"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meseta da rexión central de Angola, elevada a unha altura media de 1.500 m. No seu interior, na parte NO, érguese o monte Môco (2.619 m), altitude máxima do país e divisoria de augas; nel nacen, entre outros, os ríos Cuanza, Cubango, Cunene e Cuando. O seu clima é temperado, ao estar matizadas polo factor altitude as condicións que lle corresponderían pola súa latitude tropical (11°-15° S): Kuito, situado no centro do altiplano, ten unha temperatura media anual de 19°C e rexistra unha precipitación de 544 mm anuais, recollidos sobre todo no verán. Predomina a vexetación de sabana e as explotacións agrarias, principalmente plantacións comerciais, sitúanse ao longo da liña do ferrocarril de Benguela ao Congo, que atravesa o altiplano conectando os seus principais núcleos de poboación (Huambo, Kuito, Camacupa, etc).
-
PERSOEIRO
Artista e teórico da arte norteamericano. Durante a súa estancia en París (1936-1937) o Cubismo e o Neoplasticismo orientárono cara á busca de estruturas plásticas. Fronte ao expresionismo abstracto propugnou nos EE UU o Struturism, que defendeu en libros como Art as the evolution of visual knowledge (A arte como a evolución do coñecemento visual, 1948) ou The new Cézanne (O novo Cézanne, 1958). Os seus struturists works, relevos rectilíneos policromados, son a manifestación plástica das súas teorías. Influíu sobre o construtivismo inglés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán xeneral de Galicia dende o 11 ata o 29 de maio de 1808. favorable á entrada dos franceses en terras galegas en 1808. Publicou un bando no que denunciaba os acontecementos sucedidos o 2 de maio en Madrid e quixo evitar que se reproducisen en Galicia, para o que redactou un informe que enviou aos principais concellos galegos o 11 de maio. Cando a Xunta Suprema do Reino de Galicia someteu á súa xurisdición ao capitán xeneral, este foi enviado fóra de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Magalona, Languedoc 750? - Cornelimünster, Renania 11.2.821) Monxe bieito, de orixe goda. Sendo novo serviu na corte de Pipino o Breve e na de Carlomagno. Monxe cara ao 774 en Dijon, non aceptou o cargo de abade e retirouse ao seu país onde fundou a abadía de Aniana (780?), centro da reforma monástica en Francia, co obxectivo de uniformar a orde beneditina. Luís o Piadoso nomeouno superior xeral de todos os mosteiros e encargoulle a súa reforma por todo o Imperio. É autor da Concordia regularum. A súa festividade celébrase o 11 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Fundador da orde dos Benedictinos ou Bieitos e patriarca do monaquismo occidental. A única biografía antiga que se coñece deste santo é a que lle dedica o Papa Gregorio I no seu segundo libro dos Diálogos, escrito cara ao 593-594. De familia nobre, arredor do 480 foi enviado a estudar a Roma pero, desacougado coa vida disipada da cidade, escapou a Afide e, máis tarde, con 20 anos, retirouse a Subiaco para facer vida eremítica nunha cova durante tres anos. Elixido abade de Vicovaro, a súa sona atraeulle numerosos discípulos, entre eles dous nobres romanos, Mauro e Plácido. Posteriormente emigrou con varios discípulos a Montecassino, nos Apeninos, onde fundou arredor do 528 un mosteiro na cima dun outeiro, que se convertería no seu principal estandarte. De feito, aínda que seguiu coa súa peregrinación e fundación de mosteiros (Terracina, Roma, etc), foi en Montecassino onde pasaría o resto da súa vida, redactando a súa famosa regula monachorum (‘regra monástica’), código...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de escravos africanos, era coñecido co alcume de o Mouro. Pastor e labrego, ingresou na orde dos franciscanos e permaneceu no convento de Santa María de Palermo, primeiro como irmán leigo e logo como superior do cenobio. Recibe culto especial en Sicilia, o seu lugar de nacemento. En Galicia venérase na parroquia de Santa Cristina de Covas, en Meaño, onde se introduciu o culto a comezos do s XIX. Na iconografía represéntase coa faciana de cor negra, co pelo curto e crecho, cunha ampla tonsura monacal e vestindo o hábito castaño dos franciscanos, atado cun cordón. A súa festa celébrase o 4 de abril, agás en Covas, onde se conmemora o martes de Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orde beneditina.
-
-
Relativo ou pertencente ás biercanderáceas.
-
Fungo da familia das biercanderáceas.
-
Familia de fungos da orde das poliporais, de cogomelos de carne crebadiza e desprovistos de pé. En Galicia son comúns os xéneros Bjerkandera, Piptoporus e Postia.
-
-
PERSOEIRO
Astrofísico alemán. Investigou a evolución e estrutura solares (1931-1939), e dende o 1951 a física dos cometas, dos que tentou averiguar a súa orixe (1977) e relacionalos coa formación do Sistema Solar. Suxeriu que o Sol expele radialmente un plasma que se despraza a gran velocidade, e descubriu así o vento solar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e cantante. Dos seus discos e textos cómpre mencionar Zu Gast bei Wolfgang Neuss (1965), Chausseestrasse 131 e Die Drahtharfe (A arpa de arame, 1965), o poema Deutschland. Ein Wintermärchen (Alemaña. Un conto de inverno, 1972), a imitación da obra homónima de H. Heine e os volumes Mit Marx-und Engelszungen (Coas linguas de Marx e Engels, 1968) e Preussischer Ikarus (Ícaro prusiano, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor coruñés. É autor do cadro Santiago a cabalo, realizado para a parroquia de Santiago da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo cosmolóxico que defende a evolución do Universo a partir dunhas condicións iniciais extremas (‘momento cero’, ou big bang propiamente dito). O modelo do big bang é a derradeira consecuencia de invertir mentalmente a expansión do Universo, que se debe entender como unha auténtica expansión do espacio, que arrastra consigo a materia que contén. A. Friedmann (1922) e G. Lemaître (1927) demostraron o carácter dinámico do Universo. V. Slipher e E. Hubble interpretaron o desprazamento cara ao vermello das liñas de absorción dos espectros galácticos como unha evidencia da expansión do Universo. O modelo do big bang seguiu confirmándose polas observacións e, malia certas críticas, continúa a ser amplamente aceptado, o que se ve favorecido en gran medida a pesar das dificultades dos modelos alternativos para explicar a formación e evolución do Universo actual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema direccional de memoria no que os números que ocupan máis dun byte se almacenan co extremo alto en primeiro lugar, cos 8 bits superiores na dirección máis baixa.
-
PERSOEIRO
Clarinetista de jazz norteamericano, coñecido co nome artístico de Barney Bigard. Tocou na orquestra de Duke Ellington e foi un dos mellores representantes do estilo de Nova Orleans.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbeiro’.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e deseñador. Fundou xunto a Carles Riart o estudo GRIS, no ano 1968, onde desenvolveu a súa faceta como deseñador industrial e de interiores. Manifestou o seu universo persoal baseándose no erotismo e no misticismo. Entre os seus filmes destacan: Tatuaje (1976), Bilbao (1978), Lola (1986), Las edades de Lulú (1990), cun grande éxito comercial, baseado na novela de Almudena Grandes, a triloxía “ibérica” composta por Jamón, Jamón (1992), gañadora dun León de Prata no festival de Venecia, Huevos de Oro (1993) e La Teta y la Luna (1994), co premio ao Mellor Guión Adaptado. Coa súa película Bámbola (1996), protagonizada por Valeria Marini, quixo iniciar unha nova triloxía dedicada á muller europea. En 1999 estreou Volavérunt.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta occitano. Contrario ao movemento e á ortografía dos felibres, é autor de fábulas escritas á maneira de La Fontaine. Publicou Les rêves du foyer (Os soños do fogar, 1860) e Li bourgadieiro (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Virtuoso do violín e compositor húngaro de orixe cíngara. Considerado como unha figura importante no espertar nacional húngaro da primeira metade do s XIX, é coñecido pola execución de verbunkos (danza rural do s XVIII). As súa obras foron recollidas en diversas coleccións.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Rājasthān, India, situada no deserto de Thar (415.355 h [1991]). Oasis fortificado nunha ruta das caravanas, situado entre as concas do Ganxes e do Indo, e regado polo Sutlej. Co tempo converteuse nun nó ferroviario que serve de centro comercial dunha área gandeira. Fundada por guerreiros rajputs en 1488, na segunda metade do s XVIII loitou contra Godhpur, ata que os británicos restableceron a paz no 1818.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua oceánica da familia austronésica e do grupo de linguas malaio-polinesias occidentais. É unha lingua falada por unhas 50.000 persoas en Cotobato, en Mindanao e en Sarangani.