"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Redondela baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un carballo de sinople. Outra variante presenta, en campo de prata, unha cruz floreteada de sinople, acompañada de catro cruces gregas de goles, unha en cada cantón; bordo de azul, cargada de tres flores de lis de prata, colocadas unha en xefe e unha en cada flanco, alternando con cinco cunchas de vieira de prata, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha na punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cabanelas (O Carballiño). Á obra orixinal do s XVI engadíuselle outras edificacións. Ten planta cadrada con cuberta a dúas augas. No exterior ten unha escaleira que leva ata unha solaina sostida por columnas rematadas en zapatas decoradas cos escudos dos Losada e Ribadeneira. Conta cunha capela nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Reboreda (Redondela). É obra de finais do s XVII con reformas posteriores. Ten dúas partes diferenciadas, con acceso por dous portóns da fachada principal. A unha delas accédese a través do pórtico onde se sitúa a escaleira e conta cun patio rectangular con decoracións na balaustrada e nos capiteis. Nesta parte hai unha torre que foi reformada. A outra zona conserva a súa estrutura orixinal. A través do portalón accédese a un patio desde o que se sube á planta principal polo patín. A casa comunícase por un pasadizo coa igrexa parroquial. Os escudos, situados sobre os portóns, aluden aos Troncoso, Lira, Mondragón e Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Baleo que nace na parroquia das Neves e desemboca na de Devesos (Ortigueira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que presenta, en campo de ouro, un barril de goles, superado de tres estrelas de azul colocadas en faixa en xefe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (A Coruña?) Arquitecto. Formouse na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona. Desde 1977 é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Os seus primeiros traballos dirixíronse ao planeamento urbano e á ordenación do territorio, como o estudo sobre o impacto sobre o territorio da Autopista de Atlántico. Realizou a rehabilitación do cuartel da rúa do Hórreo para sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela (1987, Premio Julio Galán Carvajal en 1991) e, xunto con Albert Pineda, o Hospital Marítimo de Oza na Coruña (1995-1997, Premio Julio Galán Carvajal en 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, participou en diversas campañas arqueolóxicas na comunidade galega. Escribiu, entre outras, Guía dos castros de Galicia (2000) e Castelao e nós (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Sabuguido (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.050 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paleo (Carral). Trátase dunha construción en forma de L cunha torre de planta cadrada e ameada nun dos lados. Construíuse en cahotaría agás os esquinais, ocos e cornixas, realizados en cantaría. Está amurallada e rodeada de xardíns. Destaca o escudo con cimeira e dividido en catro cuarteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota). O seu cumio acada os 531 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (586-601), fillo e sucesor de Leovixildo. O seu pai asociouno ao trono co seu irmán santo Hermenxildo de Sevilla en 573, coa misión de gobernar as rexións do N a carón dos francos. Combateu contra os francos en Septimania (585?-586) e recuperou Carcassonne. En 587 converteuse ao catolicismo e convocou os bispos para que abxurasen do arianismo. Tivo que reprimir dúas revoltas arianas, en Septimania e en Lusitania en 588.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (621), fillo e sucesor de Sisebuto. O seu pai asociouno ao trono. Morreu poco despois de converterse en rei e sucedeuno Suintila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU, afluente pola dereita do Mississipi (1.638 km). Nace ao N de Texas co nome de Palo Duro Canyon. Marca a fronteira con Oklahoma, entra nun breve tramo en Arkansas (SO) e atravesa Louisiana. A parte superior da súa conca é bastante árida, mentres que a media e a inferior están constituídas por fértiles terras vermellas, que deron nome ao río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América do Norte, tributario do lago Winnipeg (1.120 km). Fórmase en Minnesota, pola unión do Bois de Sioux e o Otter Tai, e fai fronteira entre Minnesota e Dakota do Norte ata entrar en Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Canda (Piñor). Está formado por dous corpos que adoptan a forma dun T, o máis antigo é o máis ancho, e presenta dous andares. Na fachada principal destaca un arco de medio punto como porta. Na parte posterior ten unha solaina corrida montada sobre piares e balaustrada de madeira á que se accede polo exterior a través dunha escaleira. O escudo alude aos Losada, Mosquera, Camba, Torre, Taboada, Noguerol, Vilamarín, Quiroga e Ribadeneira, entre outros. Atópase dentro dunha leira illada do núcleo urbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de redactar.

    2. Texto escrito, baseado nun tema determinado, que se redacta como exercicio.

      1. Lugar onde traballa o redactor.

      2. Conxunto de redactores dunha publicación ou dun medio de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO