"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina do ano 1975 con R. Dulbecco e H.D. Temin, polos seus traballos sobre o virus do ARN, o descubrimento do enzima transcriptasa inversa (ADN polimerasa ARN dependente), e pola fixación dos procesos moleculares mediante os que a información xenética se incorpora ao ADN. Entre 1982 e 1990 dirixiu o Whitehead Institute for Biomedical Research, en Cambridge, Massachusetts.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión montañosa da Caxemira, entre as cordilleiras do Himalaia e o Karakorum, habitada polos baltis (22.000 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo de liñaxe real visigótica. Fundada por Alarico, que foi elixido xefe no ano 395, a liñaxe extinguiuse no ano 531 coa morte de Amalarico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada da palabra báltico.
-
-
Relativo ou pertencente ao baltoeslavo.
-
Termo que abrangue, baixo unha designación común, dúas familias de linguas indoeuropeas: a das linguas bálticas e a das eslavas. Máis que pola contigüidade xeográfica destes dous grupos, a designación conxunta xustifícase a partir da noción da árbore xenealóxica das linguas, que puidese probar a súa descendencia dunha lingua común báltica da que se ramificaron posteriormente, aínda que algúns estudiosos discuten que esa semellanza constitúa unha proba da súa orixe común e pensan que podería responder a unha influencia mutua máis recente. Conxuntamente acadan os trescentos millóns de falantes aproximadamente, dos que máis da metade empregan tamén o ruso. Entre as principais linguas bálticas cóntase o letón (ou letonio) e o lituano. Algunhas das linguas pertencentes a este grupo extinguíronse, aínda que si se conservan restos escritos en prusiano antigo. Os primeiros textos documentados nestas linguas son do s XIV. Ambas as dúas posúen unha norma propia pero rexistran numerosos dialectos....
-
-
-
Relativo ou pertencente ao baltofinés.
-
Grupo de linguas finoúgricas, faladas entre os mares Báltico e Branco, en territorios de Finlandia, Estonia, Curlandia e outras zonas veciñas de Rusia.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza baltooriental ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza baltooriental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘luz’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘iluminación’.
-
-
Quen é sucio ou desaliñado no xeito de vestir.
-
Quen fai trampas ou mente con moita frecuencia. SIN: embusteiro, mentirán, mentireiro, troleiro.
-
-
PERSOEIRO
Poeta, escribiu tanto en ruso como en lituano, sobre todo a partir de 1930. Entre as obras en ruso destacan Zeml’ia stupeni (Chanzos da terra, 1911) e Gornaja tropa (O camiño da montaña, 1912); entre as obras en lituano están Ikurtuves (Festa da iniciación, 1941) e Ašarų vainikas (A grinalda de bágoas, 1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador de arte. Elaborou o esquema evolutivo das formas anteriores ao Románico e defendeu a teoría de que a arte medieval de Occidente ten raíces orientais. É autor de Art sumerien, art roman (Arte sumeria, arte romana, 1934), Lithuanian folk art (Arte popular lituana, 1948), La troisième sculpture romaine (A terceira escultura romana, 1958) e Formations, déformations à la stylistique ornamentale dans le sculpture romaine (Formacións, deformacións na estilística ornamental na escultura romana, 1986). Estudou en profundidade a evolución dos termos fantásticos e simbólicos a través da arte medieval en obras como Le Moyen Âge fantastique (A Idade Media fantástica, 1955). Así mesmo, foi un profundo coñecedor da arte anamórfica: Anamorphoses ou perspectives curieuses (Anamorfoses ou perspectivas curiosas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mezzosoprano. Estudiou en Atenas, Múnic e Frankfurt, onde debutou en 1968. Na actualidade é unha das mezzos-coloratura máis apreciada internacionalmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo, ordenouse sacerdote en 1829 e foi profesor de Dogmática en Breslau (1831). Tralo seu enfrontamento co bispo de Breslau, en 1860, incorporouse aos vellos católicos despois do Concilio Vaticano I, polo que se converteu no seu organizador en Silesia (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Construción de forma pentagonal que destaca na unión das fortificacións e que é utilizada como posto de vixilancia ou de defensa. SIN: bastión.
-
Recinto fortificado. SIN: bastión, fortaleza, forte.
-
Lugar, comunidade, persoa ou cousa na que se defende ou que defende algo ata as súas últimas consecuencias. SIN: bastión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico conservador de Viveiro e Mondoñedo. Apareceu o 27 de febreiro de 1893. Dirixía a publicación Alfredo García Dóriga e entre os seus colaboradores figuraban nomes como Antonio Noriega Varela e Xosé Mª Riguera Montero. Saía á rúa bisemanalmente, os luns e os xoves nun principio, e despois os mércores e sábados.
-
-
Relativo ou pertencente aos baluchis ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo baluchi.
-
Pobo de lingua iraniana que habita dende os ss XII-XIII o Baluchistán (en especial a parte oriental, pertencente ao Paquistán) e a zona sur do Afganistán. Os baluchis (uns 3.150.000 individuos) son do grupo humano índico, aínda que acusan influencias árabes e turcas. A súa actividade económica baséase, principalmente, na gandería transhumante. Divídense en tribos patriarcais. Viven en típicas cabanas en forma de media bota. A relixión tradicional deste pobo é a islámica, sendo maioritariamente sunnitas.
-
Lingua asiática que pertence ao grupo iraniano occidental. Fálana máis de 3.000.000 de persoas en Afganistán, Paquistán, Irán e Bangladesh, entre outros lugares.
-
Literatura islámica en lingua baluchi. Desde o século XV existe unha literatura de transmisión oral e unha balada épico-lírica dos amantes Dōstēn e Šīrēn. Na segunda metade do século XVII destacou en poesía Ǧām Darrak. Na actualidade continúase cultivando a literatura baluchi con poemas didáctico-relixiosos que imitan os da literatura persa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Paquistán (347.188 km2; 4.908.000 h [1985]). A súa capital é Quetta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
País da zona suroccidental de Asia, entre Afganistán ao N, o Sindh ao L, e o golfo de Omán ao S; polo O, aínda que os seus límites son menos precisos, poderíanse establecer na conca do Jaz Mūrīyān, en Irán. Comprende, no seu conxunto, uns 500.000 km2 que corresponden ao Baluchistán paquistaní e ao Baluchistán iraní. A súa poboación está constituída por baluchis e paxtos, de orixe iránica, e brahuis, de orixe drávica. Dende 1940 a rexión evolucionou no ámbito industrial co descubrimento de depósitos de asbesto, carbón, cromita, cobre e ferro e mais coa explotación dun xacemento de gas natural en Sui. O Baluchistán paquistaní constitúe unha provincia do Paquistán e o Baluchistán iránico forma, xunto co Sistán iránico, o ostān de Baluchistán-Sistán. Herodoto e Estrabón puxéronlle o nome de Gedrosia. O Baluchistán converteuse nun punto principal na ruta das expedicións cara á India realizadas por Alexandre o Grande. Foi conquistado polos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (181.471 km2; 1.722.579 h [1996]). A súa capital é Zāhedān.