"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Desexo intenso e inmoderado de posuír moitos libros, especialmente raros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que padece bibliomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Milán. Fundada no 1609 polo cardeal e bibliófilo italiano Federico Borromeo. Dispón de 850.000 volumes e de importantes coleccións de manuscritos gregos, latinos e orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública do estado do Vaticano, herdeira da primitiva biblioteca papal. Iniciada propiamente despois da Cisma de Aviñón, cara ao 1376, a actual biblioteca fundada polo pontífice Sixto IV coa bula Ad decorem militantis Ecclesiae (15.6.1475) deriva, así mesmo, das primeiras recoleccións feitas por Nicolao V (1447-1475). Actualmente, malia a separación do Arquivo Secreto Vaticano da biblioteca, acontecida durante o pontificado de Paulo V, os manuscritos superan os 70.000, os incunables os 8.000 e os volumes impresos o 1.800.000. Durante o pontidicado de Pío XII (1939-1958) entraron varias coleccións de manuscritos como o Arquivo do Capitolio de san Pedro e o fondo musical da Capella Gioulia, a carón da Capela Sixtina. Na fin do pontificado de Pío XII e durante os de Xoán XXIII (1958-1963) e de Paulo VI (1963-1978) adquiríronse novas coleccións de mauscritos e códices. No que atinxe á tradición manuscrita da lírica galego-potuguesa o cancioneiro do códice de pergamiños Vat....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de textos de autores de lingua castelá, publicada en Madrid en 1846 por Manuel Rivadeneyra, baixo a dirección literaria de Buenaventura Carlos Aribau. En 1954 foi recuperada pola Real Academia Española, con rigor crítico e tendencia aos escritos históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir do s XVII polos monxes bieitos. En 1880 posuía 14.000 volumes e en 1980 contaba xa con máis de 31.000. Contén libros procedentes das bibliotecas de Amor Ruibal, do cardeal Quiroga Palacios e unha parte importante traída de Francia por Bouset durante a Revolución Francesa. En canto ao seu número, destacan as seccións relacionadas coas Sagradas Escrituras, a Teoloxía e os canons. A biblioteca está dividida en catro seccións: “Libros frecuentes”, “Salón de lectura”, “Provisional” e “Revistas”, nas que se poden atopar ata 134 títulos diferentes. De entre as obras máis antigas sinálanse Historia Natural, de Plinio, Sume de Ecclesia Domini, de Juan de Torquemada e exemplares de El Eco de la Verdad, xornal publicado por López Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de 1832 polos monxes franciscanos. No ano 1881 contiña máis de 14.000 volumes e en 1912 chegaba aos 20.000, grazas ás doazóns de Pedro Bartolomé Casal, da Universidade de Santiago, e do xornal El Eco Franciscano. En 1912 doaron libros Atanasio López e Lino Gómez Cabedo. Conta nos seus fondos con 74 incunables, con numerosos volumes dos ss XVI e XVII, obras relixiosas -fundamentalmente revistas de temas franciscanos- e abundantes libros relacionados con Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de 1890 cos fondos bibliográficos do convento da Mercé de Conxo e cos dos bieitos residentes en Poio antes da chegada dos mercedarios. A partir de 1920 incorporáronse os libros de Guillermo Vázquez Núñez e en 1957 uns 4.500 volumes traídos polo escritor Antonio Rey Soto. Achegaron tamén exemplares Xosé Fernández Gallego, varias casas da orde da Mercé (Herencia, Ferrol, Madrid, Salamanca, etc) e o pai Emilio Silva de Castro, con obras procedentes do Brasil. Nos seus fondos atópanse libros nobiliarios e xenealóxicos, algúns tomos referidos á orde da Mercé, obras de bibliografía, coleccións de xornais galegos do s XIX, algunhas edicións de libros raros, libros editados nas imprentas de Mondoñedo como a Descripción del Reino de Galicia, do licenciado Molina, e obras do s XVI entre as que destacan as Sinodiales de Ourense, publicadas por Vasco Díaz Tanco en 1544.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Florencia. Formada inicialmente en 1523 polas bibliotecas de Cosimo, Lorenzo e Pietro de Medici. Clemente VII abriuna ao público no ano 1532. O seu fondo máis rico é constituído polos manuscritos gregos e latinos, pois conta con máis de 10.000 exemplares desta modalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Roma. Inaugurouse no 1876 coas bibliotecas de 69 casas relixiosas romanas, que foran suprimidas no 1873, xunto coa biblioteca do Collegio Romano. As coleccións de manuscritos son moi valiosas. Funciona amodo de biblioteca central e dispón duns 4.500.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca universitaria que tivo a súa orixe na primitiva librería da Universidade creada na metade do século XVI e situada no Colexio fundado polo arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca III. A súa colección histórica foi resultado da adquisición de fondos e de sucesivas doazóns. No ano 1571 mercóuselle ao cabido da catedral da cidade a biblioteca do bispo Carmona e, con posterioridade, chegaron sucesivas doazóns de destacados benefactores como Filipe de Castro ou Manuel Ventura Figueroa, xunto ás compras das bibliotecas particulares de Fernando de Paula Cousiño, que contiña cartas e papeis eruditos do Padre Sarmiento, ou Xacobe de Parga e Puga. Tamén son valiosas as contribucións bibliográficas recibidas por mor da expulsión dos xesuítas no s XVIII e da desamortización do s XIX, que significou a incorporación das librerías dos mosteiros de Galicia, das que sen dúbida a máis importante é a do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, de onde procede o Libro das Horas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repertorio biobibliográfico, establecido segundo a orde alfabética de nomes de pía, dos escritores da Península Ibérica dende o 1500 ata a época do autor, redactado por Nicolás Antonio e editado en Roma no 1672. Foi reeditado no 1788, xunto á Bibliotheca Hispana Vetus, coa incorporación de correccións feitas polo autor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repertorio biobibliográfico, por orde cronolóxica, dos escritores da Península Ibérica dende a época de Augusto ata o 1500, redactado por Nicolás Antonio e editado postumamente en Roma no 1696 por conta do cardeal Xosé Sáez de Aguirre. Corrixida e aumentada por Francisco Vicente Pérez e Baier, foi reeditada, conxuntamente coa Biblioteca Hispana Nova, en 1788 en Madrid pola viúva de J. Ibarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Padriñán (concello de Sanxenxo). Separa as praias de Portonovo, que queda ao O, e de Silgar, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de azul, un outeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Dedicouse ao estudo da Anatomía e da Patoloxía. Considerado como un dos creadores da medicina científica moderna, foi o introdutor do concepto de tecido como unidade morfolóxica e fisiolóxica dos seres vivos, e como o lugar no que se producen as lesións. Estableceu as bases da histoloxía e da anatomía patolóxicas en Traité des membranes en général et des diverses membranes en particulier (Tratado das membranas en xeral e das diversas membranas en particular, 1800) e Anatomie générale appliquée (Anatomía xeral aplicada, 1801). Na obra Recherches physiologiques sur la vie et la mort (Investigacións psicolóxicas sobre a vida e a morte, 1800), adoptou unha actitude vitalista, ligada en parte ás ideas da escola da Montpeller, pero na que xa había conceptos estritamente organicistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia protexida como Espazo Natural situada no concello de Cambados.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 100 metros ANCHURA MEDIA: 2 metros GRAO OCUPACIÓN: GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Oscura CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital do Salnés DIRECCIÓN: Estromil-Ande-Rubianes. Vilagarcía de Arousa TELÉFONO:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo alemán. Considerado un dos máximos representantes do chamado teatro dos xesuítas, é autor de nove dramas en latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Manzaneda, pertencente á diocese de Astorga. Conserva no seu interior o retablo do Cristo Crucificado, formado por dous corpos estruturados con columnas nas dúas alturas. Na parte central sitúase a figura de Cristo acompañado nos laterais por dous mártires e no superior pola imaxe de santa Teresa. O retablo maior ten dous corpos e tres rúas con estípites.

    VER O DETALLE DO TERMO