"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

  • Acción e efecto de parrafear.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sección ou subdivisión dun discurso ou dun capítulo, xeralmente numerado, que forma unha unidade polo feito de tratar dun punto en particular.

      2. Cada un dos fragmentos dun escrito ou un impreso separados por un punto e á parte.

    1. Signo gráfico (§) con que se representa cada sección ou subdivisión do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae como armas escudo axadrezado, en campo de prata e sable. Outra variante trae en campo de prata, sete dados, de sable, colocados en tres paus, con tres no centro. Outra trae, en escudo cuartelado: primeira e cuarta partición, en campo de sinople, unha flor de lis, de ouro, e nos catro ángulos, unha estrela do mesmo metal, e segunda e terceira, en campo de sinople, un grifón, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de parras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Novo Gales do Sur, Australia, situada xunta o río do mesmo nome (139.157 h [1996]). Crecida pola absorción en 1948 de Granville, Dundas e Ermington-Rydalmere, constitúe o segundo establecemento branco máis antigo de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor grego. De escola xónica, traballou en Atenas. Foi célebre pola solución dada ao trazo dos contornos das figuras, aos volumes e ao movemento. A súa obra, perdida, coñeceuse a través de textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pedrouzos (Melide). O seu cumio acada os 776 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rocha sedimentaria, do grupo dos silicatos, de gran fino, densa e compacta, que presenta unha estrutura foliada e non sofre meteorización. É negra azulada ou negra agrisada, aínda que se coñecen variedades vermellas, verdes ou moradas, que dependen do mineral predominante e do proceso de oxidación ao que foi sometida. Os minerais básicos contidos na lousa son o cuarzo e a moscovita, pero tamén presenta materiais accesorios como a biotita, a clorita e a hematites, e minerais accesorios secundarios como o apatito, o grafito, o caolín, a turmalita, a magnetita e o circonio. É unha rocha procedente de sedimentos arxilosos que adquiriron o seu estado ao ser sometidos a presións e temperaturas altas. Extráese de explotacións a ceo descuberto e en menor medida de minas subterráneas e despois sofre unha serie de procesos de transformación ata adquirir o produto que sae ao mercado. Destes procesos destacan a exfoliación primaria, onde os bloques de lousa se dividen segundo os...

    2. Peza desta rocha, lisa e delgada que ten diferentes usos, especialmente para a construción.

    3. Pedra plana e delgada que se emprega para pavimentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, bañado polo río Guadalhorce (6.874 h [2001]). As principais actividades economicas son a agricultura, a gandaría e as industrias alimentarias e químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de educación publicado no Faro de Vigo. O primeiro número saíu o mércores 5 de outubro de 1983 e publicouse durante case cinco anos. Estaba coordinado por Xosé Antonio Perozo e contaba cun consello asesor. Neste consello asesor, formado por pedagogos e docentes, estaba Antón Costa, Manuel Janeiro, Antón Lamapereira, Rafael Ojea e Miguel Vázquez; máis tarde incorporouse Modesto Hermida e, despois, Antonio García Teijeiro e Manuel Bragado, en substitución de M. Janeiro, A. Lamapereira e R. Ojea. Presentouse expresamente como un “órgano de debate no ámbito educacional” en que ademais de artigos sobre política e actualidade educativas, entrevistas a expertos, informes sobre diferentes aspectos da realidade educativa (incluída unha sección, “Viaxe polos colexios galegos”, que proporcionaba fichas das institucións escolares galegas) e reflexións sobre modelos pedagóxicos ou metodolóxicos, incorporaba tamén propostas prácticas para o traballo na aula, en especial no suplemento “O Pizarrín”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Catedrático da facultade de Dereito da Universidad de Madrid, foi oficial do exército republicano e tivo que exiliarse ata 1954. Escribiu Inflación y desarrollo económico (1957), El sistema bancario español (1958), El plan de desarrollo de España 1964-1967 (1965) e La inflación (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Elixido secretario da xunta da Unió Catalanista, interveu na preparación e os debates das Bases de Manresa e foi un dos fundadores da Lliga Regionalista. En La nacionalitat catalana (1906) expuxo o seu concepto organicista da nación. Entendía a nacionalidade como a determinación unitaria duns individuos que falan a mesma lingua, que expresan unha soa vontade e teñen un mesmo sentimento do dereito revelado no costume. Propugnou unha federación de Catalunya cos outros pobos ibéricos baixo un réxime monárquico ou republicano. Presidiu a Mancomunitat de Catalunya en 1914 e 1917, e creou o Institut d’Estudis Catalans, o Consell d’Investigació Pedagògica e impulsou a formación da Biblioteca de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combustión anormal nun motor de arranque por chispa, a causa dunha arrancada superficial que se produce antes do salto da chispa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón literario concedido no seu formato actual polo Ministerio de Cultura á obra máis destacada do ano anterior en calquera das linguas oficiais do Estado español. O primeiro galardoado foi José L. Acquaroni, con Copa de sombra (1977). Os autores galegos premiados foron Alfredo Conde, con Xa vai o griffon no vento (1986); Manuel Rivas, con Que me queres, amor? (1996) e Suso de Toro, con Trece badaladas (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Coñecido como o Nécoras, foi un dos fundadores da organización Juventud Liberal. En Tierra del Fuego foi un dos alicerces da Federación Obrera de Magallanes, de tendencia anarcosindicalista (1918), e, como consecuencia das loitas sociais, pasou un ano na prisión de Ushuaia antes de ser deportado en 1921. Retornou a Santiago de Compostela para asesorar no tempo inmediato á Ditadura de Primo de Rivera o Sindicato de Panaderos da CNT, aínda que a mediados da década de 1920 dirixiu o negocio familiar e afastouse da organización obreira. Detido nos días inmediatos ao golpe militar de xullo de 1936, foi asasinado nos arrabaldes da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Sande (Cartelle) e A Arnoia, no concello homónimo. O seu cumio acada os 580 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e político, I marqués de Molíns, vizconde de Rocamora e Grande de España. En 1836 deuse a coñecer como dramaturgo con Dona María de Molina (1836). Foi director da Real Academia Española desde 1865, membro do Partido Moderado, ministro de Comercio, Instrución e Obras Públicas (1847), de Mariña (1847-1849, 1849-1851, 1874-1875), de Estado (1879) e deputado polo distrito de Ferrol (1850-1851 e 1853-1854) e por outros distritos e provincias españolas.

    VER O DETALLE DO TERMO