"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

    1. Canon circular ou perpetuo empregado antigamente.

    2. Instrumento musical semellante á lira que empregaron na Idade Media os xograres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía (25.053 h [2001]). Posúe unha base aeronaval. Del parte un oleoduto cara a diferentes lugares da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de rotar.

      2. Movemento dun sólido cuxos puntos describen circunferencias cos centros aliñados e fixos, contidos nunha recta chamada eixe de rotación. A velocidade angular, Dω do movemento de rotación circular de todos os puntos denomínase velocidade de rotación do sólido, e o vector, ω dirixido segundo o eixe de rotación e de módulo ù, vector de velocidade angular ou vector de rotación. Pódese demostrar facilmente que cando se move un sólido de calquera maneira sempre se pode descompor o movemento nun instante t, nun movemento de rotación e noutro de translación. O eixe respecto ao que ten lugar este movemento denomínase eixe instantáneo de rotación, cambiando no transcurso do tempo. Nun estudo da relatividade espacial, as rotacións teñen un papel salientable no espazo de catro dimensións.

      1. Movemento dun astro arredor dun eixe, denominado eixe de rotación. No caso da Terra, a rotación define o día.

      2. rotación capturada/ cativa

        Rotación dun satélite arredor de si mesmo. Cando ocorre, o satélite sempre lle mostra ao planeta, arredor do que xira, o mesmo hemisferio. Este, á vez que xira, móvese arredor do planeta. O tempo que tarda o satélite en dar unha volta completa arredor de si mesmo, debe ser exactamente igual ca o tempo empregado en completar a translación arredor do planeta.

    1. Desprazamento sen deformación dunha figura, de xeito que co seu movemento cada un dos puntos xira co mesmo ángulo e no mesmo sentido arredor dunha recta nunha determinada posición; isto denomínase eixe de rotación. A rotación helicoidal é unha operación de simetría caracterizada por unha rotación acompañada dun desprazamento de acordo co eixe de rotación chamado, neste caso, eixe helicoidal.

      1. Desprazamento, en voleibol, en que os xogadores avanzan simultaneamente unha posición no sentido das agullas do reloxo.

      2. Desprazamento ordenado de todos os ximnastas dun aparato mecánico a outro.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo á rotación.

    2. Operador diferencial definido sobre un campo vectorial A pola fórmula:


      FORMULA
      onde 6 é o operador gradiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Fenómeno fonético que consiste en articular como [r] o /ªs/ implosivo en posición interior de palabra, ou por fonética sintáctica, ante consoante sonora, e en menor medida ante as xordas /f/ e /θ/ (lesma [‘lεrma], os dedos [or’»ðe»ðoªs], os feos [or’feoªs]). No territorio galego é frequente este fenómeno ante consoante sonora, especialmente na zona suroriental: hai zonas compactas de rotacismo no sur de Lugo, interior de Pontevedra (zona de Lalín, Silleda, etc) e gran parte de Ourense. No galego exterior só se rexistrou nalgún punto do galego do Bierzo. Diante de consoantes xordas fricativas dáse excepcionalmente. Este fenómeno fonético, que rematou cara a 330 a C, obsérvase particularmente en latín antigo, en posición intervocálica (lat GENERIS provén dun anterior *GENESIS; os infinitivos AMARE, AUDIRE, LEGERE presentan rotacismo, por ser se a desinencia de infinitivo). Algunhas linguas románicas tamén coñecen, en parte, o rotacismo. Así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir o caudal dunha corrente de fluído que se fai pasar por un tubo vertical graduado, onde se axusta un indicador metálico lixeiro, que é arrastrado a máis ou menos altura dependendo do caudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar voltas un corpo arredor do seu eixo.

    2. Facer algo unha persoa e despois outras de forma sucesiva.

    3. Sucederse periódica e ordenadamente varias cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos lombardos (636-652), duque de Brescia. Accedeu á coroa despois do seu matrimonio con Gunderberga, viúva do seu predecesor, Arioaldo, e estendeu os seus dominios a Liguria. Destaca o seu Edito (643), base da lexislación lombarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Rotary Club ou aos seus membros.

    2. Membro da Rotary Club.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación mundial e apolítica de persoas representativas (profesionais, altos funcionarios, homes de negocios, e outros) baixo o ideal de servizo (He profits most who serves best, ‘Dá máis proveito o que mellor serve’) como medio para a mellora progresiva da humanidade. Fomentou unha moral elevada nas profesións e nos negocios, buscando mellorar o entendemento internacional e a paz a través da solidariedade. O primeiro Rotary Club foi fundado en Chicago (1905) e desde 1922 os diferentes clubs constitúen a Rotary International, con sede central en Evaston (Illinois). O nome alude ao costume de celebrar rotativamente as reunións semanais, ademais, cada ano celébrase un encontro mundial. Pode ser membro todo home que presente unha categoría de traballo, e o ingreso faise por cooptación. Non se admiten mulleres; estas constituíron unha asociación análoga, o Soroptimist Club.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á máquina de imprimir que se emprega na tiraxe de xornais e revistas, e que está formada por tantos corpos ou unidades impresoras coma pregos ha de ter o xornal ou a revista e, eventualmente, polos corpos e tintas que serán utilizadas. Aliméntase, xeralmente, con bobinas de papel continuo e con pregos. As rotativas, que imprimen simultaneamente as dúas caras do papel, teñen montadas en liña unha ou máis pregadoras que cortan o papel e o pregan.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten un movemento xiratorio de rotación.

      2. Que se refere a unha rotación.

    1. Xornal ou publicación periódica impresa con máquina rotativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rotativo.

    2. Aplícase ao poder que presentan algunhas substancias de modificar o plano de polarización dos raios luminosos que os atravesan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Expulsado de EE UU en 1944 cando se opuxo a colaborar na construción da bomba atómica, trasladouse a Reino Unido, naturalizándose británico (1946). Desde as Pugwash Conferences on Science and World Affaires, da que foi membro fundador en 1945 e que presidiu desde 1988, dedicouse a denunciar os perigos da enerxía nuclear. Escribiu numerosos libros sobre o tema e en 1995 recibiu o Premio Nobel da Paz, xunto coas Pugwash Conferences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar das Minas (Campo Lameiro). Presenta varios cérvidos, dos que destacan un cunha gran cornamenta, falo longo e bramando. Tamén están representados círculos sinxelos e cazoletas, e outros gravados difíciles de recoñecer. Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetona pentacíclica que se extrae da raíz das plantas do xénero Derris. Emprégase como insecticida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Naturalizado estadounidense, a súa única novela, Call it Sleep (1934), está considerada como unha das máis destacadas do seu tempo. Tamén escribiu unha autobiografía, inacabada, Mercy of a Rude Stream (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. Exiliado de Alemaña ao chegar Hitler ao poder, a súa obra narrativa reflicte a fin do imperio austríaco. Destaca Radetzkymarsch (A marcha de Radetzky, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. A súa obra é unha sátira mordaz de diversos aspectos do “american way of life”. Destacan Portnoy’s Complaint (1969), onde satiriza os costumes dos xudeus estadounidenses; The Professor of Desire (1976), The Ghost Writer (1979), The Anatomy Lesson (1983), The Prague Orgy (1985), Operation Skylock (1993) e American Pastoral (1997, Premio Pulitzer).

    VER O DETALLE DO TERMO