"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía (9.442 h [1996]). É un importante centro de produción olivareira e aceiteira. De orixes prehistóricas, formou parte do territorio da cidade iberorromana de Ulia e en época musulmá da coroa cordobesa. Ao ser conquistada polos cristiáns (s XIII) pasou a denominarse como o seu conquistador, o alcaide e alguacil de Córdoba, Fernán Nuñez. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, os xacementos iberorromanos de Valdeconejos e Mudapelo, o palacio ducal de Fernán Nuñez, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) xunto co seu contorno en 1983, e a igrexa de Santa Marina de Las Aguas Santas (s XIV), declarada BIC en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobiliaria fundada no s XIII por Fernán Núñez, alcaide e alguacil de Córdoba e fundador da vila andaluza que leva o seu nome. En 1639 a casa recibiu o título condal, en 1728 a grandeza de España e en 1817 o ducal.
-
PERSOEIRO
Trobador, talvez de orixe galega. De biografía descoñecida, a súa ascendencia galega apóiase na súa colocación no Cancioneiro da Ajuda ao lado de Afons’Eanes do Coton, Pedr’Eanes Solaz e Pero da Ponte, autores galegos e activos no segundo e no terceiro cuarto do s XIII; ademais, só en Galicia están documentados familias con ese apelido. Consérvanse tres cantigas de amor da súa autoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Activo na segunda metade do s XII, a xulgar pola súa posición temperá nos cancioneiros e por diversas referencias documentais. Os bens que posuía en Galicia e León poden ser localizados grazas á relación que mantivo a familia co mosteiro leonés de Carrizo, onde profesaron as fillas do trobador, Orfresa e Elvira Fernandez. A súa produción poética é anterior a 1240 -momento culminante no proceso de expansión do fenómeno trobadoresco en certas cortes señoriais galegas- e comprende cinco cantigas de amor e tres de escarnio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Traba, fillo de Pedro Froilaz de Traba. Foi preceptor do futuro rei leonés Fernando II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. De biografía descoñecida, pertencía a unha familia da pequena nobreza portuguesa, os Calheiros, implantada no Alto Minho, preto de Ponte de Lima. Seu irmán Paio Rodrigues frecuentou o círculo da poderosa familia dos Sousa na segunda década do s XIII, corte señorial onde é probable que compuxese o seu cancioneiro. Activo na primeira metade do s XIII, é autor de vinte e dúas cantigas de amor, oito de amigo e tres de escarnio e maldicir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo de Rodrigu’Eanes Redondo. A escaseza de datos na documentación da segunda metade do s XIII viría motivada por unha ausencia do país ao ter que acompañar ao seu pai a Castela. Cara ao 1297 debeu ser mordomo-mor de Pedro de Aragón e, entre 1312 e 1318, meirinho-mor de don Denís. Tralo seu matrimonio con Marinha Afonso de Arganil, formou en Beira un casal nobre ao que pertencían os señoríos de Arganil e Pombeiro. Debido ao cargo que desempeñou desde 1312 marchou a Santarém, onde debeu morrer cara ao ano 1320. Activo entre a segunda metade do s XIII e os primeiros anos do seguinte, atribúeselle o escarnio persoal “Don Pedro est[e] cu-nhado del-Rei”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador, irmán de Pero Soarez. Pertence á liñaxe dos Alvar Pérez, de orixe leonesa. Desenvolveu a súa actividade literaria no terceiro cuarto do s XIII na corte de Afonso X. As súas cinco cantigas de escarnio transmitíronse só no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador de identificación discutida. Podería tratarse dun fillo ilexítimo de Gonçalo Perez Velho e pertencer á familia nobre portuguesa dos Velhos ou identificarse cun personaxe natural de Viveiro, ligado á corte dos Trastámara. En calquera caso, estivo na corte de Afonso X (1260-1280), época á que remonta o ciclo escarnino contra a soldadeira María Balteira. Activo na segunda metade do s XIII, os cancioneiros atribúenlle nove cantigas de amor, unha de amigo e unha de escarnio; a composición “Nojo tom’e quer prazer” é unha interpolación tardía, talvez do s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, dramaturgo e editor. Realizou estudios de música no Conservatorio Superior de Música da Coruña e de psicoloxía e filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador en distintas publicacións e prensa, en 1991 fundou Edicións Espiral Maior, foi secretario xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e membro da xunta directiva do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO). A súa obra, influenciada por Luigi Pirandello, supón unha reflexión permanente sobre a condición humana e sobre a vida, explicada como un xogo de roles onde os planos da realidade e a ficción se mesturan de forma permanente, ata chegar á recreación dunha Galicia máxica, habitada por soños e mortos. Da súa produción como poeta destaca Do desexo en corpo e sombra (1984), Seivas de amor e tránsito (1984), Memorial de brancura (1985), Poemas de lenta nudez (1994), As certezas do clima (1996) e Poemas (1999); como dramaturgo...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Pintor portugués. Foi un dos mestres de Ferreirim. A súa obra caracterizouse polo decorativismo e polas formas gótico-manuelinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Dende 1490 traballou no mosteiro de Batalha, onde realizou o portal de acceso á rotonda das Capelas Imperfeitas (1509), o panteón de don Duarte e acabou as obras do claustro maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portugués. Coñecido como Grão Vasco, introduciu os elementos do Renacemento italiano na pintura lusa. Das súas obras destaca o retablo da catedral de Lamego (1506-1511) e sete plafóns sobre a Paixón para a igrexa e Freixo de Espada en Cinta (1520).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe patronímica moi frecuente en toda a Península. Procede do nome persoal de orixe xermánica Fernando + o sufixo patronímico -ez/es (‘fillo de Fernando’); de aí que fose moi frecuente tamén a forma Fernandes.
-
Liñaxe que se estableceu en diversos lugares de Galicia como Arcos (Chantada), Rubián (Bóveda) ou A Fórnea (Trabada). Uníuse por enlaces matrimoniais a outras familias nobres, feito que deu orixe a novas estirpes, como Fernández de Biedma, Fernández de Boán, Fernández de Carrigueiros, Fernández de Castro, Fernández do Casal, Fernández de Temes, Fernández da Costa, Fernández de Estoa, Fernández de Estrada, Fernández Fole, Fernández Guixo, Fernández Barbeito, Fernández de Lugo, Fernández de Mañente, Fernández de Miranda, Fernández de Muras, Fernández de Mourillón, Fernández de Noguerol, Fernández de Parga, Fernández de Porto de Pedre, Fernández de Sandoval, Fernández das Seixas, Fernández de Senra, Fernández de Soutomaior ou Fernández de Traba. As súas armas traen un escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cun castelo, de ouro; segunda partición, en campo de ouro, cun león rampante, de goles. Outra rama leva, en campo de azul, un castelo de prata, aclarado...
-
-
GALICIA
Escritor. Realizou estudios de maxisterio e dereito e posteriormente residiu en Venezuela ata 1972. De regreso a Galicia, foi mestre en Ortigueira e colaborou en distintas publicacións, como Dorna ou Encrucillada. Publicou os poemarios Poemas gallegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas (1976) e Escolma de poemas. Espigueo lírico (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Catedrático na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Membro de El Paso, a súa obra sitúase na tradición de F. Lloyd Wright e A. Aalto. Realizou xunto con J. L. Fernández del Amo a biblioteca do Instituto de Cultura Hispánica (1966-1977), e, no ámbito da rehabilitación, a remodelación do antigo hospital de San Carlos para a creación do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Director do Instituto de Conservación y Restauración de Bienes Culturales, publicou diversos ensaios, como La crisis de la arquitectura española (1972). Dende 1989 pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor axudante da cátedra de Cirurxía e, posteriormente, doutorouse na Universidad de Salamanca e ampliou estudios en Madrid, Barcelona, Viena, Londres, París e Lyon. Foi presidente da Sociedade de Cirurxía de Galicia e da Academia Médico-Quirúrxica de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o Instituto Policlínico A Rosaleda e foi Xefe do Servicio de Cirurxía no ambulatorio Concepción Arenal de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores, nos anos setenta, do Partido Popular de Galicia, e formou parte do colectivo Realidade Galega. Candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Alianza Popular nas primeiras eleccións autonómicas de 1981, ocupou o cargo ata 1987. Na lexislatura 1994-1999 foi elixido eurodeputado polo Partido Popular, ocupándose da presidencia da Comisión para a reunificación de Alemaña e da Comisión de Exteriores e da vicepresidencia da delegación de América do Sur....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor de artigos sobre historia política moderna e as súas relacións co pensamento e a literatura. Entre outras obras, publicou Vida y obra de Ángel Ganivet (1925), En torno al 98 (1948) e Historia política de la España contemporánea (1956). Foi membro da Academia Española e da Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e profesor. Coñecido como Almuíña, especializouse en historia e cursou estudios de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Ourense (1956), na que obtivo o primeiro premio na modalidade de debuxo ao natural. Realizou estudios sobre actividade artística aplicada á dirección plástica en Francia (1975). A súa obra destaca polo tratamento lumínico, partiu do fauvismo para chegar a unha visión particular do neoimpresionismo. Cultivou a paisaxe, a mariña, o bodegón e as maternidades. Membro fundador do colectivo Mestres Pintores, recibiu o Primeiro Premio Provincial de Pintura ao Óleo e o Segundo Premio de Acuarela (1954).
VER O DETALLE DO TERMO