"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • GALICIA

    Pintor. Estudiou Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid e debuxo, pintura e modelado na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo. Colaborou con obra gráfica en El Progreso, La Voz de Galicia e nas revistas Lucus, Can sen dono e Atlántico Exprés. A súa obra, figuración e abstracción, caracterízase pola sinopse representativa e pola síntese de elementos plásticos na procura de valores dominantes e da supresión dos contidos circunstanciais ou anecdóticos. Realizou exposicións individuais por toda Galicia e participou en diversas mostras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro xesuíta, xeógrafo e etnólogo. Escribiu El Orinoco ilustrado y defendido (1741), compendio de coñecementos sobre a natureza e os habitantes daquelas terras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político timorense. Presidente da Frente Revolucionária do Timor Leste Independente (FRETILIN) desde 1978, foi capturado polo exército indonesio en 1992 e condenado a cadea perpetua, pena que lle foi rebaixada a raíz das protestas internacionais, ata que foi definitivamente excarcerado en 1999. Tralo referendo que supuxo o triunfo das forzas independentistas, foi elixido presidente da República de Timor Leste nas eleccións de 2001. Nos anos de prisión escribiu o poemario Mauberiadas (Premio Nacional de poesía de Timor, 1975) e o ensaio Timor Leste: un Povo, uma Patria (1994). Posúe o Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia do Parlamento Europeo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, marqués de La Habana. Participou na represión das insurreccións progresistas de Zaragoza, Cartagena e Galicia durante a Década Moderada, polo que ascendeu a tenente xeneral (1846). Foi gobernador de Cuba (1850-1852 e 1854-1859) e ministro da Guerra (1863-1864) e de Ultramar (1864). Encargouse de formar goberno en setembro de 1868, pero fuxiu do país despois da derrota de Alcolea. Coa Restauración nomeárono de novo gobernador de Cuba (1874), pero dimitiu. Foi presidente do Consello Supremo de Guerra e Mariña (1881) e do Senado (1881-1883 e 1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Manuel Gutiérrez Aragón, estudiou dirección na Escuela Oficial de Cinematografía. Debutou como realizador da man do produtor Elías Querejeta co filme Habla, mudita (1973). Escribiu todos os guións das súas películas e colaborou en moitos outros. En 1993 foi elixido presidente da Sociedad General de Autores de España. Dentro da súa filmografía destacan as películas Camada negra (1977), Sonámbulos (1978), El corazón del bosque (1978), Maravillas (1980), Demonios en el jardín (1982), La mitad del cielo (1986), Cosas que dejé en La Habana (1997), Visionarios (2001) e La vida que te espera (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Viviu en Santander desde 1909 ata 1917, data na que regresou a Madrid. Realizou a súa primeira mostra individual no Museo de Arte Moderno de Madrid (1927). Participou na mostra colectiva de arte española do Jeu de Paume (1936) e no pavillón da República na Exposición de París de 1937. Durante a Guerra Civil viviu na casa da cultura establecida polo goberno republicano en València. A súa obra é un testemuño dos ambientes populares que coñeceu a través das súas viaxes por España. Froito desta afección foron os seus libros de viaxes Madrid. Escenas y costumbres (1913), do que realizou unha segunda parte en 1918, La España negra (1920), Dos pueblos de Castilla (1924), e a novela Florencio Cornejo (1926). O seu expresionismo caracterizouse pola forza interior e pola intensidade vital dos personaxes. Das súas obras destacan Los caídos (1915), La tertulia de Pombo (1920), La vuelta de la pesca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor austríaco. Foi o descubridor do principio básico da música atonal e dodecatónica. Escribiu Nomos (1912) para piano e corda, a cantata Wandlungen (1927) e a ópera Salammbô (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Gracias a amizades do mundo musical vienés (Gluck, Metastasio e o seu mestre N. Porpora) foi aceptado como director da orquestra privada do conde Morzin (1759-1761), para a que escribiu as primeiras sinfonías. Cando se desfixo a orquestra, pasou ao servizo de Pál Antal Esterházy de Galántha (1761) e, ao ano seguinte, ao do seu irmán e herdeiro Miklós Jószaf, que o nomeou kapellmeister (1766) da súa orquestra privada, unha das mellores de Europa. Isto permitiulle compoñer obras de dimensións pouco usuais na época e óperas. Tamén compuxo música eclesiástica, como o Stabat Mater (1767) e a Missa Sanctae Ceciliae (1773). Especialmente importante é o gran número de sinfonías deste período, nas que se quixo ver o antecedente do movemento Sturm und Drang. Os cuartetos de corda acadaron xa cos do opus 20 un alto grao de perfección, ata o punto de que se ben non foi o creador do cuarteto, si un dos seus máximos impulsores. Convidado por J....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Fixo importantes investigacións no campo do electromagnetismo, sobre a autoindución e a extracorrente. En 1826 perfeccionou o electroimán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cubano. Adscrito ao parnasianismo, escribiu os sonetos de Les Trophées (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filatélico. Académico numerario da Academia Hispánica de Filatelia, é membro da oficina da Comisión Temática da Federación Internacional de Filatelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía, especializouse en Saúde Pública. Foi xefe provincial de Sanidade nas provincias de Pontevedra e A Coruña e foi o primeiro conselleiro de Sanidade do goberno autónomo de Galicia, cargo que ocupou novamente desde 1996. Formou parte da executiva galega do Partido Popular, grupo político polo que foi elixido para representar a Galicia en diversos cargos públicos, como deputado no Parlamento de Galicia na II, III e V lexislaturas (1985-1993), deputado no Congreso durante a VI lexislatura (1996) e senador na IV e V (1990-1996). Académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, foi presidente da Asociación do Corpo Médico de Sanidade Nacional, socio fundador da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña e posúe a Encomienda con Placa da Orden Civil de Sanidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou Vida del Chacho (1863) e El gaucho Martín Fierro (1872), extenso poema considerado a máxima expresión da literatura gauchesca. En 1879 apareceu unha segunda parte, La vuelta de Martín Fierro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Desenvolveu un intenso labor de divulgación no campo agrícola. Publicou numerosos estudios sobre a agricultura moderna na revista coruñesa Prácticas Modernas e textos escolares como Agricultura. Escribiu Técnica agrícola e industrial (1906) e Explotación racional de los prados como medio de aumentar la riqueza agrícola y ganadera de Galicia (1902). Outras obras súas son Los árboles, su utilidad, fomento y protección (1911), El castaño, instruciones para su propagación e Árboles interesantes para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. En 1812 obtivo o Premio de Roma. Dedicouse principalmente á opera cómica. Tamén escribiu ballets, música sinfónica e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Catedrático da Ciencia na Universidade Autónoma de Madrid, centrou os seus estudios en temas de semiótica, de lingüística e de epistemoloxía da linguaxe, para despois elaborar unha teoría filosófica do significado, o que implicou tratar o problema das relacións que ten a linguaxe coa lóxica, coa realidade e co suxeito falante. Ocupouse dos problemas das relacións entre a ideoloxía e a linguaxe. Explicou que é posible chegar a modificar as reglas do sistema da fala, semánticas, sintácticas ou morfofonémicas, por medio dunha práctica desviada suficientemente prolongada. Escribiu Problemas del análisis del lenguaje moral (1970), Principios de Filosofía del Lenguaje (1986) e Siginificado y verdad: ensayos de semántica filosófica (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fundou e dirixiu en Santander a revista Proel. Publicou diversos poemarios entre 1947 (Tierra sin nosotros) e 1964 (Libro de las alucinaciones). Tamén editou dúas antoloxías en 1980 e 1990. Despois dun silencio de 27 anos, en 1991 publicou Agenda e posteriormente Cuaderno de Nueva York (1998). Doutor honoris causa pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo, recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Poesía, o Premio Príncipe de Asturias das Letras (1981), o Premio Nacional de las Letras Españolas (1990) e o Premio Reina Sofía de Poesía Española e Hispanoamericana (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa cervexeira fundada en 1906 por José María Rivera. Corral a partir dunha pequena empresa de cervexa e xeo situada no barrio de Catro Camiños (A Coruña). De carácter familiar e cun capital 100% nacional, levou a cabo unha política empresarial de diversificación de produtos xunto cun forte desenvolvemento tecnolóxico, co que conseguiu ter delegacións nas principais cidades galegas, no resto de España e en Europa (Portugal, Países Baixos, Alemaña, Reino Unido, Francia, Bélxica, Andorra, Suecia, Suíza) e América (EE UU, Brasil, México e Uruguay). De vocación galega, o lúpulo empregado na elaboración das cervexas cultívase en Galicia. Posúe un sistema de distribución que combina os medios propios cun sistema de concesionarios. O seu produto máis relevante é a Estrella Galicia, unha cervexa cun sabor lixeiramente amargo produto do lúpulo utilizado. Tamén comercializou as cervexas 1906, de maior corpo ca anterior, HR que é tipo Pilsen e River, que non leva alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante. Pioneiro na importación de cereais a Galicia e na exportación de produtos galegos, como o viño do Ribeiro, peixe salgado e produtos téxtiles, a Castela, Portugal e outros portos peninsulares, comerciou nos máis importantes portos europeos con produtos de ultramar como o cacao e o azucre. Fundou en 1794 dunha Compañía de Seguros Marítimos e foi rexedor perpetuo da cidade da Coruña, comisario de Guerra dos exércitos reais, director xeral da Compañía Marítima do Porto da Coruña e prior do Consulado de mar e terra da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado nas marismas do Guadalquivir (3.604 h [2001]). A súa economía baséase nos recursos agropecuarios e forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO