"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Combate que se desenvolveu en Stalingrado no transcurso da Segunda Guerra Mundial (1942-1943). Logo de franquear o Don, as tropas alemás, baixo as ordes de Von Paulus, atacaron a cidade, defendida polos rusos, comandados por Čujkov. Os alemáns ocuparon algunhas zonas da cidade, pero non conseguiron pasar o Volga. A finais de novembro, as tropas rusas atacaron e rodearon ás de Von Paulus, que capitulou o 21 de xaneiro de 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos territorios de Europa Occidental que presentan un carácter atlántico atenuado.

    2. Aplícase ás plantas que, debido a un óptimo grao de crecemento no interior da provincia atlántica, saen fóra dos límites xeográficos desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás partículas que constitúen o átomo e o seu núcleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Foi profesor nas universidades de Harvard e Cornel en Ithaca. Foi o primeiro en cristalizar un enzima, a urease (1926). Das súas obras destacan Textbook of biological chemistry e Chemistry and methods on enzymes (1943). En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e W. M. Stanley, o Premio Nobel de Química, polo seu descubrimento sobre a cristalización dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do megye de Vas, Hungría (82.000 h [2000]). Chamada Claudia Savaria polos romanos, era capital da Alta Panonia e foi destruída polos hunos en 445. No s XI integrouse no Reino de Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar na vila de Tannenberg, preto de Osterode, en Prusia oriental, os días 26-29 de agosto de 1914, ao inicio da Primeira Guerra Mundial, entre o exército alemán, dirixido polo xeneral Hindenburg, e as tropas rusas do xeneral Samsonov. Os exércitos rusos, dirixidos por Rennekampf e por Samsonov, invadiran Prusia Oriental. Hindenburg atacou e derrotou completamente ao illado Samsonov preto de Uzdowo, un pouco ao S do histórico lugar de Tannenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Saõ Paulo, Brasil (255.625 h [estim 2003]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexemento voluntario de infantaría de liña creado en Bos Aires o 17 de setembro de 1806 por Pedro Antonio Cerviño Núñez, director da Escuela Náutica, para defender a cidade dun ataque británico similar ao acontecido meses antes. Constaba de 600 homes distribuídos en 8 compañías de fusileiros de liña e unha de granadeiros lixeiros, 10 tambores, 1 pito ou pífano militar e, completando a fanfarra musical, as gaitas tomadas como trofeo de guerra ao 71º rexemento de Highlanders de Escocia. Tivo dúas bandeiras de seda branca: unha coronela coas Armas Reais nun lado e a cruz encarnada do Apóstolo Santiago, o seu patrón, no outro; e unha batallona co escudo do Reino de Galicia por un lado e o escudo de Bos Aires polo outro. Foi destinado á Banda Oriental de Uruguay, unha vez ocupada esta a comezos de 1807, pero non entrou en combate pola inmediata caída de Montevideo. O 2 de xullo de 1807 enfrontouse nos Corrales de Miserere ás tropas do xeneral J. Whitelocke e, despois da xornada do 5...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento librado en Teruel desde o 15 de decembro de 1937 ata o 23 de febreiro de 1938, durante a Guerra Civil Española. Foi iniciada polos republicanos, liderados polo xeneral Vicente Rojo, co fin de evitar un ataque inminente das tropas franquistas a Madrid. As forzas republicanas infiltráronse e cercaron por sorpresa Teruel (entre o 15 e o 16 de decembro), onde entraron o 21 de decembro. Despois de varios intentos, a contraofensiva franquista, liderada polos xenerais Aranda e Varela, conseguiu levantar o cerco de Teruel (entre o 17 e o 23 de febreiro) e facerse coa cidade tras a rendición dos republicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate disputado preto de Tetuán o 4 de febreiro de 1860 entre o exército expedicionario español, comandado polo xeneral Leopoldo O’Donnell, e as tropas marroquís, durante a Guerra de África. A vitoria española permitiu a ocupación da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Gregorio Lazzarini, traballou (1751-1753) en Würzburg e para Carlos III, que lle encomendou a decoración do Palacio Real de Madrid e varios cadros (entre 1762 e 1764). Sobresaíu nas decoracións murais e de teitos, onde utilizou normalmente o trompe-l’oeil. Nas súas obras seguiu a tradición colorista veneciana, aínda que aclarando as cores. Decorou tamén o Palazzo Ducale de Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento bélico entre as forzas de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, dunha banda, e a coalición integrada por Afonso V de Portugal e unha parte da nobreza castelá, da outra, que tivo lugar o 1 de marzo de 1476. Episodio da loita sucesoria entre Isabel I e Xoana a Beltranexa, o rei portugués, axudado por Luís XI de Francia, tomou partido por Xoana e invadiu Castela. Asediados os portugueses e os partidarios de Xoana na vila de Toro, tivo lugar a batalla en Campo Peláez, que concluíu de maneira favorable para o bando isabelino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Táboa ou pedra que se coloca sobre o lintel dunha fiestra para protexela da chuvia.

    2. Conxunto de táboas que separan o teito do tellado, cando este non existe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita naval entre a frota británica e unha coalición francoespañola, que tivo lugar o 21 de outubro de 1805 preto do cabo de Trafalgar (Cádiz) durante a terceira coalición contra Francia. Dirixía a frota inglesa o almirante Nelson, e a francoespañola o almirante francés Pierre Charles de Villeneuve e o español Federico Carlos Gravina. A vitoria dos ingleses foi total, o que lle deu a Inglaterra a preponderancia marítima europea ata a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento armado entre cartaxineses e romanos, durante a Segunda Guerra Púnica, que rematou coa vitoria esmagadora de Aníbal sobre G. Flaminio, que perdeu 15.000 soldados na chaira estreita entre as montañas e a beira setentrional do lago Trasimeno (217 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en Uclés (Cuenca), o 30 de maio de 1108, entre as tropas dos almorábides e as de Afonso VI, que sufriron unha gran derrota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en Uclés (Cuenca) o 13 de xaneiro de 1809. No curso da Guerra da Independencia, enfrontou as tropas francesas do mariscal Victor e o exército español do centro, comandado polo duque de El Infantado, que sufriu unha gran derrota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Mongolia e ajmag independente (4.700 km2; 773.700 h [2000]). Situada ao N do país, xunto ao río Tuul, preto dun importante xacemento de lignito, medrou rapidamente grazas á modernización e á industrialización. É o único centro industrial do país organizado segundo o sistema soviético de combinados industriais. Primitivo centro de migración estacional, en 1639 converteuse en capital relixiosa grazas á construción do mosteiro Da Khure, residencia do bodgo-gegen (gran sacerdote do budismo tibetano). Os rusos chamárona Urga. Coa independencia de Mongolia exterior (1911), converteuse en capital, co nome de Niislel Khureheh, e despois da ocupación das tropas revolucionarias e soviéticas (1921) foi capital da nova república (1924) co nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos marsupiais caracterizado polo seu tamaño (é o máis grande da familia) e por ter o fociño pelado, as orellas curtas e redondeadas e o pelo menos fino. Habita nas zonas montañosas da Australia suroccidental, en Tasmania e na illa de Flinders.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de armas acontecido o día 26 de xullo de 920 entre ‘Abd al-Ra ḥ mān III e o exército navarro-leonés de Ordoño II e Sancho Garcés I, en que venceu o primeiro. A batalla foi consecuencia do desexo do califa cordobés de resarcirse da anterior derrota que sufrira en Santo Estevo de Gormaz (917), e non alterou substancialmente as fronteiras existentes.

    VER O DETALLE DO TERMO