"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

    1. Recinto destinado a carreiras de cabalos e a exercicios equestres. Está formado por un circuíto de terra ou herba, normalmente de forma elíptica, dun perímetro que vai dos 800 m aos 3.000 m, que posúe ademais, chanzos para os espectadores, cortes para os animais e oficinas onde cursar apostas sobre os resultados das carreiras. Existían na Antiga Grecia (Olimpia, Delfos ou Atenas), e no mundo romano foron substituídos polo circo e polo estadio.

    2. Xardín en Roma, na época dos Antoninos, de forma alongada, rodeado de pórticos con exedras nos extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao efecto de desprazamento dunha banda de absorción a unha rexión de lonxitude de onda máis curta, que provoca un auxocromo ao ser introducido nunha molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Hispania romana ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Hispania romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado en medicina para medir as dimensións da cavidade uterina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de navegar a vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Identificación da coloración de certos organismos coa do medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á fotometría que compara cores iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cultura oraniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao grupo de linguas románicas faladas na Península Ibérica: o galego, o portugués, o asturleonés, o castelán, o aragonés e o catalán, e o desaparecido mozárabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos iberorromanos.

    2. Ibero baixo a influencia romana.

    3. Arte desenvolvida polos iberos baixo dominio romano. Destacan os relevos de Osuna (Sevilla), as parellas de oferentes do Cerro de los Santos (Albacete) e o relevo da muller e o guerreiro da Albufera (Alacant).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir cristiá de dubidosa autenticidade. Casou co patricio romano Valeriano (232?), que se converteu e respectou a súa virxindade. Ela e o seu irmán Tiburcio pedíronlle o bautismo a santo Urbán e por iso foron condenados á pena capital e martirizados. Foi venerada en Roma desde finais do s V e o seu culto en Hispania remóntase ao s X. Desde finais do XV é considerada patroa dos músicos, en especial da música relixiosa. Baixo a súa advocación fundáronse congregacións, confrarías profesionais de músicos e asociacións de concerto. Na iconografía viste túnica e manto das doncelas romanas, con coroa real ou de flores; desde finais da Idade Media empezou a representarse tocando e cantando, por iso adoita levar como atributos persoais un instrumento musical, como un órgano, arpa, clavecín ou violoncelo. O Papa san Pascual I (817-824) trasladou as súas presuntas reliquias á igrexa de Santa Icía de Trastevere (Roma). A súa festividade celébrase o 22 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos cristais e aos minerais que teñen unha cor que non se debe ás impurezas senón ás súas propiedades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición musical de forma libre e estilo brillante, baseada na improvisación. Foi cultivada especialmente polos pianistas e compositores do s XIX, como Liszt, Schubert, Chopin e Fauré.

    2. Epigrama, madrigal ou canción improvisados, xeralmente cunha estrutura rimada. Ten a súa orixe no Renacemento italiano, e empregouse como exercicio de enxeño na corte francesa dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten ningunha interrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para calcular mecanicamente integrais, utilizado sobre todo no cálculo de momentos de inercia. Un caso particular é o planímetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da ciencia e da técnica que se ocupa das interferencias e das súas aplicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á interferometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para producir interferencias. Entre os diversos tipos de interferómetros ópticos destaca o   denominado interferómetro de Michelson, no que un raio de luz inicial se divide, mediante un espello semiarxentado, en dous raios que se superpoñen despois de percorrer camiños ópticos diferentes, en direccións perpendiculares. Utilizáronse en experimentos importantes, sobre todo para facer medidas de precisión.

    VER O DETALLE DO TERMO