"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello da Bola. Formou parte dun mosteiro documentado nun diploma de 999 incluído no tombo de Celanova, no que o monxe Gaudinas fai unha doazón ao abade Manilano, ao prepósito Cresconio e máis aos monxes de Celanova. Do s X destaca a presenza dunha ventá con catro arquiños de ferradura. Alberga no interior un retablo barroco. A actual igrexa é resultado da ampliación da capela do Pazo de Berredo, de planta rectangular hoxe está moi transformado ao ser dividido en dúas vivendas. Nun dos seus ángulos presenta un garitón con seteiras e no ángulo contrario unha escaleira que conduce a unha solaina. Nun lintel aparece unha inscrición de 1582. O escudo porta unha cartela que fai referencia aos Puga. Próximo á igrexa atópase a capela de San Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Datada a finais do s XII ou principios do s XIII, conserva unha capela románica de planta semicircular, cun breve tramo recto. O arco triunfal é apuntado e dobrado, apoiado en dúas columnas rematadas en cadanseu capitel decorados con grandes follas lisas e bólas. Algúns canzorros do beiril presentan figuras de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro piso do Cretácico inferior, situado por riba do Portlandiano, do Xurásico e debaixo do Valanginiano. Estratotipo en Berriás (Ardescha, Francia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Berriasiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada en 1995 en Santiago de Compostela por Chiqui Pereira Hernández, Iolanda Colmenero Veloso, Begoña Chouciño Tuset e María Paz Granja Fociños. Nos últimos tres anos escolleu e apostou por unha liña de produción orientada ao público infantil e xuvenil. Entre os seus espectáculos destacan Auto, a partir dun texto de Ernesto Caballero, estreado en 1996 con dirección de Artur Trillo; Ludovico petos (1997), a partir dun texto colectivo e dirección de Paula Carballeira ou Xuvenca e cochón (1998), sobre unha peza de Paula Carballeira con dirección de Miguel Vázquez Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo inglés. Desenvolveu a teoría dos lugares centrais de W. Christaller á que nomeou Teoría das actividades terciarias. Aplicou numerosas técnicas cuantitativas nas análises urbanas e na renovación da ecoloxía humana a través da aplicación da análise factorial. Entre as súas obras destacan Urban environmental management (Xestión medioambiental urbana, 1974), escrita xunto con F. E. Horton, e The geography of economic systems (Xeografía dos sistemas económicos, 1976), publicada en colaboración con E. Conkling e D. M. Ray.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Deuse a coñecer con Poems (Poemas, 1942), e posteriormente demostrou a potencia da súa voz poética en Hommage to mistress Bradstreet (Homenaxe á señora Bradstreet, 1956), onde reinvindica a figura desta poetisa. Dream songs (Cancións de soño, 1964) valeulle o premio Pulitzer e His toy, his dream, his rest (O seu xoguete, o seu soño, a súa paz, 1968) o National Book Award.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa da parroquia de Laxes (Baralla). De estilo románico, da segunda metade do s XII, responde ao tipo de nave única e ábsida semicircular, ambos con cuberta de madeira. O arco triunfal é de medio punto. Emprega cachotería pero para as partes máis importantes utiliza a cantería. Destaca o repertorio iconográfico e decorativo que se reparte por capiteis, bases e portadas, atribuído ao mestre Pelaxio. No tímpano da portada principal destaca o Agnus Dei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marquesa de Toscana. Era filla de Lotario II de Lorena. Casada con Adalberto II, marqués de Toscana. Berenguel I, Rei de Italia e Emperador de Occidente, apresouna, pero houbo de ceibala ao sublevarse a Toscana en apoio dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo matemático empregado no estudo do aumento de talle dos seres vivos, baseado no que un organismo absorbe a través dunha superficie que é proporcional ao cadrado dunha dimensión lineal: Lt =L? (1-e-k(t-t0)), onde Lt é unha lonxitude do organismo no tempo t e L? é a lonxitude máxima que pode acadar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Ortoño que constitúe o núcleo urbano capital do concello de Ames. A súa situación, na estrada de Santiago de Compostela a Noia (comarcal C-543), converteuno en capital municipal entre 1900 e 1920. En 1960 recuperou esa condición. Debido á súa proximidade á cidade compostelá (a menos de 10 km), designada capital da Comunidade Autónoma de Galicia en 1981, Bertamiráns experimentou un proceso de expansión urbanística especialmente intenso dende principios da década dos noventa. Este proceso viuse favorecido pola tendencia xeral á localización residencial nas periferias, propiciada neste caso concreto pola carestía do solo en Santiago de Compostela. Deste xeito, promovéronse en Bertamiráns multitude de urbanizacións de vivendas unifamiliares e apartamentos, primeiro á beira da estrada, para posteriormente irse espallando cara a localizacións máis interiores, pero sempre mantendo unha accesibilidade óptima á estrada C-543. Paralelamente ao desenvolvemento da edificación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Tomou parte nos Cinco Días de Milán e na defensa da República Romana (1848-1849) ao carón de Guiudeppe Mazzini. Colaborou con Guiuseppe Garibaldi e participou na Expedición dos Mil. Foi deputado por Milán (1860). Elaborou un código sanitario e tomou parte nun proxecto de reforma agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote francés. Foi secretario do gabinete de Enrique III. A súa poesía, con elementos petrarquistas, considérase a sucesora da difundida por Pierre de Ronsard: Récueil des oeuvres poétiques (Escolma de obras poéticas, 1601). Publicou tamén Sermons sur les principales fêtes de l’année (Sermóns sobre as principais festas do ano, 1613).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo editorial alemán fundado en 1835 por G. Bertelsmann. Dedicado nun principio á edición de obras de consulta, introduciuse no campo discográfico (1958) e na televisión (1964); co tempo converteuse na primeira empresa mundial no sector dos medios de comunicación. No estado español é propietario do Círculo de Lectores, da Editorial Plaza y Janés e da empresa de artes gráficas Printer, entre outras empresas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modista francesa coñecida como Rose Bertin. Foi asesora privada de moda de María Antonieta; iso permitiulle que se coñecesen as súas creacións por toda Europa e exercer unha forte influencia no eido da vestimenta. Considéraselle precursora da alta costura actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elena Seracini Vitiello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico, óptico e farmacéutico. Fundou a adega Arriana en 1992 (Denominación de Orixe Rías Baixas) situada no Condado de Tea, na fronteira entre Galicia e Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome e apelido procedente do xermánico Berhtram ou Berahthraben, composto por berht ‘brillo’ e hramn ou hraben ‘corvo’, latinizado despois en Bertramus. Na mitoloxía xermánica os dous corvos, que acompañaban sempre a Odín, simbolizan a memoria e a intelixencia. San Bertrán (ss XI-XII), bispo de Comminges no Languedoc (1073-1123), foi canonizado en 1175 polo Papa Alexandre III. Tamén houbo un beato coñecido coa outra variante desde nome, Beltrán. Con todo, ambas as formas, Bertrán e Beltrán, son máis comúns como apelidos que como prenomes. A festa do Beato Beltrán de Garriga celébrase o 1 de agosto e a de san Bertrán o 6 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. É autor de cancións, serventesios e tenzóns, e de setenta e dúas coplas morais e satíricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Unha gran parte das súas corenta poesías conservadas son serventesios políticos escritos con motivo de feitos de armas, xa que o trobador vía na guerra valores de virilidade, honra e beleza, inspirado, en gran parte, pola temática das cancións de xesta. A súa poesía cortés e amorosa é moi persoal; na súa Domma soisseubuda, con vestixios do vello mito de Pandora, imaxina unha dama que reúne en si mesma todas as perfeccións particulares das damas do seu ambiente, cousa que a converteu nun eloxio cortesán colectivo. Consérvase unha das súas obras con notación musical, aínda que tamén foi identificada a melodía doutra por István Frank.

    VER O DETALLE DO TERMO