"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • CIDADES

    Cidade do departamento do Serna e Marne, Francia (15.942 h [1999]). Situada ao SL de París, ao NL do bosque de Fontainebleau e a tres quilómetros da beira esquerda do río Sena. É un núcleo turístico e residencial. Foi fundada en 1527 por Francisco I nun antigo refuxio de caza. Nela asináronse diversos tratados internacionais. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo real francés situado no bosque de Fontainebleau. Iniciouno Francisco I, que en-cargou as obras a Gilles le Breton e S. Serlio; posteriormente, Enrique II encomendoullo a F. Primaticcio e P. Delorme, e durante o reinado de Luís XVIII, J. A. Cerceau, que fixo a escaleira de ferradura. J. A. Gabriel traballou por orde de Luís XV nun dos pavillóns da fachada principal; e Napoleón I fixo cambiar algunhas das estancias a P. F. Fontaine e C. Percier. Foi sede da sinatura de diversos acordos políticos, entre outros, Luís XIV asinou en 1685 o edicto que revogaba o Edito de Nantes; España e Francia asinaron un tratado polo que acordaban a repartición de Portugal en 1807; e Napoleón asinou a súa primeira abdicación en 1814. Foi prisión do Papa Pío VII (1812-1814) e cuartel xeral das forzas da OTAN en Centroeuropa (1949-1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola arquitectónica, escultórica e pictórica que naceu en Fontainebleau por mor da chegada de artistas italianos chamados por Francisco I para decorar o palacio. Foi continuadora do manierismo italiano con influencias flamengas e locais e de estilo elegante, obra de G. B. Rosso e F. Primaticio, e dos seus seguidores, N. dell´Abate, Pellegrini i Majorici e de artistas franceses como J. Goujon, J. Cousin e A. Caron. Os artistas que traballaron para Enrique IV coñécense co nome de segunda escola de Fontainebleau. Caracterizouse pola perfección material. Entre outros destacaron T. Dubreuil d´Anvers, J. Bunuel de Blois, A. Dubois d´Anvers e M. Fréminet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos asinados na cidade francesa de Fontainebleau en 1743, 1807 e 1814. O primeiro foi o segundo dos Pactos de Familia. O segundo, asinado entre Godoy e Napoleón, o 27 de outubro de 1807, estableceu a ocupación e partición de Portugal, de xeito que o N pertencería ao rei de Etrutia, neto de Carlos IV; as provincias de Alentejo e Algarve pasaban a mans de Manuel Godoy, primeiro ministro español; e o resto de Portugal estaría administrado polos dous países, Francia e España. A presenza das tropas francesas en España deu lugar, sen embargo, á guerra con Francia. O 11 de abril de 1814 pactouse a situación de Napoleón, trala súa abdicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luminescencia estimulada por radiación visible, infravermella ou ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación do grupo cinematográfico inglés formado principalmente por Lindsay Anderson, Karel Reisz e Tony Richardson. Maniféstase en contra do conformismo da produción comercial británica dos anos cincuenta e realizou un cine inspirado na experiencia, na realidade social do momento e no rigor da escola documentalista inglesa. O grupo naceu oficialmente en 1956 cunha serie de curtametraxes. A fundación dunha produtora por parte de Richardson e o éxito comercial de Saturday Night and Sunday Morning (1959), de Karel Reisz, determinou o paso das principais figuras deste movemento ao campo da longametraxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo francés. Entrou en contacto co movemento da escola nova e cos seus promotores. En 1927 creou a Coopérative de l’Enseignement Laïc (CEL) e, en 1948, o Institut Coopératif de l’École Moderne onde puxo en práctica o seu ideal educativo. A través da revista L’Éducateur Prolétarien fóronse estendendo as súas ideas pedagóxicas e as súas técnicas didácticas ao servizo dunha escola popular (ou escola moderna, segundo a súa denominación). De tendencias laicistas e socializantes, defendía unha escola en que o traballo cooperativo autoxestionado e experimental fose a base de todas as adquisicións dos nenos. Técnicas ou actividades que introduciu na escola foron, entre outras, o texto libre, o periódico escolar, a correspondencia interescolar, os plans de traballo semanal, a asemblea de clase ou o uso da imprenta escolar, e o diálogo entre as individualidades e o grupo de referencia. Dende antes da Segunda República e a partir das terras de Lleida estendeuse o número de ensinantes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante francés. Participou co seu irmán Henri de Saulses de Freycinet (Montélimar 1777-Rochefort 1840) na expedición do capitán Baudin ás costas do SO de Australia (1800-1804). Realizou unha viaxe científica ao redor do mundo para estudar o magnetismo terrestre (1817-1820) que recolleu na obra Voyage autour du monde (1824-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro francés. Pioneiro na utilización do cemento armado e inventor da técnica do cemento pre-comprimido, destinado a mellorar o comportamento estático das estruturas. Aumentaba a elasticidade ao fixar á estrutura de aceiro unha multitude de fíos ou barras metálicas que comprimían previamente o cemento. Director técnico da Enterprises Limousin (1913-1928), proxectou pontes, hangares, pistas de aeródromos e pontes ferroviarias. Entre outros destacan os destruídos hangares de Orly (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cortesá grega. Amante do escultor Praxíteles, serviulle de modelo para as estatuas de Venus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten as propiedades do raio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo agrupado que naceu en Vigo no ano 1983 arredor da revista de educación especial Quinesia. Os seus responsables e membros fundadores son Francisco Insua Meirás, Elixio Domarco Álvarez e Álvaro Espilla Dopico, e está formada, principalmente, por profesionais que traballan no terreo das discapacidades. Acreditada no ámbito da integración das persoas con discapacidades, cómpre dicir que o seu labor desenvólvese, sobre todo, a través da publicación da revista Quinesia de estudios e investigacións no campo das discapacidades, e da organización de diversos cursos e proxectos sobre as discapacidades (formación do profesorado, integración laboral, escolar e social do discapacitado, etc). Constituíse como Asociación (1992) de ámbito galego e como Fundación Benéfico-Asistencial (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Eclesiástico e avogado, escribiu Poésies diverses (1655), Roman bourgeois (1666), Voyage de Mercure (1671), Fables morales (1671) e Ditionnaire universel (1684). Tamén fixo un dicionario máis completo ca o da Academie Française, feito que lle valeu a expulsión da institución (1685); como vinganza fixo circular os epigramas Factums.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fusilineados.

    2. Protozoo fósil da familia dos fusilineados.

    3. Familia de protozoos fósiles da orde dos foraminíferos que acadan uns poucos milímetros (algúns exemplares chegan aos 4 cm) e teñen unha cuncha calcaria e multilocular con forma de fuso ou de disco e moi complexa no seu interior. Comprende uns 80 xéneros e unhas 1.000 especies, que viviron durante o Carbonífero e o Pérnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cuarto destinado a recibir visitas.

      2. Estancia da casa que servía como tocador para as mulleres.

    1. Local destinado á exhibición dunha colección de obxectos curiosos ou destinados ao estudo dunha ciencia ou arte.

    2. Cuarto ou lugar de traballo de certos profesionais.

    3. Oficina dun organismo encargada de resolver determinados asuntos.

    4. Conxunto de ministros que, baixo a dirección do xefe do goberno, constitúen o poder executivo.

    5. Pequenas pinturas de cabalete concibidas para ser vistas de cerca. O termo aplícase, en xeral, ás obras destinadas aos interiores burgueses como os cadros de xénero holandeses do s XVII.

    6. Departamento de orientación psicopedagóxica que pode funcionar dentro dunha institución escolar para apoiar os alumnos dese centro (xeralmente formado por un psicólogo escolar en coordinación co profesorado), ou fóra como servizo público ou privado que atende a todos os nenos que o soliciten (xeralmente formado por un grupo de profesionais: psicólogos, pedagogos, educadores especializados, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario de carácter económico editado na Coruña a partir de 1902.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar ou instalación que se utiliza para gardar e críar galiñas ou outras aves.

    2. Lugar máis alto dun teatro ou cine situado lonxe do escenario ou da pantalla e que ofrece uns prezos máis baratos.

    3. Lugar onde hai moito ruído, desorde e confusión.

    4. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘estada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que constitúe o cumio da serra do Galiñeiro e que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Morgadáns (Gondomar) e Chenlo (O Porriño). Culmina a 709 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción defensiva situada na serra do Galiñeiro, na parroquia de Vincios (Gondomar). Erixida nos primeiros séculos da era cristiá, consérvanse varios tramos da muralla e restos de diversas construcións. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO