"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Discípulo de Joseph Wagner (1745) en Venecia. Enriqueceu a técnica do gravado coa innovación do punteado. En Inglaterra (1764), figurou entre os fundadores da Real Academia e foi gravador de Xurxo III. En 1802 trasladouse a Lisboa onde foi director da Academia de Belas Artes. Foi membro fundador da Royal Academy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudou na Escola de Belles Arts de Barcelona e na de Pintura Mural Contemporànea de Sant Cugat del Vallés. Entre o 1966 e o 1968 agrupouse con E. Arranz i Bravo, G. Sala i Rosselló e R. Llimós i Oriol, pero soamente mantivo o traballo conxunto con Arranz i Bravo, con quen expuxo ata o 1982. Froito do seu traballo conxunto son algunhas esculturas, as decoracións murais da fábrica Tipel (1971), en Parets do Vallés, a dun centro comercial en Magaluf (1973) e a casa de Camilo José Cela en Mallorca. Cultivou a abstracción xeométrico-lírica con ilusións eróticas. Nos últimos tempos diversificou a súa produción cara á cerámica, á ilustración e á escultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estadio do Eoceno, situado sobre o Biarritziano (ás veces considerado equivalente) e debaixo do Priaboniano, na zona que separa o Eoceno medio do superior. O seu estratotipo é Barton-on-sea (costa do Hampshire, Reino Unido).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Bartoniano.
-
PERSOEIRO
E Lo ramet de ginesta (1867), e outras compilacións poéticas, onde a miúdo adoptaba o ritmo das cancións populares, revelando unha visión idílica do campo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro norteamericano. Especialista en economía bélica, representou aos EE UU na comisión de reparacións de guerra do 1918, e durante a Segunda Guerra Mundial foi o presidente da xunta de industrias de guerra. Colaborou dende o 1939 co secretario de estado Byrnes, e dende o 1943 foi membro do brains trust (trust dos cerebros) de Roosvelt. En 1946 foi nomeado representante dos EE UU na comisión de enerxía atómica da ONU, onde presentou o coñecido plan Baruch.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proposta norteamericana á comisión de enerxía atómica da ONU (1946). Elaborada por Bernard Mannes Baruch e modificada por David Eli Lilienthal, recomendaba a creación dun mando único internacional que controlara o emprego da enerxía nuclear e a construción de bombas atómicas a nivel mundial. O plan foi rexeitado pola Unión Soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fai barullo.
-
PERSOEIRO
Mestre. Realizou estudos de Filosofía e Letras. Cultivou a literatura de tipo costumista. Recreou temas populares da cultura galega tratados con humor. Publicou as seguintes obras: Andanzas de Xan Cativo (1972), Viaxeiro da risa (1973), Os ovos da pita choca (1975), Os cabalos da troula (1992) e O rato de frei Corchea (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro familiar situado no concello de Sarria. Foi doado polos seus donos, Ermexildo e a súa esposa, Eldonza, ao mosteiro de Samos o 25 de febreiro do ano 978. No tombo de Samos existen outros documentos referentes a este mosteiro, entre eles algún preito sobre a propiedade do mesmo entre o abade de Samos e Eita Gosendiz “vicario do rei dende o Miño ata o Sil”. Preito que foi presenciado polo propio Afonso VI e foi fallado en favor da comunidade de Samos.
-
PERSOEIRO
Botánico alemán, mestre en Friburgo (1859) e Estrasburgo (1872). Realizou importantes estudios sobre a organización, o desenvolvemento e a patoloxía das criptógamas, especialmente dos fungos. Introduciu o termo simbiose.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Gran coñecedor das formas animais, traballou para un ourive e realizou modelos de animais para o Jardin des Plantes de París (1823-1831). A súa primeira época testemuña unha busca apaixonada do movemento. En 1837 impedíuselle expoñer nos salóns pero reapareceu en 1847 co León en repouso, sinal dunha nova dirección na súa obra: a busca romántica do movemento foi substituída pola clásica do equilibrio (Combate do centauro e do lapita, 1850). Realizou o tímpano do Pavillón do Reloxo do Louvre con Napoléon dominando a Historia e as Artes. Tamén cultivou a pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel García Barzanallana.
-
PERSOEIRO
Militar e político kurdo. Dirixente da resistencia e do movemento autonomista kurdo, encabezou a revolta que culminou coa breve República Kurda de Mahabad (1945-1946). Refuxiado na URSS (1946), volveu a Iraq con motivo do golpe de estado (1958) e prestoulle apoio a Kassem. Este non accedeu ás reivindicacións kurdas, polo que se iniciou unha guerra de guerrillas que chegou a contar con apoio iraniano. A reconciliación entre Iraq e Irán no 1975 motivou a perda do apoio iraniano, e Barziani tivo que exiliarse en Teherán e, posteriormente, nos EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, xornalista e pintor. Realizou estudios de peritaxe mercantil. Emigrou a Bos Aires en 1890 onde traballou como funcionario. Colaborou en diversos xornais como El País, El Eco de Galicia, Almanaque Gallego, etc. Cultivou simultaneamente o teatro, a novela, a crítica de arte e a pintura. Na súa produción destacan as obras: Labor de araña (1907), Los nervios (1908), Espigas sueltas (1903) e El pintor Dionisio Fierros (1908). Ao seu retorno a España publicou La leña de la vida (1914), El premio (1915), Don Juan de América (1924) e Fixo ben? (1899), relato en prosa e a súa única achega en galego. Como pintor destacou como paisaxista e autor de mariñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico psiquiatra. Foi a figura máis representativa da Agrupación Psiquiátrica Democrática, que propugnou a desaparición do internamento dos enfermos mentais (1974), e un dos vangardistas do movemento antipsiquiátrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do norte de Transxordania, actualmente incluído en Siria. Segundo o Libro dos Números, os israelitas, despois de vencer o seu veciño Og, adxudicaron Basan á tribo de Manassés.
-
PERSOEIRO
Bispo de Elna (1696-1721). Publicou o Catechisme diocésain (Catecismo diocesano, 1698) para substituír o manual de instrución relixiosa do padre Xoán Eusebio Nieremberg. Fixo edificar o pazo episcopal de Perpiñán (1707).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor lituano. Estudiou Letras e Medicina en Moscova. Fundou en Tilsit en 1883 a revista nacionalista Ausra. A súa obra céntrase no estudo da literatura e das tradicións populares lituanas. Fundou en Vilnius unha biblioteca e un museo nacional. Escribiu Ozkabaliu Dainos (Os cantos de Ozkabalai, 1902) e Lietuviskos Pasakos (Lenda lituana).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha volcánica do tipo basalto alcalino rica en olivina e que contén feldespatoides e feldespatos.