"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación coa que se designaba a Irlanda nos círculos galeguistas de principios do s XX.
-
GALICIA
Pintor. Desenvolveu a súa actividade artística en Marín. Autodidacta, cultivou a paisaxe, xeralmente ao óleo, e o bodegón. Nas súas mariñas e paisaxes dominan os grises e azuis degradados. As súas primeiras obras caracterizáronse polo debuxo académico, que posteriormente deixou paso á abstracción con manchas que compoñen campos de cor que sintetizan a natureza que desexa plasmar. Mostrou a súa obra por primeira vez nunha exposición colectiva en Pontevedra (1966), e con posterioridade realizou exposición individuais, entre outras cidades, en Pontevedra, Santiago de Compostela e Ourense, e participou noutras colectivas, como na Bienal de Arte de Pontevedra (1972), na mostra Joven Pintura Gallega na televisión uruguaia, na Segunda Trienal Nacional de Pintura de Santiago de Compostela e na Euroamericana Galleries de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jekaterinburg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido presente nas raíces de Helleborus niger en forma de cristais relucentes. De sabor amargo e propiedades narcóticas, emprégase como tónico cardíaco.
-
ILLAS
Illa do Océano Ártico, situada no arquipélago Queen Elizabeth, no Territorio do Noroeste, Canadá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse con J. Trumbull e J. Quidor. Retratou a sociedade do seu tempo. Das súas obras destacan Fenimore Cooper, Erastus Dow Palmer e Cyrus McCormick.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coller afecto a unha persoa, animal ou cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal, especialmente ao león ou ao cabalo, que ten a crina dunha cor diferente á do corpo.
-
-
Relativo ou pertencente ás secrecións internas das glándulas.
-
Glándula que carece de conduto excretor, polo que secreta directamente no medio interno do organismo, normalmente ao sangue, os produtos da súa secreción, para que actúen en diferentes partes do organismo. Nos mamíferos, as glándulas endócrinas son a pituitaria, a glándula adrenal, a tiroide e as glándulas paratiroides, o ovario, o testículo, a placenta e unha parte do páncreas.
-
Conxunto de órganos especializados que sintetizan hormonas e as secretan ao sangue. Os órganos principais que o compoñen son o hipotálamo, a hipófise, a tiroide, as paratiroides, o páncreas, as suprarrenais, as gónadas e a epífise. Cada un destes órganos elabora unhas hormonas determinadas, con accións específicas sobre un tecido ou outro. A regulación deste sistema realízana fundamentalmente o hipotálamo e a hipófise, mediante retroalimentación negativa; isto é, a liberación dunha hormona inhibe que esta se siga producindo. Entre outras funcións que realiza o sistema, cómpre destacar o crecemento corporal, a actividade metabólica celular, o aproveitamento das substancias nutritivas e o desenvolvemento das características sexuais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en endocrinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a estrutura, normal e patolóxica, e as funcións das glándulas de secreción interna, así como as propiedades químicas e os mecanismos de acción das hormonas que producen. A súa orixe é tan antiga coma a humanidade, pero non se aceptou como ciencia ata finais do s XIX. Anatomicamente, a maioría das glándulas endócrinas xa eran coñecidas polos gregos e os romanos. As últimas en ser descubertas foron as glándulas suprarrenais (1563) e as paratiroides (1879), pero a función de todas era aínda descoñecida. No s XVIII, Albrecht von Haller describiu a tiroide, o bazo e o timo como glándulas que non tiñan condutos excretores, senón que vertían as súas substancias ao sangue. O impulso da endocrinoloxía moderna débese a Claude Bernard que, en 1855, formulou claramente o concepto de secrecións internas, definíndoas como uns produtos específicos de certos órganos que se difunden por todo o corpo e son indispensables para o mantemento das funcións vitais. Schafer sinalou que as secrecións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á endocrinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo xeral para designar os transtornos das glándulas de secreción interna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo clorado que se presenta en forma de po cristalino e incoloro. Practicamente insoluble en auga, disólvese en etanol, hidrocarburos aromáticos, ésteres e cetonas. Análogo á aldrina e á dieldrina, pero menos persistente, emprégase como praguicida principalmente en cultivos de cereais. Presenta unha enorme toxicidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enfariñar ou enfariñarse.
-
-
Cubrir unha superficie de fariña.
-
Manchar con fariña.
-
Mancharse con fariña. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que vai o muíño sempre se enfariña.” OBS: Este uso pronominal non é correcto se se expresa o complemento directo. Enfariñouse cando colleu o pan, en lugar de *Enfariñouse as mans cando colleu o pan.
-
-
GALICIA
Político. Traballador de Citroën, participou nas loitas obreiras dos anos setenta e foi elixido concelleiro do Concello de Vigo na primeira corporación democrática por Unidade Galega (1979). Promoveu o asociacionismo veciñal e o cooperativismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, foi, entre 1975 e 1980, cronista de sociedade en Faro de Vigo e Diario de Pontevedra. Desde 1983 colabora na revista Telva. Foi subdirectora de Radio 80 Pontevedra e cronista de sociedade en Onda Cero. En televisión, foi coordinadora do programa Mesa Reservada (TVG), redactora de Antena 3, colaboradora no programa De buena mañana (Antena 3), e entrevistadora en Encantada de la vida (Antena 3), Pasa la Vida (TVE), e Ahora (Antena 3).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Imprenta constituída en Lugo no ano 1867 por Balbino Enríquez e Antonio Villamarín Montenegro. A partir de 1872 pasou a ser propiedade de Antonio Villamarín. Nos seus obradoiros tipográficos imprimiuse El Progreso (1867-1868), El Eco de Galicia e numerosos folletos e libros, da autoría de Castro Bolaño, Aurelio X. Pereira, Villamil e Castro e Besteiro Torres.