"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Físico francés. Profesor na Universidade de París (1928), pasou aos EE UU, onde foi profesor en Harvard e Columbia. Traballou en mecánica estatística, paramagnetismo, propagación de ondas e, especialmente, no estudo da estrutura das bandas de enerxía nos sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista alemán. Caracterizado por un humor expresivo e barroco, publicou a novela Lebenslauf eines dicken Mannes, der Hamlet hiess (Vida dun home gordo chamado Hamlet, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bromeliáceas.

    2. Herba ou arbusto da familia das bromeliáceas.

    3. Familia de plantas da orde das bromeliais, que comprende 50 xéneros e máis de 2.000 especies, de porte maioritariamente herbáceo e xeralmente epífitas. As follas son ríxidas, fibrosas e dispostas en roseta, o froito é unha baga e as flores presentan tres pétalos libres coloreados. A polonización realízase xeralmente por aves. Moitas especies como Tillandsia lindeniana e Vriesia splendens ou xéneros como Aechmea, Billbergia, Bromelia, Nidularium e Pitcairnia cultívanse como ornamentais de interior. Tamén pertencen a esta familia os ananás. A maioría son propias das zonas tropicais de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento fotográfico, de entre os denominados pigmentarios, no que a proba final presenta un aspecto similar á augaforte. Foi empregado polos pictorialistas no s XIX e a principios do XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto neoclásico. Foi discípulo e colaborador de Ange-Jacques Gabriel. Construíu o convento da Chaussée de Antin (actual Lycée Condorcet) en 1783, e o novo cemiterio de Père-Lachaise de París (1804). Deseñou os planos da bolsa de París, iniciada en 1807.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que se m¹n, entón non hai ningún homeomorfismo dun aberto de Om nun aberto de On.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que toda aplicación continua nunha esfera n-dimensional (con n?2) ten un punto fixo; tamén se coñece simplemente como teorema do punto fixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista. Organizou e dirixiu a Transport and General Worker’s Union entre 1936 e 1944. Deputado laborista no 1945, foi temporalmente ministro de Obras Públicas dende abril de 1951 ata as eleccións dese mesmo ano. Sucedeu a Aneurin Bevan en 1960 como segundo xefe do grupo parlamentario laborista (1960). Entre 1960 e 1963 representou a Inglaterra na Asemblea consultiva do Consello de Europa. Rompeu co partido laborista no 1976 e ingresou no partido socialdemócrata no 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bruneliáceas.

    2. Planta da familia das bruneliáceas.

    3. Familia de rosais integrada polo único xénero Brunellia que engloba unhas corenta especies de plantas leñosas, polo xeral arbustos, propias dos Andes e das montañas das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano, coñecido tamén por Il Aretino. Xurisconsulto e helenista, publicou Historia florentina e Commentarius rerum suo tempore gestarum. Escribiu tamén, entre outras obras, Vita di Dante (Vida de Dante) e Vita di Petrarca (Vida de Petrarca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Estudiou na École Normale Supérieure e na Sorbonne, onde foi profesor. Manifestou un intelectualismo criticista e matemático, ampliado por unha análise das condicións do espírito, que o levou a definir a realidade espiritual como a realidade creadora, nun intento de superación do espiritualismo acrítico, o empirismo e o positivismo. Entre as súas obras destacan Les étapes de la philosophie mathèmatique (As etapas da filosofía matemática, 1913), L’expérience humaine et la causalité physique (A experiencia humana e a causalidade física, 1922), Le progrès de la conscience dans la philosophie occidentale (O progreso da conciencia na filosofía occidental, 1927), De la connaissance de soi (Sobre o coñecemento dun mesmo, 1931) e Les ages de l’intelligence (As idades da intelixencia, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo alemán, barón de Buch. Foi discípulo de Abraham Gottlob Werner e de von Humboldt. Realizou importantes estudios sobre o vulcanismo antigo e a tectónica de Alemaña, e describiu o proceso de ascensión por compensación isostática da Península Escandinava. En 1832 publicou un mapa xeolóxico de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista escocés. Educado nas universidades de París e de Saint-Andrews, foi profesor entre 1528 e 1552 en París, Bordeos e Coimbra. Polas súas sátiras relixiosas foi obxecto de persecucións. En Escocia exerceu cargos académicos, públicos e palatinos e foi preceptor do futuro Xaime VI de Escocia e I de Inglaterra dende 1570. Foi partidario do calvinismo e un duro adversario de María Estuardo, axudando a preparar a acusación que se leu no seu proceso, a Detectio Mariae reginae (Acusación contra a Raíña María, 1571). Así mesmo, foi autor dun tratado teórico sobre a soberanía popular e contra o absolutismo, escrito para o seu discípulo Xaime VI e titulado De jure regni apud Scotos (Sobre o dereiro real ante os escotos,1579). Autor de obras satíricas, históricas e didácticas, foi tamén un notable poeta en latín, traduciu Medea e Alcestis de Eurípides e escribiu dúas traxedias bíblicas Jephthes e Baptistes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Discípulo de Johannes Wislicenus, investigou no eido dos colorantes orgánicos sintéticos, coñecéndose sobre todo pola reacción que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo alemán. Estudiou medicina e ciencias naturais en Estrasburgo e Giessen, e foi profesor na Universidade de Zúric. No terreo político escribiu o panfleto Der Hesische Landbote (O mensaxeiro de Hesse, 1834), considerado o manifesto socialista máis importante anterior ao de Marx e Engels. É autor, ademais, de tres textos que destacan pola súa novidade e por apuntar, de forma explícita, futuras direccións da dramaturxia europea, particularmente o expresionismo alemán e o Teatro da Crueldade de Antonin Artaud. Considerado como precedente dalgunhas das tendencias do teatro contemporáneo, a súa obra foi recuperada polo director alemán Max Reinhardt. Entre as súas obras cómpre citar o drama Dantons Tod (A morte de Danton, 1835), peza estruturada arredor da figura deste revolucionario francés enfrontado a Robespierre, que analiza as consecuencias da Revolución Francesa; a comedia Leonce und Lena (Leoncio e Lena, 1836), que censura o conservadurismo burgués, e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. É coñecido principalmente pola súa novela The last days of Pompeii (Os derradeiros días de Pompeia, 1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Traballou, xunto coa súa esposa Eleanor Margaret Burbidge , primeira muller nomeada presidenta do Royal Greenwich Observatory (1972-1973), no campo da nucleosíntese estelar. En 1957 presentaron a teoría B2 FH (acrónimo dos catro autores: Burbidge-Burbidge-Fowler-Hoyle), na que se daba unha explicación revolucionaria da orixe dos elementos. Traballaron tamén na determinación da natureza dos quasares e no estudo da emisión das radiogalaxias. Publicaron conxuntamente Quasi Stellar Objects (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Serviu na mariña durante a Segunda Guerra Mundial e despois ingresou na Yale University onde se graduou en Ciencias Económicas. Entre 1966 e 1970 foi membro do Congreso polo Republican Party de Texas. Foi embaixador dos EE UU na ONU baixo o mandato de Nixon, o primeiro dirixente diplomático dos EE UU en Pequín baixo o mandato de Ford, presidente do Congreso Nacional Republicano e, finalmente, director da CIA. Entre 1981 e 1988 foi vicepresidente do goberno de Ronald Reagan, a quen sucedeu na presidencia dos EE UU entre 1989 e 1992. A súa actividade política estivo marcada pola proxección internacional do seu país: en decembro de 1989 ordenou a intervención militar en Panamá e, en 1990, acadou da ONU unha resolución que permitiu declararlle a guerra a Iraq.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político republicano norteamericano, fillo de George Bush. Licenciado en Historia pola Yale University e máster en dirección de empresas pola Harvard University, antes de iniciar a súa carreira política foi piloto de aviación e presidente do equipo de béisbol dos Rangers de Texas. En 1994 foi elixido gobernador de Texas representando ao Republican Party, cargo que renovou en 1998 por maioría absoluta. Optou á presidencia dos EE UU no 2000 baseando a súa campaña no “conservadurismo compasivo” que conxuga os incentivos aos pobres para que paguen un seguro privado e a redución de impostos cun rearme militar   e o despregue dun sistema de defensas antimísiles total, a defensa a ultranza da pena de morte e a oposición á ampliación de garantías civís aos homoxesuais e a outros colectivos marxinados dos EE UU. Debido ao sistema electoral dos EE UU, a presidencia xogouse no estado de Florida, onde a diferenza de votos a favor de Bush foi menor do 0,5% dos votos. O reconto prolongouse durante varias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos accipítridos ao que pertencen o miñato común e o miñato colirrubio.

    VER O DETALLE DO TERMO