid. Fundou a Revista de pedagogía (1922), que ademais dirixiu durante catorce anos. A partir de 1938 foi profesor da Universidad de Tucumán. Escribiu La enseñanza primaria en España (1915), Ensayos de pedagogía e instrución pública (1920), La escuela única (1932), Reforma de la educación (1945), La pedagogía contemporánea (1947), La escuela nueva pública (1948), Pedagogía (1950), Pedagogía social y política (1954) e La Institución Libre de Enseñanza y la educación en España (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de Francia e duque de Magenta. De orixe irlandesa, foi gobernador de Alxeria (1864-1870), interveu na Guerra Franco-prusiana e estivo prisioneiro en Sedan. Despois de reprimir a Comuna de París de 1871, foi presidente da República en substitución de Thiers (1873-1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Robert John Le Mesurier McClure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático escocés. Na súa obra fundamental A Treatise of Fluxions (1742), prolongou, con métodos orixinais os cálculos do seu mestre I. Newton sobre determinadas cuestións aínda non aclaradas, como a figura de equilibrio dunha masa fluída en rotación ou a atracción que exerce por un elipsoide homoxéneo sobre puntos da súa superficie ou do seu interior. Estableceu tamén a fórmula Maclaurin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula que dá o desenvolvemento en serie de Taylor   no punto x = 0 dunha función f(x), real ou complexa, derivable ata a orde n + 1.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macrúridos.

    2. Peixe da familia dos macrúridos.

    3. Familia de peixes que presentan a cabeza grosa, con ollos moi grandes, e o corpo que se vai estreitando ata converterse en longas e delgadas colas, de ata 30 cm de lonxitude. Algunhas especies viven a 900 m, aínda que existen outras que poden vivir ata 3.900 m de profundidade. OBS: Tamén se denominan colas de rata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macruriformes.

    2. Peixe da antiga orde dos macruriformes.

    3. Antiga orde de peixes da clase dos osteíctios, actualmente incluídos na orde dos gadiformes. Constitúen un pequeno grupo de formas abisais, denominadas en xeral peixes rata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor belga. Relacionouse en París con poetas simbolistas. Das súas obras poéticas destacan Les serres chaudes (1889) e Douze chansons (1896). En teatro tamén introduciu elementos simbolistas, como en La princesse Maleine (1889), L’intruse (1890), Les aveugles (1890), Les sept princesses (1891), Pelléas et Mélisande (1892) e Intérieur (1894). A partir de 1896 acentuou o seu pesimismo e o significado da aceptación da adversidade a través da contemplación da natureza, como reflicten os seus ensaios filosóficos Trésor des humbles (1896) e La sagesse et la destinée (1898), os dramas Soeur Béatrix (1901), e os estudios de historia natural La vie des abeilles (1901). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO