"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • Operacións militares efectuadas na península do Sinaí polo exército israelí nas Guerras Árabe-israelís. A primeira (1956) implicou a práctica ocupación do deserto (120 km de profundidade en tres días) polas columnas blindadas comandadas por Moshé Dayan. As forzas da ONU restableceron (1956) as liñas anteriores do armisticio de 1949. En 1967 as forzas blindadas israelís chegaron ata o canal de Suez na Guerra dos Seis Días. Ocuparon este territorio ata 1973, cando un súbito ataque exipcio obrigou os israelís a retirarse uns 20 km no interior do Sinaí, abandonado por Israel a raíz do tratado con Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península que une Asia con África e que constitúe un horst triangular delimitado ao N polo Mar Mediterráneo, ao SO polo golfo e o canal de Suez, ao SL polo golfo de ‘Aqaba e ao NL por Israel. Politicamente pertence a Exipto. Está formado ao N por un relevo de costas con chanzos e ao S polo macizo do Monte Sinaí. O subsolo máis rico en recursos mineiros atópase preto do golfo de Suez, e inclúe manganeso e petróleo. Os principais núcleos urbanos atópanse nos oasis de Al-’Ariš e Al- Ṭ ūr. Exipto estableceu entre 2686? a C e ata 1148 a C o seu dominio sobre o centro-oeste da península, onde radicaban as minas de turquesa, que xunto coas de cobre foron explotadas por eles. Coa retirada dos exipcios a finais do Imperio Novo, non se sabe practicamente nada da península ata a época en que os nabateos o incorporaron aos seus dominios (150 a C-106 d C). Vencidos polos romanos, a península entrou a formar parte da provincia de Arabia. A tradición xudía e cristiá situou en Sinaí...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro da península de Sinaí situado na vertente NL do djebel Mūsā. Construído por Xustiniano (530?) para protexer os numerosos solitarios do deserto, está rodeado por unha enorme muralla e ateigado de construcións, das que destacan a basílica xustiniana co seu campanario, a mesquita (s XIV), a hospedaría e a biblioteca. A igrexa, de tres naves separadas por columnas de granito, está dedicada á Transfiguración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Sinaí.

    2. Conxunto de inscricións atopadas na península do Sinaí datadas entre o terceiro milenio a C e o s III d C. Son de tres tipos: exipcias (maioritariamente en escritura xeroglífica), protosinaíticas ou paleosinaíticas, e nabateas. As exipcias esténdense desde 2686? a 1148 a C, e atópanse en Maḡāra e Sarābīṭ al-Khādim, aínda que apareceron tamén en Al-’Air e Wādī Nasb. Son as máis importantes das atopadas en canteiras e minas. Mentres que as das dinastías III, IV e gran parte das da V dan tan só o nome do soberano, a partir do reinado de Djedkara Isesi (2415?-2376 a C), penúltimo faraón da V dinastía, vólvense moito máis explícitas. Esta evolución é claramente perceptible a partir da VI dinastía, e sobre todo na XII (1991-1786 a C), que deixou as inscricións máis importantes. Os textos do Imperio Novo (1570-1085 a C) son menos detallados, aínda que máis ricos ca os do Imperio Antigo. As inscricións protosinaíticas ou paleosinaíticas apareceron no centro-oeste...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Indicación ou aviso óptico, acústico ou doutra natureza, codificado ou non, que serve para anunciar ou advertir algunha cousa, dar ordes ou transmitir mensaxes ou informacións.

      2. Bandeira, lámpada ou obxecto de forma convencional que se emprega en terra, en mar ou a bordo dunha embarcación, para facilitar a navegación ou establecer comunicación. Os sinais destinados a embarcacións clasifícanse en sinais visuais e acústicos e sinais radiotelefónicos e radiotelegráficos. Son sinais os faros, as balizas, os semáforos, as bandeiras ou as sirenas.

      3. sinal de circulación

        Placa, disco ou cartel que, nunha estrada, nunha rúa ou nun cruzamento, serve para regular o tránsito, para advertir aos condutores dos vehículos dalgún perigo ou dalgún obstáculo, ou para darlles algún aviso ou indicación relacionados co tránsito. O código de circulación distingue os sinais de advertencia de perigo (placas triangulares equiláteras colocadas coa base horizontal e o vértice oposto na parte superior -agás no caso do “ceda o paso”, en que a posición é invertida-, co contorno vermello, o fondo branco ou amarelo e as letras ou os símbolos de cor negra ou azul escura); os sinais de prohibición e de fin de prohibición (que son discos, co contorno vermello e, xeralmente, o fondo branco e os símbolos negros ou azuis, nos de prohibición, ou ben discos brancos atravesados por unha banda inclinada negra, gris ou azul sobre os símbolos do correspondente sinal de prohibición); os sinais de obriga (que son circulares, triangulares ou octogonais, de...

    1. Xesto ou aceno co que se quere indicar algo a alguén.

    2. Marca ou cicatriz que deixa unha ferida.

    3. Cantidade ou fracción do prezo total, entregada a conta, antes de facer firme un contrato de compravenda.

    4. Modelo matemático das variables dun sistema. Xeralmente admite unha descrición temporal, variacións do sinal no tempo, e unha descrición frecuencial (espectro), compoñentes do sinal de diversa frecuencia. Un sinal determinista é o que ten unha descrición como función da variable tempo x(t), mentres que os sinais aleatorios soamente poden describirse por un modelo probabilístico. Os sinais analóxicos defínense para todo valor de t, en contraposición aos discretos no tempo (ou secuencias), que soamente o son para t=nT, onde n é un número natural e T un valor determinado de t.

    5. Magnitude física variable que pode transmitirse, propagarse e detectarse adecuadamente, de maneira que que perturbe ou modifique un estado de equilibrio constitúe un elemento portador de información. Os sinais poden ser eléctricos, mecánicos, pneumáticos, ópticos ou acústicos, e empréganse para transmitir información de acordo cun código establecido.

    6. Cociente da potencia do sinal e a do ruído existente na banda de frecuencias ocupada polo devandito sinal. Constitúe unha medida cuantitativa da calidade dun sistema de comunicación. Cómpre unha relación de 10 dB para que un sinal de audición sexa intelixible, ou ben 40 dB para unha boa imaxe de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa atlántica situada próxima á desembocadura do río Xallas, na parroquia de Santa Comba de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de sinalar.

    2. Que sobresae ou se fai notar entre os demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impón obrigas recíprocas entre as partes.

    2. Aplícase ao contrato en que as partes estipulan obrigas mutuas e recíprocas, de xeito que se unha das partes viola o contrato, a outra queda libre de cumprir o que prometeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser sinal ou indicio dalgunha cousa.

    2. Apuntar, especialmente co dedo, cara a algo ou alguén.

    3. Deixar sinais de golpes ou feridas nunha persoa ou nunha parte do seu corpo.

    4. Pór sinais a algo para distinguilo doutras cousas.

    5. Decidir e fixar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fusión, nunha soa sílaba rítmica, de dúas vocais en contacto situadas unha no final e outra no comezo de palabras distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sinalizar.

    2. Conxunto de sinais que se empregan para dar avisos ou datos a distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instalar e marcar algo, especialmente unha vía de comunicación, mediante o uso de sinais.

    2. Indicar algo mediante un sinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de México (500 km). Nace na Sierra Madre Occidental, no estado de Chihuahua, e desemboca no Pacífico, no golfo de California, ao S de Tamatula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México situado na costa do Pacífico que limita ao N co estado de Sonora, ao L cos de Chihuahua e Durango, ao S co de Nayarit e ao O co Pacífico (58.328 km2; 2.536.844 h [2000]). A súa capital é Culiacán. É unha franxa alongada que se sitúa entre Sierra Madre Occidental e a costa, constituída por unha chaira aluvial cuaternaria. A poboación, de tipo rural, aséntase xunto aos ríos e á costa. Os principais cultivos son algodón, avea, azucre, millo, cacahuetes e trigo. A súa riqueza máis importante é a minaría, pouco explotada, e a gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor que se percibe nun punto afastado da lesión ou da excitación causal. OBS: Tamén se denomina dor reflexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto turco. Construíu a mesquita de Solimán en Istambul (1550-1557) e a de Selim II en Adrianápolis (1570-1574).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten estames máis ou menos concrescentes.

      1. Relativo ou pertencente ás sinandras.

      2. Planta da antiga orde das sinandras.

      3. Antiga orde de plantas herbáceas ou arbustivas, dicotiledóneas e simpétalas, con follas en xeral simples e alternas, flores pentámeras, epíxinas e sinantéreas, e froitos habitualmente en aquenio ou en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restos fósiles humanos que apareceron nos xacementos de Zhoukoudian, nas proximidades de Pequín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de esporanxios concrescentes presente nas marattiáceas e noutras pteridófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Lourenzo de Siabal (Paderne de Allariz). En 1160 o Rei Fernando II doouno ao bispo de Ourense, Pedro Seguín. Afonso IX confirmou a doazón en 1228.

    VER O DETALLE DO TERMO