"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Economista. Licenciado en Dereito pola Universidad CEU San Pablo (Madrid), centrou inicialmente a súa actividade nos investimentos en metais e outras materias primas, para logo dedicarse a sociedades de valores no Banco Hispano Americano nos anos 80 e no Grupo Banco Popular Español nos 90. Ademais da súa actividade financeira, publicou dúas novelas (Bucoleón e Traficantes, soñadores y náufragos) participou no programa Visión Global de Radio Intereconomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. ara delgada de ferro ou de madeira, que servía para cargar o fusil, a escopeta, etc. Utilizouse no período que abarcou os séculos XVII ao XIX.

      2. Accesorio para limpar o canón das armas de fogo portátiles e para extraer as vaíñas que, por defecto, quedan na recámara. A baqueta que ten o meu avó na casa é de buxo.

      3. ara de madeira ou de metal para empuxar os proxectís nalgunha das modalidades de tiracroios.

    1. ara que ten unha pequena bóla na punta, coa que se fan soar algúns instrumentos de percusión, como a batería, caixa ou tambor. Dependendo do uso ou instrumento no que se utilice, pode ter distintos longos e grosores.

    2. Moldura estreita e redonda amodo de talo ou xunquiño.

    3. ara pequena e seca do marmeleiro ou doutras árbores que utilizan os picadores para manexar os cabalos.

    4. Castigo militar que consistía en facer pasar o soldado delincuente, con medio corpo espido, entre dúas ringleiras de soldados que lle zoscaban coas baquetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de baquetear.

    2. Que está experimentado ou curtido nun traballo ou nun negocio.

    3. Que está canso en extremo. SIN: baldado, derreado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dar ou executar o castigo de baqueta.

      2. Zoscarlle a alguén repetidas veces.

    1. Tocar un instrumento de percusión con baquetas.

    2. Cansar en extremo. SIN: baldar, derrear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos baquíades.

    2. Membro dunha gran familia aristocrática que gobernou Corinto durante a segunda metade do s VIII e a primeira metade do VII a C, ata que foi expulsada pola revolta de Cipselo (657). Os baquíades eliminaron a monarquía e instauraron unha oligarquía familiar, repartindo os cargos políticos entre os membros da familia. Favoreceron o comercio e a exportación de produtos corintios, no seu tempo tivo lugar a grande expansión das cerámicas protocorintias por toda Mesopotamia. Fundaron as colonias de Siracusa e Corcira (734 a C). Tiveron tanta sona que unha dinastía semibárbara de Macedonia reivindicou a súa ascendencia no s IV a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Bacchiario Monxe de finais do s IV e comezos do V de orixe galega, da diocese de Mondoñedo ou Braga segundo os estudiosos. As únicas referencias á súa biografía recóllense na obra de Xenadio de Marsella (s V), quen o describe como un home de cultura cristiá. Así mesmo, indícanos que logo duns primeiros momentos de certas afinidades priscilianistas, chegou a ser unha personalidade destacada en contra dese movemento heterodoxo. Tivo que expatriarse, probablemente a Roma, ao verse envolto na persecución desatada en Hispania contra o priscilianismo. No seu exilio escribiu o tratado Libellus de fide ou Confesio fidei (415?) como xustificación perante o Papa ou os seus superiores das acusacións de priscilianismo que se lle facían. Nesta obra fai unha exposición de fe perfectamente ortodoxa sobre a trindade, a encarnación, a resurrección da carne, a orixe da alma, a natureza do home, a natureza da orixe do demo, os xaxúns, o canon das escrituras e o uso dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Baco ou aos seus ritos. SIN: dionisíaco.

    2. Relativo ao consumo excesivo de viño. SIN: dionisíaco.

    3. Desexos sexuais difíciles de reprimir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta lírico grego. Da súa obra soamente se conservan nun papiro, descuberto no ano 1896, vinte poemas case completos, unha mestura de odas de vitoria, semellantes pero inferiores ás de Píndaro, contemporáneo seu e tamén rival, e oito ditirambos sobre temas mitolóxicos. Tamén foi autor de himnos, cancións e poemas de amor, pero non se conservan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé da métrica grega e latina composto dunha sílaba breve e dúas longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e político, foi conselleiro de Cultura e Xuventude (1990-1993) durante o primeiro goberno presidido por Manuel Fraga Iribarne. Tras a súa etapa como docente, foi inspector de ensino e ostentou diferentes cargos relacionados coa educación e a formación cooperativa en Galicia. Así mesmo, desenvolveu outros cargos políticos, como delegado de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia en Ourense e concelleiro popular en Ourense, parlamentario autonómico. O 7 de agosto de 2009 foi nomeado polo Consello da Xunta, membro do Consello Escolar de Galicia.
     

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fita ou lazo que suxeita o chapeu ao queixo.

    2. Cadeíña que se lle coloca ás bestas debaixo do fociño para levalas freadas. SIN: barbicacho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou Artes e Oficios en Palma de Mallorca (1972-1973) e en 1974 trasladouse a Barcelona para estudar na Escola Superior de Belas Artes onde permaneceu un ano. A súa primeira exposición individual é de 1974. Colaborou co grupo Neon de Suro. En 1981 participou na Documenta 7 de Kassel, con obras a medio camiño entre o neoexpresionismo e a art brut. En 1983 estableceu a súa residencia en París, combinándoa con estancias en Portugal (1984) onde pintou ao aire libre, no seu taller de Artá (1986) e en diversos países africanos. En 1988 viaxou a Mali e realizou obras de pequeno formato que recolleu no libro Miquel Barceló in Mali (Miquel Barceló en Mali, 1989). A súa temática céntrase nas figuras humanas, as naturezas mortas, paisaxes e alegorías literarias. Realiza lenzos de gran tamaño, empregando materias pitóricas e elementos de desfeito a xeito de collage, pero tamén experimenta outras técnicas coma o fresco. Ademais de adicarse á pintura traballou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Colaborador do xornal de Castelar La Democracia e fundador en Cádiz de El Demócrata andaluz. Despois da Revolución de setembro do 1868 foi deputado. En 1870 foi detido, acusado de formar parte do complot contra o xeneral Prim. No 1873 constituíuse en xefe dos insurrectos cantonalistas de Cartagena, pero fracasou nas súas tentativas e refuxiouse en Francia. Volveu a España, onde se afastou da política e se dedicou á redacción do seu Dicionario Etimológico de la lengua española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sobrenome outorgado polos seus partidarios a Simón, xefe da segunda rebelión xudía contra Roma (132-135). A revolta, provocada polo decidido intento de Adriano de romanizar Xudea, foi incitada por diversos rabinos, entre os que destacou ´Aquibà ben Yosef.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Comandante do Estado Maior, fundou a Bandera Legionaria Gallega de Falange Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid e en Ciencias Empresariais e Administración de Empresas polo ICADE, e graduado pola Escola de Comercio de París (ESSEC). É membro do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Foi profesor de Economía Agraria no Instituto Nacional de Estudios Agrarios en Valladolid e de Estrutura Económica na Universidad de Madrid (1966-1970). Durante os últimos anos do franquismo foi avogado defensor en xuízos políticos perante o Tribunal de Orden Público e de traballadores no Tribunal Nacional del Trabajo. Foi deputado do Parlamento español polo PSOE (1977-1986) e ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións (1982-1985). Dende 1986 é membro do Parlamento Europeo. Foi presidente do Movemento Europeo Internacional (1987) e presidente do Parlamento Europeo (1989-1992). Na lexislatura 1994-1999 foi presidente do Comité de Asuntos Exteriores e Seguridade, e en 1999-2004, membro da Comisión de Asuntos Constitucionais. Publicou numerosos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Realizou adaptacións cinematográficas de varias obras literarias. Triunfou especialmente con Le père Goriot (O tío Goriot, 1922) e en Nêne (1923). Dirixiu tamén La maison de l´Espoir (A casa da esperanza, 1916), Pêcheurs d´Islande (Pescadores de Islandia, 1924), La duchesse de Langeais (A duquesa de Langeais, 1942), Les mystères de Paris (Os misterios de París, 1943) e Rocambole (Chiste, 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cerdido baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que goberna unha barca.

    2. Persoa que conduce ou goberna unha barca pequena de transporte, destinada a traxectos curtos para o tráfico dos portos e outros lugares onde ancoran as embarcacións.

    3. Persoa que aluga barcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Está situada sobre o río Sor, na ría do Barqueiro, entre as parroquias de Mogor (Mañón) e Negradas (Vicedo). Trátase dunha ponte metálica con tres arcos de ferro forxado sobre piares de cantería. O proxecto orixinal redactouno no ano 1880 o enxeñeiro Adolfo Poqueño; sen embargo, paralizouse a súa construción por desentendemento entre a empresa e a administración pública contratante. No ano 1894 retomou o proxecto o enxeñeiro José Real, quen modificou o deseño orixinal. A súa construción comezou no ano 1895 e rematou no 1901. Forma parte da estrada N-649, no treito que enlaza Ortigueira con Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO