"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. Relativo ou pertencente aos erotílidos.

    2. Coleóptero da familia dos erotílidos.

    3. Familia de coleópteros propios de cascas de árbores mortas, especialmente se existe abundancia de fungos descompoñedores. Caracterízanse por presentarse, na fase adulta, como escaravellos de tamaño medio ou pequeno -cun tamaño medio duns 8 mm de lonxitude que no caso dalgunhas especies chega ata 22 mm de lonxitude- e as máis das veces de cor alaranxada, vermella ou negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esciliorrínidos.

    2. Peixe da familia dos esciliorrínidos.

    3. Familia de quenllas ovíparas de pequeno tamaño, co corpo esvelto, dentes numerosos e pequenos con varias cúspides, cabeza aplanada, na que as fendas branquiais se sitúan enriba das aletas pectorais e a aleta anal ten maior tamaño ca a dorsal. Son propias dos fondos das zonas costeiras. Pertencen a esta familia o melgacho e a patarroxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo adoptivo de Publio Cornelio Escipión Africano. Abandonou o partido dos Escipións para unirse ao dos patricios. Participou na Terceira Guerra Púnica como tribuno militar e, tralo seu nomeamento como cónsul, dirixiu o ataque definitivo contra Cartago para destruíla (146 a C). Organizou a provincia romana do Norte de África. Elixido de novo cónsul (134 a C), foi enviado a Hispania trala desfeita do cónsul Caio Hostilio Mancino no cerco de Numancia. Cercou a cidade (134 a C-133 a C) e, despois de rendela pola fame, arrasouna e pacificou a Meseta. Á súa volta a Roma, enfrontouse cos membros do partido popular pola lei agraria e foi asasinado. Formou ao seu redor un grupo, no que se incluían Polibio e Terencio, que difundiu a cultura grega en Roma. Recibiu os apelativos de Segundo Africano, trala vitoria sobre Cartago, e Numantino, pola súa vitoria en Hispania (132 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Induración da pel dos dedos producida pola esclerodermia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola poética que desenvolveu a súa actividade na corte de Federico II de Sicilia (1194-1250); este emperador, ademais de fundar a Universidade de Nápoles (1224), fixo da súa corte un dos centros culturais máis importantes da Idade Media, berce dunha escola poética que tivo o seu momento máis destacado entre os anos 1240 e 1250. A lingua na que se expresaban os poetas desta escola era o siciliano ilustre, koiné empregada con independencia da procedencia dos autores); sen embargo, a maior parte dos textos ofrece, a causa da intervención dos copistas, unha forma lingüística fortemente toscanizada (a canción “Pir meu cori alligrari” de Stefano Protonotaro é a única que se conserva integramente en siciliano). Case todas as composicións sicilianas se transmitiron en manuscritos toscanos, copiados a finais do s XIII: Canzoniere Laurenziano Rediano 9 (L), con 144 folios repartidos en 18 cadernos e confeccionado en Pisa (nun segundo momento un copista florentino engadiu textos nos espacios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forte desexo ou hábito de contemplar actos sexuais ou, simplemente, persoas núas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escopofilia.

    2. escopófilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de formación dos oficiais dos distintos corpos da Armada Española situado en Marín. A súa orixe está na Real Compañía de Guardias Marinas creada por J. Patiño en 1717 e instalada no castelo da Villa de Cádiz, e nas dúas compañías creadas en 1776 con sede en Ferrol e Cartagena. En 1824 as tres compañías departamentais xuntáronse no Colegio Real y Militar de Guardias Marinas con sede no Arsenal de La Carraca (Cádiz) que funcionou ata 1828. En 1842 creouse o Colegio Naval en San Carlos e en 1870 a Escuela Naval Flotante na fragata Asturias, con sede en Ferrol e que permaneceu aberta ata 1909. A Escuela Naval Militar creouse en 1913 en San Fernando (Cádiz) e en 1943 trasladouse a Marín, onde se creara en 1931 a Escuela de Artillería y Tiro Naval. Entre as distintas actividades formativas cómpre destacar o cruceiro de instrución a bordo do buque-escola J. S. Elcano, realizado no terceiro curso e cunha duración non inferior a seis meses. A festividade do Carme, o 16 de xullo, celébrase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á lente que ten unha cara esférica e outra cilíndrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente intelectual xurdida en Rusia no s XIX de carácter antioccidentalista. Seguidora do romanticismo e do idealismo alemán, reclamaba as calidades superiores dos eslavos, da súa cultura e da súa relixiosidade. Desde o punto de vista teolóxico, propugnaba o integralismo cognoscitivo que só era posible a través da consciencia ecuménica e mística, propia da Igrexa ortodoxa. Destacaron, entre outros, Konstantin Sergejevič Aksakov, Ivan Vasilenič Kirejevkij e Aleksej Stepanovič Khom’akov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado particular da infancia, asociado a miúdo ao raquitismo, que se caracteriza por unha hiperexcitabilidade neuromuscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Basalto alterado que contén feldespato albitizado con minerais de baixa temperatura, como a clorita, a calcita e o epídoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación dunha ou de varias vértebras.

    2. Lesión inflamatoria caseosa e destrutiva, de orixe tuberculosa, que produce a destrución dos discos invertebrais e das dúas plataformas dos corpos vertebrais, superior e inferior, veciños ao disco; as lesións consecutivas clásicas son os abcesos osifluentes, a cifose e a paraplexía. Descrita por Percival Pott, foi unha das enfermidades óseas máis frecuentes ata a chegada dos tuberculostáticos. Tamén recibe o nome de mal de Pott.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dun dos sete montes sobre os que se fundou a cidade de Roma que, segundo as fontes clásicas, foi conquistado por Servio Tulio xunto co Viminal. Na época imperial situábase extra muros de Roma e contaba cunha poboación integrada maioritariamente por plebeios. Durante o Imperio construíronse nel o templo de Minerva, a Domus Aurea e as termas de Tito e de Traxano. Nas escavacións arqueolóxicas localizáronse restos dun hipoxeo con pinturas murais (s III a C), que representan escenas da antiga historia de Roma. No s IV construíuse a basílica de Santa Maria Maggiore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de estable.

    2. Propiedade dun corpo en flotación de volver á súa posición de equilibrio cando se separou desta por unha causa externa. A estabilidade dun corpo depende da posición relativa do centro de flotación respecto ao centro de gravidade e da distancia que os separa.

    3. Facultade dun sistema material de manterse en equilibrio ou de volver ao estado de equilibrio cando actúan forzas sobre el que tenden a afastalo deste equilibrio.

    4. Tendencia dunha aeronave a recobrar unha condición de voo despois de experimentar unha perturbación que o afastou desa condición.

      1. Calidade dunha substancia de conservar as súas propiedades no tempo cando está sometida a condicións máis ou menos desfavorables.

      2. Calidade dunha substancia de resistirse a reaccionar con outra ou a descompoñerse e conservar a súa estrutura química.

    5. Período de tempo durante o que un alimento mantén unhas calidades satisfactorias. A estabilidade dun alimento depende dos seus compoñentes, do proceso de elaboración, do tipo de envasado, da súa almacenaxe (temperatura, tempo, humidade) e do transporte. En función da súa estabilidade, os alimentos clasifícanse en perecedoiros (vida útil de 2 a 30 días: leite e derivados, pan, carne, peixe, froita e verdura), semiperecedoiros (vida útil de 30 a 90 días: algúns queixos, xeados, alimentos en salmoira ou confeitados), e de longa duración (vida útil de 90 días a 3 anos: conservas, alimentos conxelados, desecados ou liofilizados, legumes ou froitas secas, cereais ou café).

    6. Resistencia dunha substancia explosiva a experimentar unha deflagración ou unha explosión espontánea, debido a un aumento da presión ou da temperatura, ou aos efectos dos produtos da descomposición do mesmo explosivo.

    7. Superposición regular das capas atmosféricas en orde decrecente de densidade.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estabilizar ou estabilizarse.

    2. Aplicación de medidas de política económica para evitar desaxustes graves nas magnitudes económicas. As medidas máis aplicadas son as de tipo monetario, pero pódense exercer tamén controis directos sobre o investimento, o consumo, a ocupación, o comercio exterior, e fiscais para superar os desequilibrios tanto por exceso como por defecto. Trala Segunda Guerra Mundial, a maioría dos gobernos aplicaron plans de estabilización para frear os procesos de inflación e deflación acumulativos inherentes ao desenvolvemento.

    3. Proceso que se realiza para inactivar os fermentos que hai nas raíces e nas follas das plantas medicinais e que, durante o tempo de desecamento destas, poderían descompoñer os seus principios activos.

    4. Operación que se realiza para eliminar a posibilidade de descomposición dunha mestura ou dun composto, mediante a adición dunha substancia chamada estabilizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que estabiliza.

      1. Cada un dos conxuntos de superficies fixas ou móbiles, situadas xeralmente na parte posterior da fuselaxe dunha aeronave, que serve para o control da estabilidade e para dirixir a aeronave.

      2. Elemento horizontal da cola dunha aeronave.

    2. Dispositivo ou conxunto de dispositivos que se colocan nos automóbiles para aumentar a súa estabilidade. Os estabilizadores poden ter unha acción mecánica, como os amortecedores ou as barras de torsión, ou aerodinámica, como os aleróns.

    3. Aditivo que se engade a unha solución que a fai quimicamente estable.

    4. Aditivo alimentario que mantén a textura e o aspecto do produto, xa que teñen unha acción espesante, antiendurecedora, escumante, antiescumante, emulxente, humectante, etc. Nun sentido máis restrinxido, denomínase así a substancia capaz de estabilizar suspensións e emulsións. Con esta finalidade empréganse gomas, alxinatos, carraxenatos, pectinas, fosfatos e polifosfatos, celulosas, mono e diglicéridos de ácidos graxos, manitol, sorbitol e outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que estabiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer estable unha cousa.

    2. Dar estabilidade a algo.

    3. Facerse estable algo.

    VER O DETALLE DO TERMO