"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou a carreira de medicina, que rematou en Valladolid con premio extraordinario en 1875. Exerceu como médico en Madrid e realizou diversas viaxes de estudios aos EE UU. Publicou unha Introdución a la Fisiología (1892) e Nociones clínicas de las aguas minerales (1907), un estudo detallado e ordenado sobre as características e efectos terapéuticos das augas, amodo de prontuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Presidente de México (1924-1928). Impulsou unha política de reformas nas que destacaban a reestruturación do exército, a reforma agraria, a loita contra o caudillismo e contra a influencia norteamericana, que desencadeou a sublevación cristera, dirixida por católicos intransixentes. No ano 1928 fundou o Partido Nacional Revolucionario e, como ministro de Finanzas, fixo aprobar a lei Calles (1931). Estivo exiliado entre 1936 e 1941 pola súa oposición ao goberno de Lázaro Cárdenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Comezou a súa actividade no grupo de teatro da Universidade Laboral da Coruña no ano 1976 e posteriormente participou en numerosos grupos como Danthea, Escola Dramática Galega, Ollomol Teatro Submarino, O Moucho Clerc, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Con estas compañías traballou en diversos espectáculos como Os perxuicios do tabaco, de Chejov (1976); Adeus Madelón, de Manuel Lourenzo (1987); Moleques, de Marcos Orsi (1989); O Rousinhol da Bretanha, de Quico Cadaval (1991); Historia de Neera, de Roberto Salgueiro (1990); O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (1991); Anxeliños, de Vidal Bolaño (1997); Para ser exactos, creación do grupo Ollomoltranvía (1997); Commedia (un xoguete para Goldoni) (1993) e Raíñas de pedra (1994), ambas as dúas de Cándido Pazó; tamén participou na representación de Clownfutbol...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político. Obreiro metalúrxico e militante comunista dende 1935. Nos anos sesenta foi un dos fundadores do sindicato Comisiones Obreras (CC OO), do que foi secretario xeral (1976-1987) e presidente honorífico (1987-1996). O seu activismo político e sindical levouno ao cárcere en varias ocasións entre 1967 e 1976. Foi deputado por Madrid do Partido Comunista de España (PCE) na lexislatura constituínte (1977-1979) e na primeira lexislatura (1979-1982). Escribiu Charlas en la prisión (1974), onde evoca a loita antifranquista e os seus longos encarceramentos, e Confieso que he luchado (1990), un libro de memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista profesional aparecida en outubro de 1986 en Lugo e subtitulada “Publicación de la Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Lugo”. Dirixida por Manuel López Castro, tiña como seccións: “Editorial”, “Opinión”, “Reportaje”, “Entrevista”, “Cámara”, “Cuadernos”, “Provincia”, “Galicia”, “España”, “Panorama” e “Humor”. Contén diversa información de carácter económico e comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Doutor en Dereito, colaborou en varias revistas e publicou o poemario Poesías de la razón cordial (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Coñecido como segundo fundador de Roma, loitou contra os etruscos, ecuos, hérnicos e volscos (389 a C) e foi en varias ocasións ditador de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político boliviano. Formado en leis na Arxentina e doutorado pola Universidade de Chuquisaca, en 1846 trasladouse a Europa para completar a súa formación militar e exercer como embaixador en Londres. Residiu en Europa ata 1873, data na que foi nomeado xefe supremo do exército boliviano, polo que participou activamente na Guerra do Pacífico (1879-1883). En 1880 foi elixido presidente e, tralo abandono da política activa, publicou Recuerdos (1874), as súas memorias políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a publicación La ilustración española y americana. Compuxo romances históricos, odas e outros poemas de influencia romántica e clasicista, que reuniu nos volumes Poesías (1858) e Nuevas poesías (1867). Ademais publicou as narracións costumistas Una docena de cuentos (1878), Nuevos cuentos (1881) e Cuentos y sucedidos (1893), este último en colaboración con Javier de Burgos, e varios manuais de retórica, entre eles, Retórica y poética (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico. Estudiou na Escuela de Cine de Madrid e comezou como guionista colaborando con Carlos Saura. Adscrito ao denominado Nuevo Cine Español, dirixiu, entre outras, Los farsantes (1963), Con el viento solano (1965), Esa mujer (1969), Los días del pasado (1977), La colmena (Oso de Ouro en Berlín, 1982), Los santos inocentes (Premio de Interpretación Masculina de Cannes, 1984), La casa de Bernarda Alba (1987), Después del sueño (1991), Amor propio (1994) e La ciudad de los prodigios (1999). Traballou tamén en numerosas series para televisión como Curro Jiménez (1977), Fortunata y Jacinta (1979) e La forja de un rebelde (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Malia comezar a súa carreira de forma exitosa dirixindo filmes como Mort en fraude (Morto fraudulentamente, 1956) e Orphée noir (Orfeo negro, Palme d’or no Festival de Cannes en 1959 e Oscar da Academia de Hollywood en 1960), os seus intentos por especializarse no exotismo non deron o resultado previsto. Realizou tamén Le mur de l’Atlantique (A parede do Atlántico, 1970) e Otalia de Bahia (1976), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou na Escola de Medicina de Rio de Janeiro e doutorouse en Saúde Pública na Johns Hopkin’s University en Baltimore. Entre 1934 e 1950 ocupou distintos cargos no Servicio de Saúde Pública no estado de Rio de Janeiro. En 1950 entrou na OMS como director da División de Organización de Servicios Sanitarios; en 1953 foi director xeral, cargo no que foi reelixido en 1963 e 1968 e que ocupou ata 1973, ano en que o nomearon director xeral emérito. Ocupouse principalmente dos problemas de enxeñería sanitaria, a loita contra a fame e a tuberculose, a unificación da terminoloxía médica e a mellora das condicións sanitarias dos países do Terceiro Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delfín de ata 9 m de lonxitude no caso dos machos, 5 m de lonxitude nas femias, e cun peso de ata 7.000 quilogramos. Son de cor negra, agás unha gran mancha branca alongada sobre o ollo e as partes ventrais e outra zona gris detrás da aleta dorsal. As aletas anteriores son moi grandes e arredondadas, de ata 1/6 da lonxitude total do animal, e as aletas dorsais son triangulares, de ata 1,8 m de altura. Acadan máis de 40 anos de idade e as femias poden ter unha cría cada ano, que mide ao nacer máis de 2 m. Viven en pequenos grupos, compostos xeralmente dun macho con varias femias, aínda que ás veces se poden chegar a xuntar máis de corenta animais. Aliméntanse de peixes de gran tamaño, focas e incluso cetáceos. Alcanza velocidades de ata 62 km por hora. Distribuída por todos os océanos, especialmente en augas frías, tamén aparece no Mar Mediterráneo e en augas galegas, especialmente nas máis afastadas da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, capital da comarca de Las Brañas (18.110 h [1996]). Sitúase no val onde o río Luiña ou Naviego desemboca no Narcea. Centro agrícola, destacan os cultivos de millo, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Co gallo da importancia da cría de gando ovino e bovino, celébranse na localidade feiras de sona. O sector mineiro provocou un auxe económico que contribuíu ao desenvolvemento urbano. Durante o reinado de Fernando III o Santo Cangas del Narcea converteuse en vila. A basílica de Santa María Magdalena, erixida no 1642, está declarada Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Navia pola dereita. Nace a 1.010 m de altitude no límite entre as parroquias de Vilaquinte (concello de Cervantes) e Ribón (concello de Navia de Suarna). O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena as parroquias de Ribón, Sevane e A Pobra de Navia, onde desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 995 - Shaftesbury, Wessex 1035) Rei de Dinamarca (1018-1035), de Inglaterra (co nome de Canuto I, 1017-1035) e monarca noruegués (1029-1035). Ao morrer no 1014 o seu pai, Sven de Dinamarca conquistador de Inglaterra, os anglosaxóns reinstauraron o Rei Ethelred II. Derrotados os británicos e morto o monarca inglés, casou coa raíña viúva Emma no 1017, converténdose en monarca indiscutido. Tralo falecemento do seu irmán Harold converteuse en soberano de Dinamarca e, despois da vitoria sobre Olavo II o Santo, gobernou Noruega. Asistiu á coroación imperial de Conrado II no 1028 e axudouno nas campañas contra os eslavos. Residiu en Inglaterra onde gobernou co apoio da súa garda, a Thingmannalidh, e da igrexa anglosaxona favorecendo con medidas políticas a fusión entre os pobos e ditando leis de importancia civil e eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1035-1042) e rei de Inglaterra (1040-1042). Fillo de Canuto II e da segunda muller deste monarca, a raíña Emma. Ao morrer o seu pai recibiu o reino de Dinamarca e, axudado pola súa nai, quen desexaba manter a unidade anglodanesa, reinou tamén sobre Inglaterra tralo falecemento de Harold no 1040. Renunciou a calquera aspiración sobre Noruega no 1038, logo dunha entrevista con Magnus o Bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1080-1086) e sucesor de Harold IV. Durante o seu reinado reforzou o poder real, outorgou á Igrexa numerosos privilexios económicos e someteu os señores feudais. Loitou tamén contra os estonios e, aliado con Olavo de Noruega, emprendeu unha malograda expedición naval para conquistar Inglaterra no 1085. Morreu asasinado xunto co seu irmán nunha revolta dos nobres. Recibiu o alcume de o Santo pola difusión que realizou do cristianismo, castigando con dureza os que non respectaban os mandatos da Igrexa e polo esforzo por protexer as igrexas e mosteiros. Canonizado pola Igrexa Católica, foi declarado patrón de Dinamarca no 1101.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1182-1202). Continuou con éxito a expansión territorial iniciada polo seu pai Valdemar I o Grande. Venceu os eslavos da Xermania superior apoderándose da Pomerania, Slesvig-Holstein, Hamburgo, Lübeck e case todo o litoral do Báltico, xunto co rei dos sorabos. Enfrontouse ao Emperador Federico I Barbarrubia no 1183, a quen lle negou a homenaxe feudal polos territorios ocupados do Imperio. No 1200 sufocou unha revolta campesiña contra o bispo Absalón e atribuíuse un poder case ilimitado para evitar novas sublevacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Foi o autor de De nuptiis Mercurii et Philologiae (Sobre as nupcias de Mercurio e Filoloxía), obra enciclopédica onde expón a materia das sete artes liberais; expoñente das diversas correntes culturais do helenismo, tivo gran difusión como libro de texto durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO