"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo de garda na antiga Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que denota execración. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato empregado para producir unha exección. Está formado por unha tobeira, por onde sae o fluído de alta presión, que desemboca na cámara onde se produce a depresión; esta cámara está comunicada, a través dun conduto, co fluído que se quere arrastrar.
-
-
Que ou quen executa.
-
Persoa que practicaba unha execución ou un cobro por mandamento xudicial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento público en que, en nome do Rei, se consigna unha sentenza firme.
-
-
Relativo ou pertencente á execución.
-
-
Que legalmente debe ser executado.
-
Que concede o dereito a executar ou facer executar.
-
-
-
-
de eximir ou eximirse.
-
-
Que está libre dunha obriga, carga ou coidado.
-
Falto ou desprovisto de algo.
-
-
Que non está sometido á xurisdición ordinaria.
-
-
Aplícase á escultura en tres dimensións e de vulto redondo.
-
Aplícase ao edificio descuberto por todos os seus lados.
-
Aplícase á columna que non está pegada a ningunha parte dun edificio ou dun muro. OBS: A grafía x representa o son [ks].
-
-
-
-
-
Conxunto das forzas armadas dun Estado. Pódese enfocar a historia do exército dende un punto de vista técnico, referido ao armamento, á arte da guerra (estratexia, táctica, batallas), ás relacións entre a organización militar e a organización social, á influencia do exército no Estado (militarismo, pretorianismo, servizo militar, guerra), ou ben dende a súa influencia na historia xeral. De feito, a historia dun exército confúndese normalmente coa do Estado correspondente. En xeral, non hai exército que non dependa dun Estado ou soberano, nin Estado ou soberano que non posúa un exército, porque a existencia das forzas armadas é condición de toda soberanía; o grao de cohesión dun Estado ofréceo a idea do grao de control que ten sobre as propias forzas armadas. Na historia institucional dos exércitos non hai unha evolución lineal continua (agás en materia de armamento), senón flutuacións entre tendencias que se suceden ao longo dos séculos. Dende as épocas que os exércitos se pagaron con terras...
-
Cada unha das dúas ou tres organizacións que compoñen as forzas armadas dun Estado. A división máis empregada é a que comprende o exército de terra, o exército do aire e a armada, que é como se denominan as forzas navais.
-
Exército de terra.
-
Unidade superior do exército de terra, a máis completa táctica e loxisticamente, e que se compón de distintos corpos do exército como divisións, brigadas intendentes e diversas unidades de armas e de servicios.
-
-
Conxunto das tropas reunidas para o combate.
-
Gran multitude de persoas animais ou cousas, especialmente cando están reunidos para lograr un fin determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que lle outorgaron á institución militar galega os republicanos federalistas que se sublevaron en Ferrol o 11 de outubro de 1872. Na sublevación participaron arredor de 1.500 soldados e oficiais da mariña xunto a outras 1.000 persoas, fundamentalmente traballadores e gardas do estaleiro, obreiros doutras fábricas e os profesionais liberais republicanos da cidade, liderados polo brigadier Pozas, autoproclamado comandante xeneral, e polo capitán de fragata retirado, Montojo. O seu obxectivo era proclamar a república federal. Oito días despois, o levantamento foi sufocado e perseguidos e condenados os seus líderes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización revolucionaria nacionalista que defendía unha Galicia libre da explotación dos seus recursos por parte de monopolios e multinacionais, con especial énfase na defensa dos recursos ecolóxicos (augas, montes) e que utilizou a loita armada para a consecución dos seus fins. Integrada por persoas próximas a organizacións independentistas galegas, como Galiza Ceibe, UPG, PCLN e APU, protagonizou diferentes atentados ata que foi desarticulado pola policía a finais de 1990. O EGPGC, que tivo como precedentes aos grupos Loita Armada Revolucionaria (LAR) e Liga Armada Galega (LAG) e ao que se lle atribuíron conexións con outros grupos extremistas non galegos, iniciou a súa actividade en febreiro de 1986. Dende entón cometeu unha serie de actos violentos, como roubos e atentados contra entidades bancarias, delegacións do goberno central, empresas privadas e bens particulares ao longo de toda a xeografía galega, entre os que cómpre destacar os realizados en Pontevedra (CELULOSAS, ELNOSA),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ás forzas militares soviéticas. Creado en xaneiro de 1918 polo Consello dos Comisarios do Pobo, foi organizado por Trockij. Ata a desintegración da Unión Soviética en 1991 e a súa propia fragmentación nos distintos exércitos dos novos estados, tomou parte en importantes conflitos bélicos, como a Guerra Civil rusa (1918-1920), a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) e a Guerra de Afganistán (1979-1989).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao estame ou ao estilo que asoma do interior da flor. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está completamente esgotado ou falto de forzas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunicación dun xuíz ou dun tribunal a outro da mesma categoría (normalmente con xurisdición sobre ámbitos territoriais distintos) en que se demanda que ordene practicar algunha dilixencia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
ENTRADA LARGA
Estado de África Setentrional, que limita ao N co Mar Mediterráneo, ao NL con Israel, ao L co Mar Vermello, ao S con Sudán e ao O con Libia (1.001.449 km2; 65.257.000 h [estim 2000]). Esténdese entre os 22° e os 32° de latitude N e os 25° e 36° de lonxitude L. A súa capital é O Cairo.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
No relevo de Exipto distínguense catro rexións: o val do Nilo, o deserto de Libia, o deserto Arábigo e a península do Sinaí. O val do Nilo atravesa todo o territorio de N a S e está formado polos aluvións transportados polo río. No Cuaternario, a inundación do val e da costa mediterránea orixinou o delta do Nilo, onde antes existía un golfo. O deserto de Libia, ao O do Nilo, constitúe un altiplano dividido pola depresión salina de Qa ṭṭ āra e cunha altitude media que diminúe cara ao N. O deserto Arábigo esténdese entre o val do Nilo e o Mar Vermello, constituído por unha serra costeira de materiais... -
VER O DETALLE DO TERMO
ersado en exiptoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia o Antigo Exipto. Ten como obxectivo o descubrimento dos materiais desta civilización e o seu estudo e publicación (arqueoloxía); a análise, edición e tradución dos textos (filoloxía); a síntese histórica dos coñecementos obtidos (historia) e a conservación dos materiais, in situ ou en establecementos adecuados (museoloxía). Naceu a finais do s XVIII e contou dende os seus inicios coa dificultade de penetrar no val do Nilo, protexido polos musulmáns, e co descoñecemento da escritura exipcia. A expedición de Napoleón de 1798 abriu o camiño ás investigacións e permitiu a creación de coleccións nos museos europeos. Os estudiosos que acompañaron a Napoleón recolleron as súas investigacións en La description de l’Égypte. Pódense establecer distintas etapas no estudo do mundo exipcio; a primeira estendeuse entre 1822 e 1858. Un dos primeiros estudiosos do mundo exipcio foi John Gardner Wilkinson (1797-1875), quen comezou en 1821 as escavacións de Tebas e escribiu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, fillo de Tiestes e de Pelopea. Desexoso de vingarse do seu irmán Atreo -que o desterrara de Micenas e asasinara os seus fillos-, Tiestes violou a súa filla, Pelopea, en segredo, xa que o oráculo lle vaticinara que o seu único vingador sería o fillo que había de ter coa súa propia filla; antes de que Tiestes desaparecera, Pelopea quitoulle a súa espada. Co tempo, Atreo casou con Pelopea e adoptou como fillo seu a Existo, o neno que nacera da relación incestuosa. De mozo mandouno a Delfos na procura de Tiestes. Xa de volta co prisioneiro, dispúxose a matalo pero Tiestes recoñeceu a espada que aquel levaba na man e identificouno. Tras revelar a verdade e o parentesco que os unía, Pelopea atravesou o peito coa espada e Existo cumpriu o oráculo matando a Atreo. Tamén conta a lenda que, cando os atridas Agamemnon e Menelao estaban en Troia, Existo seduciu a muller daquel, Clitemnestra, e tivo con ela dous fillos, Aletes e Eríxone. Á volta da longa batalla, Existo ofreceulle a Agammenon...
-
-
Resultado dunha empresa, acción ou suceso, especialmente cando é favorable.
-
Feito de ter algo ou alguén moi boa aceptación ou acollida. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esqueleto exterior ao corpo dun animal e que lle serve de protección. Os diversos grupos de animais teñen un exoesqueleto que se adapta á súa condición de vida: mobilidade, crecemento, etc. Nos corais e moluscos, que fan vida sedentaria, o exoesqueleto é ríxido e sérvelles de sostemento; os sales de calcio forman o exoesqueleto do coral, e a conquiolina, o calcio e a aragonita, o dos moluscos. Nos branquiópodos é calcario. Nos briozoos é de quitina, ás veces calcificada ou de paredes xelatinosas. Nos artrópodos, que teñen unha vida activa con moita mobilidade, fórmase por quitina córnea en placas independentes que se articulan; ás veces pode haber sales de calcio para endurecelo. Nos anélidos existe unha cutícula resistente e elástica, e moitos peixes teñen unha armadura externa. Nas tartarugas existe o caparazón típico, e algúns mamíferos, como o armadillo, presentan placas óseas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].