"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Denominación específica, regulada pola Orde de 15 de febreiro de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, modificada pola Orde do 4 de maio de 2001, que aproba o seu regulamento e o do seu consello regulador, e baixo a que se recolle o licor obtido pola destilación do bagazo fermentado, procedente da vinificación de uvas producidas en Galicia. A denominación protexe dous tipos de augardente: a augardente de bagazo, que se comercializa o ano de produción, e a augardente de bagazo envellecida, que ten que permanecer un mínimo de dous anos en barricas de carballo. O seu Consello Regulador establece dez zonas de produción: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Betanzos, Ulla, Val do Miño, Portomarín e un conxunto de concellos en que hai unha ampla tradición de elaboración da augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Dodro, Padrón, Rianxo e Rois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Asemblea lexislativa configurada pola Constitución española de 1978 en que se delimitaron os sistemas de goberno que deben ter as comunidades autónomas e a súa organización institucional (artigo 152.1) conforme ao modelo estatal no aspecto concreto que se refire ás relacións entre parlamentos (unicamerais) e gobernos autonómicos.
    Antecedentes históricos
    O Parlamento de Galicia ten a súa orixe máis inmediata no texto de 1981. Un antecedente remoto podería estar no Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887 aprobado polo Partido Republicano Federal, onde se fala, no título V da Asemblea Rexional. Lois Peña Novo referiuse tamén á Asemblea da Mancomunidade Galega, pero foi no democrático contexto de recuperación de liberdades dos pobos da Segunda República Española onde naceron os precedentes inmediatos das presentes institucións autonómicas, sobre todo, no que se aprobou na Asemblea de Concellos de Galicia en 1932 e se plebiscitou de modo afirmativo polo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Barcelona a partir do 1 de outubro de 1995. Editada pola Peña Cultural Deportivista de Barcelona, tivo como director a Ramón Rey Nóvoa. Incluíu diferente información deportiva e artigos sobre a vida e cultura galegas (gastronomía, turismo, arte, festas ou historia), así como traballos sobre galegos residentes en Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque empresarial creado en San Cibrao das Viñas en 1992 por iniciativa da Xunta de Galicia. Agrupa empresas e institucións de alto nivel tecnolóxico e innovador. Depende das consellerías de Economía e Facenda e de Industria e Comercio pero como órgano de xestión constituíuse en sociedade anónima na que participan, ademais da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense, os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas, a Confederación Empresarial de Ourense, UGT e as tres universidades galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en París, entre 1968 e 1969, como partido nacional e autónomo do Partido Comunista de España (PCE). Loitou contra os intentos centralizadores do PCE e contribuíu á unidade da oposición galega contra o Franquismo. Tamén participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia (1975), na consolidación da Táboa Democrática Galega (1976) e na redacción do Estatuto de Galicia. Foi un partido importante na oposición galega, sobre todo en sectores industriais como Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela e nas catro capitais de provincia. A súa evolución viuse afectada pola crise interna no PCE, ata converterse en Esquerda Unida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política arxentina fundada por J. D. Perón en 1945. Participou nas eleccións de 1946 co nome de Partido Laborista, integrado por disidentes da Unión Cívica Radical (UCR), líderes sindicais e grupos nacionalistas. Defendeu a xustiza social, a liberdade económica e a soberanía política. Aglutinou o peronismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política creada por iniciativa do comité federal de Vigo na Asemblea Cantonal de Galicia de Santiago de Compostela (1873). No programa electoral defenderon a proclamación da república federal, a autonomía de Galicia, as reformas sociais, a redención dos foros e a problemática do ferrocarril, ademais de recoller as aspiracións dos sectores máis populares. O consello executivo, formado, entre outros membros, por Aureliano Xosé Pereira de la Riva, Ramón Pérez Costales e Segundo Moreno Barcia, presentou un Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico (1887). A aparición do rexionalismo conseguiu que perdese o apoio dun amplo sector do galeguismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación xeográfica protexida segundo a Orde do 29 de outubro de 2001 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, que reciben as patacas dalgúns concellos da comarca de Bergantiños, de Terra Chá, da Mariña Lucense, da Terra Lemos e da comarca da Limia que sexan da variedade Kennebec. As patacas teñen forma de redonda a oval, con presenza de ollos moi superficiais, cun calibre entre 40 e 80 mm, pel lisa e fina de cor amarela clara, e a carne de cor branca con textura firme e cremosa ao cocer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade de patricio.

    2. Orde dos patricios ou conxunto de todos os que, na Roma antiga, constituían a nobreza.

    3. Conxunto de cidadáns ou burgueses honrados, dunha cidade ou vila, no Antigo Réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín patricius, que designaba a quen era membro dunha familia de patres, ‘de pai nobre’, é dicir, descendente dos primeiros que con Rómulo e Remo fundaron Roma. A súa festividade celébrase o 17 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paulicianos.

    2. Membro dunha seita do Imperio Bizantino que era orixinaria de Mannali, Asia Menor, e cuxa primeira comunidade se estableceu en Armenia (s VII). Perseguidos, algúns pasaron ao Islam e outros, refuxiados en Bulgaria, confundíronse cos bogomilos. A doutrina, dualista, atribúe a creación a un deus malvado. Negaban tamén a realidade do corpo de Xesús Cristo e, con Marción, refusaban todo o Antigo Testamento. Exerceron influencia nos cátaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de escritores galegos creada como iniciativa de 27 autores o 10 de maio de 1989. Previamente, en abril de 1977 e co apoio do PEN Club catalán, un total de 47 autores galegos pediran a creación da sección galega do Internacional PEN, que non foi aceptada. A partir de 1990, xa como asociación recoñecida polo Ministerio do Interior, participou en diferentes eventos do PEN Club International, como a organización do LX Congreso Internacional celebrado en Santiago de Compostela en 1993 e no que participaron máis de 500 escritores. Presidido por Alfredo Conde (1990-1991), Úrsula Heinze (1991-1996), Carlos Casares (1996-1999) e Luís González Tosar, ademais de promocionar actos literarios, defende a liberdade de escritores represaliados e os dereitos lingüísticos dos pobos. Instituíu o Premio Rosalía de Castro para homenaxear a escritores doutras linguas da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Ferrol a partir do 1 de setembro de 1865. Cesou o 15 de marzo de 1866. Fundada e dirixida por Ventura Pueyo, subtitulouse “Revista quincenal de ciencias, literatura, industria, agricultura, comercio [...] con la cooperación de los principales hijos de Galicia notables en las ciencias y en las letras”. Na súa redacción participaron, ademais do propio director, Leandro de Saralegui e Bieito Vicetto. Dividiuse en tres partes, unha doutrinal, outra creativa, e unha terceira referida a novas e descubrimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica, habilidade ou experiencia na realización de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao perito ou experto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa para o fomento da produción e a explotación racional do marisco e para outorgar unha protección especial ás zonas de produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan educativo que se levou a cabo despois da aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970. En 1971 a Secretaría Xeral Técnica do ministerio de Educación e Ciencia deu a coñecer o informe de planificación educativa en Galicia. Nese documento, facíase un diagnóstico do sistema educativo galego en que se asumían as carencias na política oficial e se marcaban obxectivos e accións de desenvolvemento para todos os sectores educativos sobre a base dun mapa de cabeceiras comarcais de concentración dos servizos educativos. Con este Plan pretendeuse, ademais, asegurarse a participación do Banco Mundial. Os obxectivos básicos de actuación en Galicia foron: a) lograr a escolarización total de alumnos en período de ensino obrigatorio (6-13) e b) realizar concentracións escolares co fin de mellorar a calidade do ensino e reducir os custos de funcionamento dos centros, reconvertendo as escolas unitarias e mixtas en grupos escolares. Polo que respecta ao ensino universitario primouse o crecemento da oferta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en 1976 e controlada pola Federación Gallega do PSOE, en que se integraron as forzas da esquerda non nacionalistas de Galicia. Versión galega da Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, aceptou a reforma política negociada cos sectores aperturistas que procedían do Franquismo e a recuperación do Estatuto de Autonomía plebiscitado en 1936. Formou parte de Coordinación Democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO