"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Abade e reformador cisterciense. En 1112 entrou no mosteiro de Císter (Citeaux). En 1115 fundou o mosteiro de Clairvaux (Claraval), que gobernaría deica á súa morte. Puxo a orde ao servizo do papado, intervindo nos asuntos políticos e relixiosos da época: fixo campaña a favor do Papa Inocencio II contra o antipapa Anacleto; no 1146 predicou en Vezelay a segunda cruzada (1147-1148). Foi adversario doutrinal de Abelardo (Concilio de Sens de 1141) e de Gilbert de la Porrée (Concilio de Reims de 1148); polemizou cos cluniacenses; escribiu contra os cátaros de Colonia e refutou os de Languedoc. Foi un dos propagadores do culto a María, defendendo a súa maternidade virxinal aínda que sen aceptar a Inmaculada Concepción, o que motivou que moitas igrexas fundadas polos cistercienses estivesen baixo a advocación de santa María. Así mesmo, malia a súa aversión á arte, especialmente á escultura, proscrita nos templos do Císter enriqueceu a iconografía mariana. A súa reforma litúrxica constitúe un...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcediago da sé de Aosta (966), restaurou o hospital do Gran San Bernaldo, fundado co fin de atender os peregrinos a Roma. Foi canonizado en 1681 e nomeado patrón dos alpinistas en 1923. A súa festa celébrase o 15 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e sociólogo. Estudiou Dereito na Universidade de Madrid. Participou na fundación da Escola de Criminoloxía (1903), da que foi catedrático. Traballou no Instituto de Reformas Sociais e foi enviado a Galicia en 1921 para estudar os foros agrarios. En 1931 foi nomeado membro da comisión encargada de estudar a reforma agraria e xefe do servizo de Política Agraria do ministerio de Traballo. Exiliado en 1939 en Hispanoamérica, foi profesor nas universidades de La Habana, Santo Domingo e México. Entre as súas obras destacan: Acerca del delito y la pena (1904), Nuevas teorías de la criminalidad (1918), Derechos sociales de los campesinos (1918), El problema de los foros en el Noroeste de España (1923), Derecho social (1932), Criminalidad del campo andaluz: el bandolerismo (1934) e El bandolerismo en España y México (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orde Cisterciense.
-
PERSOEIRO
Escritor. Dedicouse ao xornalismo e tivo unha grande actividade como monárquico e católico intransixente. En 1926 publicou Sous le soleil de Satan (Baixo o sol de Satán) coa que obtivo un enorme éxito, e a continuación outras dúas novelas: La imposture (A impostura, 1927) e La joie (A ledicia, 1929). Instalouse en Mallorca en 1935 e en 1936 apareceu a súa obra mestra, Journal d’un curé de campagne (Xornal dun crego de aldea). Enfrontado aos acontecementos políticos e sociais dos anos trinta e corenta, escribiu: La grande peur des bienpensants (O gran medo dos conformistas, 1931); Les grands cimetières sous la lune (Os grandes cemiterios baixo a lúa, 1938), testemuño das execucións en Mallorca durante a Guerra Civil española; Lettre aux anglais (Carta aos ingleses, 1942) e La France contre les robots (Francia contra os robots, 1944). A súa peza teatral Dialogues des Carmélites (Diálogos dos Carmelitas, 1949)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor dramático francés. Cultivou o drama sentimental en Le feu qui reprend mal (O lume que se reaviva mal, 1921). Escribiu tamén algunhas narracións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Comezou a súa carreira xornalística en 1881 fundando xunto con Ricardo Mella, Federico Rodríguez e Joaquín Nogueira o xornal La Propaganda de Vigo. Foi redactor dos xornais Diario de Vigo (1884) e Coalición Republicana (1886), director de La Vanguardia (1891) e de La Federación (1894), e correspondente en Galicia de varios xornais (La Prensa de Bos Aires, Daily Mail de Londres, etc). Máis tarde pasou a ocupar o cargo de redactor-xefe no Faro de Vigo. Exerceu tamén como concelleiro en Vigo e tivo diversas responsabilidades en entidades culturais da cidade. Especializado en estudios de economía pesqueira, publicou o libro La pesca en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Realizou estudios de Maxisterio en Pontevedra. Desenvolve a súa actividade profesional nunha entidade bancaria. En 1976 publicou a novela Un home de Vilaméan: anatomía dunha revolución (Premio Alfredo Somoza do Patroado da Cultura Galega de Montevideo), onde ofrece unha visión da revolta irmandiña do século XV. En 1983 foi premiado no certame literario Modesto R. Figueiredo de narracións curtas polo relato “Homo sapiens”. Outras obras súas son: Ouveade, naves de Tarsish! (1983), baseada na Ora Maritima de Rufo Festo Avieno; Vento do Norte, vento do Sur (Premio da Casa Galicia de León, 1985); O ano do cometa (Premio Xerais 1986, publicada en 1987) e Xerusalén Xerusalén! (1992). Dirixiu a revista Latexo e o semanario Galicia Social, ademais de colaborar noutras publicacións. Recibiu o Premio Galicia de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela en 1990 polo seu traballo “Galicia no século VI antes de Cristo....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta fillo de emigrantes galegos. Cultivou unha lírica intimista, de tema relixioso, que intenta chegar a un clasicismo formal en El buque (1935), Poemas elementales (1942), El ángel de la guarda (1949) e Tres poemas católicos (1959), entre outras. Seguindo a corrente ultraísta publicou Orto e Bazar (1922). Amosou sempre unha actitude de apaixonada defensa e compromiso constante coa problemática da lingua galega; neste campo publicou Discurso encol do Idioma Galego (1953) e Lembranzas de Castelao, Pimentel, Cabanillas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano e predicador italiano. Fundou a Congregación dos Frades da Observancia, así chamados por observaren a regra primitiva de san Francisco. Rexeitou todos os cargos episcopais para dedicarse por enteiro á predicación. Sentiu unha devoción especial pola festa do Nome de Xesús, xa suprimida. Interpretou en latín o monograma grego das tres letras I H S como Iesus Hominum Salvator, tomando o eta grego por hache latino. Bernardiño levaba a todas as súas predicacións o seu “trigramma”, un signo que foi considerado amuleto, adorado polas multitudes ao final das súas prédicas. Tras vinte anos de difundir a devoción e o monograma do nome de Xesus morreu en L’Aquila, no Reino de Napoles. Foi canonizado en 1450 e a súa festa celebráse o 20 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. A súa poesía, burlesca, satírica e continuadora da tradición realista toscana, iniciou un xénero propio chamado bernesco. Os sonetti e capitoli recollidos en Rime gicose (despois de 1537) presentan, cunha temática oposta á petrarquista, unha imitación paródica da terza rima de Dante. Escribiu ademais as obras: Il mogliazzo (O noivado) e Dialogo contro i poeti (Diálogo contra os poetas).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, escultor e pintor. Protexido polos papas Urbano VIII e Alexandre VII, levou a cabo un gran labor artístico en Roma, en pleno fervor da arte defendida pola Contrarreforma. Nas súas dúas primeiras obras, David (1619) e o grupo Apolo e Dafne (1621-1622), están presentes todos os elementos que caracterizan a arte barroca: movemento moi acentuado e textura pitórica. A mesma sensación existe no Éxtase de santa Teresa (1646), onde o atavío da personaxe é a manifestación da axitación da súa alma. Este patetismo repetiuse na Beata Ludovica Albertoni (1671-1674). Outras das súas obras escultóricas son as estatuas de San Longino (1629-1632) e os mausoleos de Urbano VIII (1647) e Alexandre VII (1671-1678). Unha concepción semellante é perceptible na súa obra arquitectónica. Concibiu o baldaquino do altar maior de San Pedro de Roma (1633) como unha estrutura sostida por catro columnas salomónicas de bronce. A teatralidade que caracterizou esta obra repítese...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Catedrático de Economía na Universidade de Salamanca (1906-1922). De ideas reformistas, divulgou o socialismo, particularmente as ideas de Marx. Na obra La Hacienda Pública y los impuestos (1917) fixo unha das primeiras aproximacións da renda global española. Analizou tamén a incidencia económica da Primeira Guerra Mundial no estado español en Consecuencias económicas de la guerra (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Catedrático de Ciencias Naturais do Instituto Nacional Masculino de Ensino Medio de Lugo (1943) e catedrático de Zooloxía de Vertebrados da Facultade de Ciencias de Madrid (1956). Realizou diversas estadías nas universidades de Porto, Coimbra e Lisboa por mor da preparación da súa tese de doutoramento sobre o xénero Armeria, que defendeu en 1950 e na que describe o endemismo galego Armeria merinoi. Cofundou en 1954 a Sociedad Española de Ornitología, da que foi secretario e editor na revista da asociación Ardeola ata 1972. En 1948 publicou no Boletín de la Real Sociedad de Historia Natural dous artigos sobre as aves das illas Sisargas onde pon por primeira vez de manifesto a valía ornitolóxica do arquipélago e onde describe a forma ibérica de arao como Uria aalge ibericus, de validez taxonómica discutida. En numerosos artigos e notas deixou constancia das súas observacións ornitolóxicas en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, matemático e fisiólogo holandés. Despois de estudar Medicina e Filosofía en Basilea, Heidelberg e Estrasburgo, publicou as Exercitationes quaedam mathematicae (Algúns exercicios matemáticos, 1724), onde tratou temas de probabilidade e a resolución da ecuación diferencial de Ricati. No período en que permaneceu na Academia de San Petersburgo (1725-1733), escribiu a Hydrodynamica (1738), obra onde enunciou o seu principio de Bernoulli. Estableceu os rudimentos da teoría cinética dos gases e fixo traballos sobre os corpos elásticos (cordas vibrantes) e as oscilacións dos sólidos ríxidos. Enunciou tamén os principios de conservación dos momentos e das áreas, simultaneamente con Euler. Fixo avir as ideas de Newton cos métodos do cálculo de Leibniz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático suízo. Comezou estudiando Medicina, pero deseguida se decantou polas Matemáticas. Foi discípulo do seu irmán Jakob, que o iniciou na obra de Leibniz. Estivo en París, onde redactou un curso de cálculo para o marqués de L’Hôpital; crese que a coñecida regra de L’Hôpital se lle debe a el. Determinou as tanxentes e os radios de curvatura de moitas curvas planas. Foi profesor en Groningen e, dende a morte do seu irmán Jakob, en Basilea, onde foi mestre de Euler. Propuxo e resolveu o problema da braquistócrona e utilizou o método de variación das constantes para resolver a ecuación diferencial de Bernoulli. Estudiou a función exponencial e formulou o concepto de función dunha variable.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático ucraíno. Estudiou en París e en Göttingen. Foi profesor e director do Instituto de Ciencias Matemáticas de Khárkov, profesor na Universidade de Leningrado e membro da Academia de Ciencias da URSS. Ademais dos seus traballos en teoría de funcións e ecuacións diferenciais, deu, xunto con Kolmogorov, unha axiomatización do cálculo de probabilidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Bernstorff. Como ministro de Asuntos Estranxeiros (1803-1810), representou a Dinamarca no congreso de Viena. Partidario da Santa Alianza, pasou ao servizo de Prusia (1818-1831), á que representou no Congreso de Aquisgrán e na constitución do Zollverein.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía na súa obra Les appréhensions spirituelles (As aprehensións espirituais, 1586) e a narración en La pucelle d’Orléans (A doncela de Orleans, 1593). Coñécese sobre todo por Le moyen de parvenir (O recurso do porvir, 1610).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de san Bertomeu.
VER O DETALLE DO TERMO