"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Instrumento que mide a intensidade dunha radiación nunha zona determinada de lonxitudes de onda do espectro. En química emprégase para determinar o espectro de absorción (intensidade da absorción da enerxía radiante en función da lonxitude de onda) dunha mostra de materia, especialmente nas rexións do ultravioleta, do visible e do infravermello. Os espectrofotómetros de feixe único están constituídos esencialmente por un foco de radiación electromagnética continua, unha cela portamostras, un monocromador e un detector. No infravermello, o foco é un emisor de Nernst, e o detector é un bolómetro, un termopar, unha cela pneumática de Golay ou unha cela piroeléctrica. O monocromador é un prisma ou unha rede de difracción; máis raramente, un interferómetro. A óptica do instrumento ten que ser transparente na rexión espectral estudiada. Os espectrofotómetros de dobre feixe comparan directamente a intensidade transmitida pola mostra, da que se calcula a absorbida, coa transmitida polo disolvente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que consiste nun espectrohelioscopio dotado dunha cámara cinematogáfica, que se emprega para filmar a evolución de fenómenos solares, xeralmente en luz monocromática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua auxiliar internacional creada en 1887 por Ludwik Lejzer Zamenhof, autor dun manual que asinou co pseudónimo de Doktoro Esperanto (Doutor Esperanzado). O esperanto consta de 16 regras fundamentais, entre as que destacan: cada letra pronúnciase como se escribe e viceversa. O acento prosódico recae sempre sobre a penúltima sílaba. Existe un único artigo, determinado e invariable, la. Só hai 11 morfemas gramaticais: os substantivos rematan en o; os adxectivos, invariables para o xénero, rematan en a; os substantivos e adxectivos fan o plural en j; o acusativo, marca do complemento directo e do lugar a onde se vai, acaba en n; os adverbios rematan en e; os verbos non cambian nin de persoa nin de número, e terminan en i (infinitivo), as (presente), is (pasado), os (futuro), us (condicional) e u (volitivo, equivalente a imperativo e mais subxuntivo). A partir da raíz obtéñense as distintas categorías gramaticais. Por exemplo, da raíz flor- obtense floro (‘flor’, substantivo), flora (‘floral’,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • espermat(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distensión quistosa do epidídimo ou da rede testicular que contén espermatozoides e outras células xuntamente con glóbulos de graxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gametocisto produtor de aplanogametos, os espermacios, propio das plantas que se reproducen por tricogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula procedente do crecemento e división das espermatogonias dentro do proceso de espermatoxénese. Distínguese entre espermatocito primario ou de primeira orde, que é o resultado do crecemento das espermatogonias, e espermatocito secundario ou de segunda orde, que procede da división meiótica dos espermatocitos primarios e que sofre a segunda división meiótica para orixinar as espermátidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás espermatófitas.

    2. Planta da división das espermatófitas.

    3. División do reino vexetal constituída polas plantas con flores e froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura capsular, de natureza proteica, que contén os espermatozoides dos machos de especies con fecundación interna sen cópula. Esta estrutura envolve e protexe os espermatozoides dende que saen do aparato reprodutor masculino ata que entran no feminino. Durante o proceso reprodutor, os machos depositan o espermatóforo no chan de onde é recollido polo aparato xenital das femias e aloxado nunha cámara ou espermateca. Cando o espermatóforo rompe e libera os espermatozoides ten lugar a fecundación. Dáse nalgúns invertebrados, como insectos, arácnidos e cefalópodos, e nos anfibios urodelos.

    2. Placenta do froito transformada nun soporte das sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula do aparato reprodutor masculino de que derivan, por meioses e mitoses sucesivas, os espermatozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derramamento excesivo e involuntario de seme sen coito e, ás veces, sen erección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos que interveñen na formación dos gametos masculinos. Inclúe unha serie de divisións celulares que se producen nos tubos seminíferos dos testículos, unha vez o animal chega á madurez sexual. A formación dos gametos comprende a proliferación das células xerminais ou espermatogonias, o crecemento das espermatogonias formadas para dar lugar aos espermatocitos de primeira orde, a fase redutora que comprende dúas divisións consecutivas dos espermatocitos, unha que dá lugar aos espermatocitos de segunda orde e outra que orixina catro espermátidas haploides, e a maduración ou espermioxénese, que consiste na transformación de cada espermátida nun espermatozoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sexual masculina. Nas plantas, os espermatozoides denomínanse anterozoides. Nos animais, os espermatozoides prodúcense por un proceso de espermatoxénese. Un espermatozoide animal componse dunha cabeza, en que se localiza o núcleo, que contén o material cromosómico hereditario, e dun flaxelo ou cola, que actúa como aparato propulsor. A metade anterior do núcleo está recuberta polo acrosoma. A lonxitude total dos espermatozoides dalgúns sapos pode ser de máis de 2 mm. Non obstante , a maioría dos espermatozoides teñen un tamaño microscópico, como é o caso dos espermatozoides humanos, en que o tamaño oscila entre 50 e 70 μm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • espermatozoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conduto do aparato reprodutor masculino dos animais heterogámicos por onde circulan os espermatozoides dende os testículos ata o medio externo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en Pontevedra foi catedrático de Retórica e Poética, fiscal da delegación de Facenda e síndico do concello. Posteriormente, trasladouse a Madrid e exerceu a docencia no Instituto Español e no Ateneo, ademais de dar clases de administración e dereito penal. En 1852 foi nomeado alcalde de Gijón, e logo foi comisario provincial de Albacete. Establecido de novo en Pontevedra en 1855, foi deputado provincial por Ponte-caldelas e catedrático de Francés no Instituto de Pontevedra e director do mesmo. Colaborador de La Reforma, Diario de Pontevedra, La Distracción, Las Musas del Lérez, El Heraldo, El Continental e La Ilustración, destacou como orador. Publicou, entre outras obras, Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia (1842), Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852), Derecho...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa, dito ou cousa ridícula, absurda ou grotesca.

    2. Xénero dramático proposto e desenvolvido por Ramón María del Valle-Inclán que propugna unha lectura crítica da realidade, como se se realizase a través de espellos cóncavos e convexos, feito que contribúe a deformala e distorsionala. Ofrece unha visión degradada, grotesca e sumamente irónica da mesma, que xa prefigura o que vai ser o teatro do absurdo ou o teatro da crueldade. Por medio deste procedemento, Valle-Inclán tentou reflectir a realidade social e sociocultural da España de finais do s XIX e principios do s XX e mostrar a decadencia ética e moral das súas xentes. Creou unha tipoloxía de xenios e figuras que compoñen unha estampa da vida cotiá en Madrid. Entre as pezas que mellor exemplifican a teoría e a práctica do esperpento figuran Luces de bohemia (1920), Los cuernos de don Friolera (1921), Las galas del difunto (1926) e La hija del capitán (1927), as tres últimas publicadas polo propio autor nun volume titulado Martes de carnaval...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro independente creado en Sevilla en 1968 e que contou entre os seus integrantes co político Alfonso Guerra e outras persoas representativas do teatro andaluz e español como José María Rodríguez-Buzón, Juan Ruesga ou Pedro Álvarez-Osorio. A compañía tiña entre os seus obxectivos investigar as correntes escénicas que triunfaban en Europa naquela altura sen esquecer as raíces populares da cultura andaluza. Con esas ideas e sobre textos de Sófocles, Georg Büchner, Ramón María del Valle-Inclán ou Sean O’Casey, realizaron espectáculos tan importantes como Antígona, Woyzeck, Farsa y licenza de la reina castiza ou Cuento para la hora de acostarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro independente creado en Vigo en 1969. Realizou numerosos espectáculos, entre os que destacan Milagro en el mercado viejo e Historias para ser contadas, de Osvaldo Dragún; Historias del zoo, de Edward Albee; Burul, de Italo Ricardi; La orgía, de Enrique Buenaventura; El vendedor, de Xosé Antonio Perozo; El vendedor del pez, de Miguel Cobaleda e La taberna y las tinajas, de José María Rodríguez Méndez. Con algúns destes títulos realizaron durante algún tempo unhas campañas denominadas mesón teatro, que se realizaban todos os sábados no Mesón Pepe, como resposta ao café teatro, de tipo máis comercial. En 1972 e 1973 organizaron as I e II Jornadas de Teatro de Vigo, respectivamente, e promoveron a organización das III Jornadas de Teatro de Vigo en 1973. Estes eventos supuxeron a presenza en Vigo de importantes compañías nacionais como Els Comediants, o TEI de Madrid ou a Compañía de Danza Contemporánea...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de espertar.

    2. Que ten o entendemento ou o enxeño moi agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO