"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Liñaxe natural de Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de azul, un beán de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir a ovella o seu berro característico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago dos EE UU, situado na fronteira entre os estados de Utah e Idaho, que abrangue unha superficie de 270 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e profesor de Ciencias Políticas norteamericano. É autor de An economic interpretation of the Constitution of the United States (Unha interpretación económica da Constitución de Estados Unidos, 1914), The rise of american civilization (O apoxeo da civilización americana, 1927), American foreign policy in the making (Cómo se fai a política exterior americana, 1932-1940) e President Roosevelt and the coming of the war (O presidente Roosevelt e a chegada da guerra, 1941), onde acusaba o presidente norteamericano de ter conducido ao país á guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor inglés. Foi membro do coro da Capela Real e formou parte da compañía do Covent Garden de Haendel, onde interpretou gran cantidade de oratorios e óperas. As súas actuacións valoraron a voz de tenor nun momento en que o papel protagonista masculino estaba reservado ás figuras das sopranos e dos castrati.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glaciar da Antártida que vai do altiplano polar á barreira de Ross.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante inglés de formación autodidacta. Iniciou a súa andaina pictórica inspirándose nos renacentistas italianos, no prerrafaelismo, na estampa xaponesa e na pintura de cerámica grega, creando un estilo característico do decadentismo inglés. Nas ilustracións para Salomé (1894), de O. Wilde, acadou o seu estilo típico. Trazados cunha precisión depurada, evitando os sombreados a fin de adecualos ás posibilidades da tipografía, os seus debuxos eran dun erotismo refinado e corrosivo. O elemento decorativo das súas obras tórnase luxurioso en The rape of the lock (Forzar a fechadura, 1896), de Pope, e Volpone (1897-1898), de Ben Jonson, e pornográfico en Lisístrata (1896), de Aristófanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • V B channel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente pola esquerda do Doade (da conca do Avia, afluente do Miño). Nace no Alto de Fornillos a 790 m de altitude, na parroquia de Lebozán (Beariz). O seu curso adopta unha dirección S e penetra na parroquia de Beariz, onde desemboca no límite coa parroquia de Baíste (Avión).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Beariz baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Amaro baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Carballiño situado na provincia de Ourense (42° 27’ de latitude N e 8° 16’ de lonxitude). Limita ao N cos concellos de Forcarei (comarca de Tabeirós-Terra de Montes) e de Lalín (comarca do Deza), ao L cos do Irixo e Boborás (O Carballiño), ao S co de Avión (comarca do Ribeiro) e ao O cos da Lama (comarca de Pontevedra) e Forcarei. Abrangue unha superficie de 56 km 2 cunha poboación de 1.735 habitantes (1996), distribuídos entre as parroquias de Beariz, Lebozán e Xirazga. A capital municipal é o núcleo de Beariz. Atópase a 53 km de Ourense e 72 km de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial do Carballiño e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    Climaticamente, o concello de Beariz está baixo o dominio oceánico húmido. As temperaturas son moderadas no verán e suaves no inverno, quedando a media anual por riba dos 11°C. O mes de temperaturas medias máis frías é decembro con 4,7°C, mentres que o máis cálido é agosto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • País do SO da Gascoña (Francia) que abrangue unha superficie de 4.750 km2 na metade oriental do departamento francés dos Pireneos Atlánticos. Esténdese entre a zona axial pirenaica e o río Ador. Reúne dúas áreas xeográficas: a rexión pre-pirenaica, onde se alternan vales e outeiros, e a alta montaña. O desenvolvemento do complexo petroquímico de Lacq permitiu revitalizar a rexión, aínda que a economía do Bearn continúa a depender dos seus produtos agrícolas. A capital é Pau. O vizcondado de Bearn, englobado dentro do ducado de Gascuña, fundouse no s IX trala fusión de pequenas unidades territoriais da Novempopulania galorromana. A Guerra dos Cen Anos levou ao vizcondado a unha autonomía que non tardou en transformarse en soberanía virtual. Durante o s XVI, os sucesivos enlaces matrimoniais dos soberanos bearneses coa familia real francesa fixeron de Bearn o centro administrativo dun pequeno estado soberano onde o tráfico comercial era a base da prosperidade. No ano 1620, Luís...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española baseada na novela homónima de Llorenç Villalonga, realizada en 1983 por Jaime Chávarri. Entre os actores figuran Fernando Rey, Ángela Molina, Amparo Soler Leal e Imanol Arias. As lembranzas do capelán Juan Mayol, protexido dos señores Bearn, na Mallorca de mediados do s XIX, serven para a análise da sociedade aristocrática da illa. Un asasinato, unha misteriosa muller, Xima, e uns papeis gardados na sala das bonecas da mansión dos Bearn fundamentan unha historia que procura a analoxía coa famosa Il Gattopardo (1963) de Luchino Visconti.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bearn ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Bearn.

    3. Salsa elaborada con manteiga, ovos, viño branco, cebola de Ascalón e pirixel, que se usa como acompañamento de carnes e peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, drenado polo Odiel, que pasa a uns 10 km do poñente da vila de Beas (4.232 h [1996]). A súa economía é de base agrícola e gandeira. Entre as actividades industriais, vencelladas ao sector agropecuario, destaca a destilación de plantas aromáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado á esquerda do río Guadalimar, na serra de Segura (8.261 h [1996]). Está drenado polo río Beas. A súa economía é basicamente agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo río Oria (12.331 h [1996]). Malia que é un centro da subárea comercial agrícola e gandeira, debe a súa importancia á industria, desenvolvida a partir de 1902 coa fundación dos talleres de fabricación e reparación de material ferroviario (Compañía Auxiliar de Ferrocarriles S A). Posteriormente, desenvolvéronse os subsectores siderometalúrxico (altos fornos e maquinaria), enerxético (central térmica), químico e alimentario. Na cidade destacan a igrexa parroquial da Asunción (ss XVI-XVIII) e a casa de Yarza (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción británica realizada en 1973 e dirixida por Paul Annett. Foi interpretada por Calvin Lockhart, Peter Cushing, Marlene Clark e Charles Gray. Un cazador reúne nunha casa situada nun bosque a un grupo de persoas entre as que se atopa un lobishome. Pretende descubrilo e darlle caza. A estrutura do filme identifícase co tipo de novela de intriga de Agatha Christie.

    VER O DETALLE DO TERMO